Logo de La Coctelera

Unha aprendiz máis na Publicidade

Catro anos me esperan... a ver se aprendo algo...

20 Abril 2006

uNhA nOvA eRa

Despois de moito pensar, é hora de cambiar e deixar os "formalismos didácticos" atrás. Como é sabido por todos, para que un blog interese, o primeiro que ten que ocorrer é que o eixe central do mesmo lle interese ó que o está levando, é dicir, que o tema lle apaixone ó autor.

Por iso, levo preguntándome varios días que é o que me gusta ou que lle podo ofrecer, dentro do meu alcance, ós demais internautas. Sinceramente, e con certo temor de que me atribúan certa inmadurez, confésome seguidora dos Sims, desde hai sete anos, primeiro cos Sims 1, con tódalas expansións, agora co Sims 2. Parece un xogo que pode chegar a aburrir, pero se lle colles o truco e cun pouco de imaxinación, chega a roubarche moito do teu tempo.

Sei que non estou ofrecendo nada novo, hai miles de páxinas que falan do xogo, de aí que tente buscar unha nova perspectiva: xa que estudo Publicidade quero enfocalo desde ese punto de vista; os Sims, outro medio para amosarnos novos productos? Tamén como inflúen os xogos nas nosas mentes? Concretamente os Sims, xa que esta pregunta sempre estivo relacionada con xogos de violencia, ou que valores nos inculcan a través deste curioso entretemento de guiar a unha familia?
Tamén amosarei trucos, historias ou consello de descargas que me pareceran interesantes (só digo que teño metade da capacidade do ordenador ocupada cos "downloads" de skins e objects).

REMATOU O BLOG ABURRIDO E ILEXIBLE DO PASADO, COMEZA UNHA NOVA ERA, A ERA DOS SIMS!


SIMvidos!!

servido por beafeijoofdez 5 comentarios compártelo favorito

5 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Elenusky

Elenusky dijo

¡Qué buen tema escogiste Beuchi! ¿Qué te puede gustar mas a ti que los Sims? Ánimo, me gusta esta nueva era!!!!!!

22 Abril 2006 | 10:37 PM

martu

martu dijo

yupe por los sims!!me encantan!:D

23 Abril 2006 | 12:50 PM

Laura

Laura dijo

Como digo yo siempre "el secreto es divertirse", osea ponerle pasión....así que muy buen tema sí. Porque a ti los Sims te pirran. Ánimo y al toro! Besos

23 Abril 2006 | 03:16 PM

veronica

veronica dijo

bueno los sims son mi pasion un juego divertido y encantador quisiera volver a jugarlo es lo maximo yess si lo maximo

27 Enero 2007 | 04:32 PM

pico

pico dijo

chupa el pico

4 Marzo 2007 | 05:49 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de beafeijoofdez

Unha aprendiz máis na Publicidade

ver perfil »
contacto »
Boas, son Beatriz, Beuchi para os amigos. Teño 18 anos (case 19), son de Orense (a moita honra), pero resido en Vigo. Estudio Publicidade e RR.PP na Facultade de Pontevedra. A miña nova afición: o blogging, pero sen excesos; xa sabedes, os extremos son sempre malos (xa o decía Aristóteles). Free Hit Counters
Free Hit Counters Subscribe with Bloglines ecoestadistica.com

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera