Logo de La Coctelera

blog2 copia

7 Mayo 2008

cuestión de camiños

Algún de vós fixo o Camiño?

Eu non tiven esa interesante experiencia polo momento, pero todo se andará...E nunca mellor dito, porque para facer o Camiño de Santiago hai que andar, bueno andar, pedalear, cabalgar...a forma que ti prefiras, hai infinidade de maneiras de chegar ata Compostela.

Pois resulta que a historia da peregrinaxe remóntase o 814, ano en que atoparon as reliquias do Apostolo en Santiago. Desde a chegada do primeiro peregrino, Alfonso II o Castro, rey de Asturias, a visita de camiñantes á nosa capital foi constante tendo o especial auxe no século XII.

Viña xente de todos os lugares do mundo, principalmente europeos e por motivos relixiosos. E xa daquela, o goberno se interesaba polo beneficio económico que acarreaba a chegada de "turistas". Construíronse pontes, arranxáronse camiños...todo coa finalidade de facilitar a visita ó Apostolo. Pero estas virónse truncadas no século XIV: as convulsións sociais europeas desvían os peregrinos a outros destinos e a Reconquista tampouco foi nada favorable neste sentido.

Xa no século XX o Camiño empeza a resurxir a partir dos 70 grazas a declaración como Patrimonio da Humanidade e ó interés de diversas asociacións, institucións e da Igrexa.

Actualmente chegan a Santiago mais de cen mil peregrinos por ano dun centenar de países, ademais a cifra vai en aumento. Máis alá dunha ruta de peregrinación converteuse nun torrente de cultura, arte, comercio e repobladores, peregrinos que buscan e atopan no Camiño abnegación, esforzo, espiritualidade, aventura, solidaridade, compañerismo, sudor, lágrimas e alegrías e moito camiño por andar.

Está claro que esta actividade afecta de forma moi importante á nosa comunidade, de feito é a converteuse na principal "industria" do turismo en Galicia.

A Xunta de Galicia, a través do Xacobeo www.xacobeo.es preocúpase por promocionar o Camiño a través da organización de espectáculos nos 16 camiños que nos levan ata Santiago. Así como de manter en boas condicións as instalacións e roteiros para que todos podamos disfrutar desta maravilla de viaxe.

VAI DE CAMIÑO 2007

A verdade é que dan ganas de camiñar!!!

Tags: camino

servido por celeiro 3 comentarios compártelo favorito

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

BFS

BFS dijo

Se queres ler unha novela sobre a experiencia dun profesor inglés de Oxford no camiño recoméndoche: As frechas de ouro' (Vigo: Galaxia, 2004).

9 Mayo 2008 | 01:33 PM

bienhablada

bienhablada dijo

Ola María!!
Non, eu non tiven tampouco a sorte de andalo camiño pero nunca o desvotei añinda que a xente que o fai acaba destrozando os pes. Pero por ver novos lugares de interese turístico, novas paisaxes, coñecer moita xente nova.. si o faría.
E é boa verdade que o camiño de Santiago é a maior atración turística de Galiza.
Moitos saúdos!!

10 Mayo 2008 | 07:31 PM

mipequenomundo

mipequenomundo dijo

O camiño de Santiago é unha expiencia única que hai que vivir!

14 Mayo 2008 | 08:08 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Chámome María, teño 19 anos e son estudiante de primeiro de Publicidade e RRPP en Pontevedra.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera