BPM SAVINAO » Ultima actividad de sus amigos | La Coctelera

BPM SAVINAO

nova biblioteca Gándara Lemos

O colexio A Gándara de Monforte inaugurou onte a súa nova biblioteca Coa nova ubicación, queren ampliar o acceso da tradicional biblioteca escolar máis alá da comunidade educativa ó contemplar a posibilidade de estender o préstamo ós pais dos alumnos e creando un clube de lectura para pais que se sumará ó de profesores co que xa contaban no cen...

BPM SAVINAO

obradoiro de moscas

Despois da sesión de contacontos na que vimos e escoitamos o conto Onde viven os monstros, de Maurice Sendak, escoitamos e ruximos con El león que no sabía escribir de Martin Baltscheit e rimos co conto A cousa que máis doe no mundo de Paco Liván, tivemos un obradoiro de elaboración de moscas. A técnica sérvenos tamén para facer outro insectos ...

Foto de BPM: as moscas do obradoiro - biblioteca savinao obradoiros contacontos actividades manualidades Foto de BPM: as nosas moscas aliméntanse - biblioteca savinao contacontos actividades manualidades obradoiros lecturas Foto de BPM: a nosa mosca aliméntase - biblioteca savinao obradoiros contacontos manualidades lecturas actividades

BPM SAVINAO ha subido nuevas fotos - Ver todas las fotos...

BPM SAVINAO

minibibliotecas gratuitas

Little Free Library (Pequena biblioteca gratuita) é unha iniciativa parecida ó bookcrossing, pero coa intención de crear conciencia de barrio ó mesmo tempor que se incita  á lectura. Na súa web manifestan a súa intención:  “Misión: promover a introdución e o amor á lectura creando intercambios gratuitos de libros". Trátase de pequenas cas...

BPM SAVINAO

contacontos de maio

Coma tódolos último venres de mes, este venres toca sesión de contacontos na biblioteca. Nesta ocasión escoitaremos contos de monstros e de animais coma o león, a xirafa, a hiena,... Queres saber cales? Acude o venres ás 5 da tarde á biblioteca. Coma sempre, os contos poderán levarse para a casa para lelos con calma e desfrutar das súas ilu...

BPM SAVINAO

Letras Galegas 2012

Este ano o Día das Letras Galegas adícaselle a Valentín Paz Andrade, que naceu o 23 de abril de 1898 e faleceu o 19 de abril de 1987. CANDO TI VOLVAS... [para ler mentras escoitas] NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA, que dend'a Torre d'Hércules ao Miñoun facho acenderá por cada illa,cando ti volvas pol-o mare,de toxo unha fogueira e...

BPM SAVINAO

fallo do certame de narración e debuxo letras galegas 2012

Celebramos o Día das Letras Galegas publicando o listado de premiados no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2012 (na biblioteca figura o nome completo dos premiados): BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE O SAVIÑAO Certame de narración e debuxo infantil “LETRAS GALEGAS 2010” FALLO LOCAL Categoría A: DEBUXO: Marta (8 ...

BPM SAVINAO

navegas segur@ por internet?

O día 17 ademais do Día das Letras Galegas, celébrase o Día de Internet. Para celebralo, invitámoste a que comprobes o seguro que navegas pola rede. Que sabes de virus, troianos e vermes, spyware, ciberbulling ou grooming? Neste enlace podes averiguar cal é o nivel de seguridade co que navegas: www.navegacionsegura.es. Xoga ó trivial coas...

Foto de bpmsavinao: pezas de papiroflexia - Foto de bpmsavinao: pezas de papiroflexia - Foto de bpmsavinao: pezas de papiroflexia -

bpmsavinao ha subido nuevas fotos - Ver todas las fotos...

bpmsavinao

obradoiros de papiroflexia ás 5 da tarde

Foron moitos os que nos pediron que cambiaramos os obradoiros para as 5 porque ás 6 teñen que marchar. Por iso, a partir deste venres, os obradoiros de papiroflexia comezarán ás 5 da tarde. A duración segue a ser de máis ou menos en 1 hora e ademais de practicar papiroflexia coñeceremos algunhas tradicións e costumes do Xapón. Continuamos a...

bpmsavinao

breve historia das bibliotecas máis importantes do mundo

Neste vídeo fan un brevísimo repaso pola historia das bibliotecas máis importantes e máis famosas da historia da humanidade. Lembrade que na biblioteca do Saviñao, aínda que menos famosa ca estas e con menos volumes que os que atesouran nesas bibliotecas, tén tamén libros que che poden interesar. ¡Pásate a ver as nosas novidades!...

bpmsavinao

faleceu Maurice Sendak

Maurice Sendak, autor clásico da literatura infantil do S. XX, faleceu onte. O seu título máis coñecido é Onde viven os monstros, que se pode leer nesta biblioteca tanto en galego coma en castelán. Pódese ver aquí en debuxos animados (hai uns anos deu o salto á gran pantalla con personaxes de carne e óso):

bpmsavinao

clásico infantil adaptado para a gran pantalla

Un clásico entre os clásicos é o título Onde viven os monstros de Maurice Sendak, que se pode leer na biblioteca do Saviñao tanto en galego coma en castelán. Este clásico xa hai tempo que se podía ver en debuxos animados: Agora da o gran salto con actores de carne e óso. Dirixida por Spike Jonze, xa tén data de estreno: 18 de de...

bpmsavinao

sesión de papiroflexia

Este venres tivemos unha sesión moi interesante de papiroflexia. Aproveitando que o día 5 era o Kodomo no hi (Día do Neno) en Xapón, coñecemos un pouco as tradicións do país nipón. Para celebrar ese día, elabóranse unha especie de canas das que pendura un peixe-carpa (koinobori) por cada membro da familia. Tamén se elaboran distintos modelos d...

Foto de bpmsavinao: bookcrossing do día do libro - dia do libro biblioteca savinao bookcrossing dia actividades lecturas Foto de bpmsavinao: bookcrossing do día do libro - dia do libro biblioteca savinao bookcrossing dia actividades lecturas Foto de bpmsavinao: Contacontos de Andersen e Grimm - biblioteca savinao dia do libro contacontos papiroflexia actividades manualidades lecturas

bpmsavinao ha subido nuevas fotos - Ver todas las fotos...

Foto de bpmsavinao: contacontos de andersen e os irmáns grimm - biblioteca savinao dia do libro contacontos obradoiros lecturas

bpmsavinao ha subido una foto - Ver todas...

bpmsavinao

contacontos de abril

Este venres é o último do mes, e toca sesión de contacontos. Nesta sesión coñeceremos máis de preto as figuras do danés Hans Christian Andersen e dos irmáns alemáns Ludwig e Wilhelm Grimm. Os autores máis coñecidos de contos infantís coma O parruliño feo, O reiseñor, O soldadiño de chumbo, A Raíña das Neves, A vendedora de mistos, A Sereíña, A...

Foto de bpmsavinao: bookcrossing no Saviñao - Foto de bpmsavinao: bookcrossing no Saviñao - Foto de bpmsavinao: bookcrossing no Saviñao -

bpmsavinao ha subido nuevas fotos - Ver todas las fotos...

bpmsavinao

día do libro e dos dereitos de autor 2012

O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor. A escolla desta data pola UNESCO, débese a que o día 23 de abril de 1616 morreron Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega, ademais de conmemorarse os aniversarios do nacemento ou da morte de toda unha serie de escritores eminentes como Maurice Druon, H. Laxnes...

bpmsavinao

achegándonos ó día do libro

Xa falta menos para o Día do Libro, e ímolo celebrar ó grande. As bibliotecas de Sober e do Saviñao iniciamos polo Día do Libro Infantil e Xuvenil un bookcrossing polos nosos concellos, que imos continuar para celebrar o Día do Libro o vindeiro día 23. Estas son algunhas das actividades que terán lugar nos vindeiros días: venres 20 obradoiro...

bpmsavinao

certame letras galegas 2012

Acaban de comunicarme que o tema será A SUPERSTICIÓN. A continuación mantéñense as bases coa corrección: Xa saíu a convocatoria do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas, que desde hai máis de 20 anos festexa o Día das Letras Galegas. Os traballos poderán ser entregados tanto na biblioteca de Escairón coma na de Currelos. Bas...

Foto de bpmsavinao: obradoiro de Manel Cráneo en Escairón - Foto de bpmsavinao: obradoiro de Manel Cráneo en Escairón - Foto de bpmsavinao: obradoiro de Manel Cráneo en Escairón - manel craneo obradoiros ilustracion biblioteca actividades

bpmsavinao ha subido nuevas fotos - Ver todas las fotos...

bpmsavinao

venres de papel

Despois da Semana Santa, comezamos na biblioteca con Loli unha serie de sesións de papiroflexia tódolos venres do mes a partir do venres 13 de abril. As sesións, para asistentes de tódalas idades, durarán entre 20 e 30 minutos. Serán  ás 6 da tarde os venres que non haxa contacontos, é dicir, todos os venres do mes excepto o último. [pulsan...

Foto de bpmsavinao: Obradoiro de monicreques con Baobab Teatro - baobab teatro obradoiros actividades biblioteca

bpmsavinao ha subido una foto - Ver todas...

Foto de bpmsavinao: Obradoiro de monicreques con Baobab Teatro - baobab teatro obradoiros actividades biblioteca Foto de bpmsavinao: Obradoiro de monicreques con Baobab Teatro - baobab teatro actividades obradoiros biblioteca Foto de bpmsavinao: Obradoiro de monicreques con Baobab Teatro - baobab teatro obradoiros actividades biblioteca

bpmsavinao ha subido nuevas fotos - Ver todas las fotos...

bpmsavinao

obradoiro de ilustración

O luns 9 de abril contaremos con Manel Cráneo que nos presentará o seu obradoiro de ilustración Planeta Mincha. Esta actividade ofrécese dentro do Programa Letras Vivas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polo cal se cofinancian actividades de animación á lectura entre os Concellos e a Consellería. Haberá...

Foto de bpmsavinao: Obradoiro de monicreques con Baobab Teatro - baobab teatro obradoiros actividades currelos Foto de bpmsavinao: Obradoiro de monicreques con Baobab Teatro - baobab teatro obradoiros actividades currelos Foto de bpmsavinao: Obradoiro de monicreques con Baobab Teatro - baobab teatro obradoiros actividades currelos

bpmsavinao ha subido nuevas fotos - Ver todas las fotos...

bpmsavinao

bookcrossing no día do libro infantil

Este ano, diversas bibliotecas e librerías sumáronse á proposta da OEPLI e GALIX para organizar un macro bookcrossing. Esta biblioteca é unha das máis de 30 bibliotecas e librarías galegas participantes na iniciativa. Ademais inauguramos hoxe o Punto Oficial de Bookcrossing da Biblioteca. Todos os libros que liberamos levan unha breve guía sobr...

bpmsavinao

día do libro infantil e xuvenil 2012

Continuando coas actividades conmemorativas do Día do Libro Infantil e Xuvenil, que iniciamos co contacontos-obradoiro do último venres de mes, dos que se publicarán fotos ó longo destes días, temos para hoxe: Bookcrossing: Busca libros por Escairón. Esta mañá foron liberados varios libros por distintos lugares públicos da vila para celebrar o ...

bpmsavinao

venres de contacontos de marionetas

Lembrade que mañá, último venres de mes, temos contacontos. Iniciamos así as actividades para celebrar o mes dos libros: abril, no que se celebran o Día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e o Día do Libro (23 de abril). Serán Contos de Marionetas os que nos esperarán ás 5 da tarde na biblioteca de Escairón, a continuación do cal teremos u...