Apareceu a Vespa de Adrián... atopárona os buzos da Garda Civil no fondo do embalse de Pontillón do Castro. Unha pena. Aquí vos deixo un par de fotos co "antes" e o "agora". O malo... o que máis fode, con perdón, é que hai unha idea de quen foi. Ánimo Adrián! PD: por certo, non esquezades que esta fin de semana celébrase a II Scooterada Ouren...
IMPRESCINDIBLE BAÑADOR!! Aquí está, a nova edición da Scooterada Ouresana organizada polos amiguetes Avispados. Eu non podo ir... teño unha BBC* familiar... e non sabedes o que me doe non poder asistir a tal suculento evento vesperolambrettil. *bodas, bautizos e comunións
ROUBÁRONLLE A VESPA A ADRIÁN, un colega vespeinado. En Pontevedra, avda da Coruña. Fixádevos ben na foto e se a vedes, por favor, avisade. No hai outra igual en toda Galicia. Se a vedes, avisade, por favor. Graciñas!
O Club de Motos Veteranas Deza organiza o domingo 7 de xuño a súa séptima concentración e ruta pola zona. As inscripcións comenzan ás 10:00 para sair ás 11.00 horas da Praza da Feira de Silleda e irán a Laro, Vilatuxe, Alto da Grade, Lalín -donde haberá pinchito- visita ó museo Casa do Patrón, Vilatuxe, Barcia e terminarán no Alto da Pena. Desp...
É un dos meus modelos preferidos, a Vanson Model B que viste House e que según o blog de Mikel Erentxun (non me preguntedes como carallo cheguei a el...) parece que os parches foron diseñados polo actor. O conto, é que entre o éxito da serie e que tódolos moteros flipan cando House aparece na pantalla pequena vestido coa súa famosa chupa, o ...
Durante esta fin de semana celebrase en Cuntis a III Iguanas Galiza. Esta pacífica e tranquila vila de Pontevedra -recoñecida polas súas augas termais- será sede duns 300 moteros ó máis puro estilo chopper que a igual que os peixes da panxoliña "beben y beben y vuelven a beber" Os amigos do Scutre Clu prometimos que deixariamos as nosas scoote...
Digo eu, que xa debe fastidiar a un madridista estar namorado dunha catalana... (sobre todo coa que está caendo) aquí tedes ó Fran montado na súa Derbi Artorcha Tricampeona de tres marchas e cilindro de 74cc. Observese o "Taller de restauraciós Gharcía" con xaula de canarios na parte superior esquerda, un palé de ladrillos de par dos contado...
Este fin de semana celebrouse a Ruta Rosaliana 2009 en Santiago de Compostela. Foi unha pena, porque se pasou de 130 participantes na edición anterior (tamén con chuvia) a 23 motos e 28 personas. Penso que son horas de facer unha pequena reflexión. Esta é a miña: Está claro que o calendario de clásicas e scooters en Galicia está un pouco satur...
Chega unha fin de semana cargada de eventos máis que interesantes para todos nós: FEGACLASIC: Días 16 e 17 en Pontecesures. Parece ser que este ano haberá moito material para motos, e tanto profesionais como afeccionados, teran sitio para vender e mercar chatarras varias. Eu teño pensado ir, a ver se me desfago da cantidade de ferros que teño ...
Meu amigo Iñaki Baliño, que ademáis é compañeiro de traballo, é participante nos rallys de regularidade de coches clásicos e o certo é que case sempre quedan nas primeiras posicións. Nesta foto é o copiloto. No Rally de Castro Caldelas quedaron segundos. Esta mañá, mirando as fotos da proba salta: "mira, dúas vespas participando no rally" X...
17 de Maio Como ben sabedes, cada 17 de maio celebrase en Galicia o Día das letras Galegas, unha celebración instituida no 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou pola defensa de dita lengua. A data de celebración de este evento, débese a que en tal día com...
RdL'09 de ouro na categoría de Blogs e páxinas literarias. Cando a semana pasada me chegou un mail da facultade de CC.SS. de Pontevedra dicindo que Vespadicto estaba nominada na categoría de Mellor blog ou páxina literaria, sabía que tiña moitas posibilidades de gañar. Non o digo por fachendoso, nin moito menos, senón porque grazas a este blo...
O proxecto "Racer" vai pouquiño a pouco, pero vai: esta semana estoume centrando en lixar todo o chasis. Debaixo de 6 capas de pintura (non é coña) había chapa... Noutra orde de cousas, este blog foi nominada entre outros 9 aspirantes a "Mellor blog ou páxina literaria" do concurso enmarcado dentro de "A resaca das letras" organizada pola Fa...
Saimos cedo, a iso das 9:30. Meu pai montado na súa vespa 160 e eu na miña lambretta co cilindro recén rectificado e acoplado unhas horas antes. "A lo loco". Esperaban por nós Abalo e Carlos Maño coa Psicotrópica no cruce de Pino, estrada de Caldas a Padrón. "Ola que tal", "cánto tiempo" bla, bla, bla... Rumbo a Padrón. Eu amodiño, o cilindro n...
¿Que tal o nome, gusta? jejejeje Ben, pois como algúns xa saben, estou empezando unha nova restauración tomando como base o chasis dunha 150S O conto é que de sempre me fascinaron as vespas antigas con colín e un so asento como estas: Decidín experimentar coa fibra de vidrio e poliester para fabricar un colin que vaia pegado ó chasis e que ...
Fai tempo que o amigo FAS publicouno no seu blog. Con su permiso... ctrl+c En negriña, ás que teño pensado asistir with my friends every body sing with me. ABRIL:DIA 25.- 6 HORAS DE RESISTENCIA EN SCOOTER CLÁSICO no circuito de SOUTELO DE MONTES - FORCAREI (Pontevedra) MAYO: DIA 1.- IV RUTA DE MOTOS ANTIGAS "TERRAS DE PADRÓN" - Organizada ...
Foi espectacular. Contabamos con 80 scooters e 200 participantes e ó final a cousa desmadrouse tanto que inscribimos 124 scooters, 290 scooteristas, 40 motocicletas, 20 furgos e en total máis de 300 persoas. Certo é que cometimos algún que outro fallo: inscripciones lentas, os premios había que dalos despois da comida, tiñamos que servir algo d...
Xa somos máis de 160! O vindeiro 15 de marzo, celebramos A Festa do Lacón con Grelos en Cuntis - Pontevedra. Con este motivo, os amigos do Scutre Clú estamos organizando a I Vespalacón, en colaboración coa concellería de cultura do Concello de Cuntis. Daremos unha volta polas aldeas de Cuntis e teremos agasallos e premios para os presentes...
By Carlos Maño Se todo vai ben, o Vespalacón será o bautizo da "Psicotrópica", a Vespa do noso amigo e artista, Carlos Maño. Aquí vos deixo unhas fotos, a ver: ¿que vos parece?
A semana pasada recibín o escape de ScootRS.com que pedín para a miña Jet 200. Despois de practicar unha pequena prolongación aquí vos deixo o resultado: Estéticamente non é tan bonito como o anterior, ainda que a min encántame este toque "racing". O importante neste caso foron as prestacións, que melloraron notablemente e ademáis, fai menos ...