Amalia Otero estivo o día 6 de novembro pola tarde con participantes do concello do Saviñao no Programa Preescolar na Casa. Explicou os distintos tipos de contos e libros para as distintas idades, e despois os elementos básicos que compoñen un conto. A partir de aí, foron os pais os que empezaron a traballar para elaborar os seus propios contos...
Un vídeo coas palabras xustas para definir o que é a lectura para un lector. Espero que o desfrutedes.
Amalia Pérez Otero, diplomada en Maxisterio e licenciada en Psicopedagoxía, conta con ampla experiencia no eido da educación tanto como mestra coma como psicopedagoga. Entre as súas publicacións para nenos destacan as coleccións de libros con Yared como protagonista e a dos libros das illas. Visitará o venres a biblioteca para realizar u...
Para o día 30 de outubro, a biblioteca vestiuse de gala para celebrar o Samaín. Así sorprendemos ós visitantes da biblioteca este día: Pódese ver algunha foto máis do samaín na wiki, sección Actividades Recentes e tamén na sección Fotos deste blog.
Para celebrar a Semana da tradición oral, a biblioteca tén previstas varias actividades: EXPOSICIÓN DE CONTOS E LENDAS DE TRACICIÓN ORAL día: a partir do 3 de novembro.con: libros da bibliotecapara: todos os visitantes da bibliotecaCONTAMOS TODOS: Obradorio de contacontos para paisdía: 6 de 18.00 a 20.00 h.con: Amalia Pérez Oteropara: pais e ...
Tralo éxito da actividade, os 15 rapaces que se animaron a reproducir o conto de Aladino e a lámpada marabillosa en láminas, invitan a quen queira asistir o vindeiro venres, día 30 de outubro a partir das 18.30, á representación-exposición da súa obra. Ó longo da vindeira semana darán os últimos toques á súa obra.
Para celebrar o Día das Bibliotecas, o día 24 de Outubro, a biblioteca municipal presenta dúas actividades: -xoves 22: obradoiro de manexo do catálogo web, e iniciación ó uso dos recursos web accesibles en liña só por ser socio dunha biblioteca galega. Será na Sala de Informática a partir das 5 da tarde cos grupos que se vaian formando. -ven...
Un clásico entre os clásicos é o título Onde viven os monstros de Maurice Sendak, que se pode leer na biblioteca do Saviñao tanto en galego coma en castelán. Este clásico xa hai tempo que se podía ver en debuxos animados: Agora da o gran salto con actores de carne e óso. Dirixida por Spike Jonze, xa tén data de estreno: 18 de de...
A exposición estacional de fondos, ubicada na entrada, dá a benvida e sorprende ós usuarios que desde hoxe acoden á biblioteca. Está composta por libros, pero tamén por froitos e plantas. É unha exposición viva / morta que irá cambiando diariamente: as follas e froitos irán madurando e murchando co paso dos días, e as plantas sorprenderán coa...
Acaba de ingresar no fondo documental da biblioteca o libro Genealogía y memorias de un cura rural, de don José Vázquez (párroco de Escairón desde 1990), cheo de anécdotas de toda a comarca. Pódense consultar o resto de novidades no catálogo coma sempre na web da biblioteca, ou do resto de bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia. No me...
Estreamos servizo: "SUXESTIÓNS DE COMPRA". Se queres ler algún libro que non atopas na biblioteca, só tés que suxerirnos que o compremos. Para facelo, tés varias opcións: escribindo a suxestión nunha folla e introducíndoa na caixa de "suxestión de compra" que atoparás na biblioteca. accedendo ó apartado Suxestións (escolle "Suxestión de c...
Acaban de instalarnos os novos monitores que substitúen ós antigos, que levaban meses fallando. Gústanvos? Espero que os desfrutedes.
Os libros non son aburridos, teñen sorpresas para nós, como se pode ver no seguinte vídeo. La vida secreta de los libros: Na biblioteca pódense atopar libros con recomendacións para estudar mellor, que poden axudar a dedicar menos tempo a estudar e máis a pasalo ben, posto que ensinan a aproveitar mellor o tempo de estudo. ¿Quer...
Este verás foron furor as coleccións/sagas. As 5 que máis éxito tiveron e teñen neste momento son: -Crepúsculo -Millennium -Un mundo curioso y fantástico -Los tres del misterio -Animaliadas Tamén destacan El juego del ángel (2ª parte de La sombra del viento), e as obras autobiográficas Lo es xunto con Las cenizas de Angela de Fr...
A biblioteca agradece a quen a pon como exemplo de bibliotecas que fan cousas con poucos recursos e boa vontade, de quen consegue darlle visibilidade a unha biblioteca fóra do lugar onde se atopa aproveitando as posibilidades que brinda internet tamén para un lugar que conta cunha poboación de apenas 5.000 habitantes. E como é de ben nacidos se...
Mantemos na biblioteca un espazo para que os nenos debuxen, coloreen e pinten. Poden tamén facelo na casa imprimindo as láminas das súas series e películas favoritas, descargables nos seguintes enderezos web: Up, una aventura de altura Polly Pocket La Edad de Hielo Piratas del Caribe Bratz Winx Outras páxinas nas que atopar actividades ...