BPM SAVINAO » Conversaciones » Actividad | La Coctelera

Actividad donde bpmsavinao ha comentado | Últimos comentarios escritos por bpmsavinao

Ola, Conchi. Graciñas por seguir as novas da biblioteca do teu concello desde fóra.
Os obradoiros de informática e manexo de móbiles que estivemos facendo, están pensados principalmente para a xente maior que non tivo ocasión de aproximarse ó manexo dun ordenador ata o momento.
Para o verán non creo que sexa posible facelos, posto que os monitores que veñen, teñen que repartirse por outros concellos.
Para os máis peques adoitamos ter no verán obradoiros de manualidades. Anunciaranse en carteis por Escairón, no blog e tamén nos medios de comunicación.
Un saúdo.

Hay 1 nuevo comentario (después del tuyo).

Quero agradecer a todas as persoas que felicitaron as actividades que se desenvolven, e animar a todos a facer comentarios no blog, e tamén a comentar os libros que len no catálogo da biblioteca (explicarei encantada como se fai).
Tamén animar a quen non participou nas actividades a que o faga.

Hay 0 nuevos comentarios (después del tuyo).

Graciñas polos ánimos.
Buscando en "San Gugel" o título do libro só atopei fotos da portada (imaxino que ti e outros interesados fixestes a mesma ruta ca min), pero ningunha do interior; só un enlace a amazon.com no que hai un vídeo que penso que é outro libro (un libro "caseiro" creo) , polo que non puiden engadir máis imaxes aínda que foran cunha banda negra de censura para deixar o blog apto para tódalas idades.
Xa sabes que libros deste tipo hai para tódalas idades, aínda que algúns son tan delicados ou complexos (ou polo menos o parece) como para ser aptos para nenos pequenos, por exemplo este libro con animais da selva [http://www.timeout.com/img/popUp/imageViewer.php?id=2946&image=27...]

Hay 0 nuevos comentarios (después del tuyo).

O blog estivo parado por enfermidade, pero espero poder seguir actualizándoo a miúdo a partir de agora. Graciñas por seguilo.

Hay 0 nuevos comentarios (después del tuyo).

Inauguramos o blog da BPM do Saviñao http://www.espacioblog.com/bpmsavinao

Hay 15 nuevos comentarios (después del tuyo).