Choupa ao xenxibre
Comenzamos con zume de laranxas da finca dos pais de María; todo un luxo. Acompañámolo cunhas torradas con confitura de xenxibre, unha cousa que descubrín hai 6 anos nun paquete que me enviaron uns amigos de EE.UU. e ao que agora estou enganchado.
Un día con tan bo comenzo tiña que seguir por ese camiño.
Puxemos rumbo á Praza de España, buscando restaurantes chineses con chineses na barra, na cociña e nas mesas, e evitando arroces tres delicias e polos agridoces. É unha boa zona onde atopar cociña chinesa para chineses.
Metímonos nun que nos recomendaron nunha perruquería. Ademáis dos típicos tallaríns (iso si, sen prebe xelatinoso e glutamático) e as empanadillas con vinagre marrón de arroz, probamos unha choupa con apio e xenxibre tan sinxela e rica que non paro de preguntarme como saberá cunha choupa de verdade. Queda apuntada para unha proba na Costa da Morte.

wer dijo
runescape money <a
20 Junio 2008 | 04:18