http://www.lacoctelera.com/delirioss <a href="http://www.flickr.com/photos/25585074@N08/2431574354/" title="cabecera blog por martinhalv, en Flickr"><img src="http://farm4.static.flickr.com/3191/2431574354_d20860aac0_o.jpg" width="720" height="120" alt="cabecera blog" /></a> es-es Cultura sociologia comunicacion publicidad http://a0.lacoctelera.com/myfiles/delirioss/eyy65x65.jpg http://www.lacoctelera.com/delirioss the-shaker v0.1. More on http://www.the-shaker.com O Photoshop, arma de dobre filo! http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/05/29/o-photoshop-arma-dobre-filo 2008-05-29T13:00:46+00:00 Andanto polos blogs de publicidade de temática similar é o que versa sobre Photoshop da miña compañeria Olalla chamoume moito a atención, esa ferramenta (que nos ensibnaron a empregar no primeiro cuatrimestre) moi empregada para correxir, modificar, eliminar cousas ou engadirllas ás imaxes non ten tanto efectividade como dende un principio pode parecer.

Nesta entrada móstranse fallos moi importantes en relación coa elaboración de imaxes: nunha delas unha muller sae coa cabeza negra e a barriga branca, un home nun estadio deportivo tres veces grazas á opción do Photoshop de clonar, unha muller sen barbilla ou un debuxo para nenos dunha raíña con tres mans. Até que punto é util esta ferramenta?

Eu indagando neste interesante tema que nos afecta como futuros creadores de imaxe, e chegando a conclusión de que o tan revolucionario programa con tanta fama entre os creadores de imaxe non pode ser tan incríble (incluso increíble de máis) se non é utilizado coas precaucións necesarias. Na páxina PhotoshopDisaster encárganse de reunir moitos destes estragos.

Non vos chama a atención esta sensual muller dun anuncio de Grand Theft Auto IV que é un novo xogo? Si, a min tamén me extraña que teño seis dedos!

Até que punto esta ferramenta deforma as imaxes e que modelo de vida propón tanta "perfección"?

]]>
http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/05/29/o-photoshop-arma-dobre-filo#comentarios
A publicidade de autor! http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/05/22/a-publicidade-autor 2008-05-22T22:36:16+00:00 As grandes firmas de moda internacional Gucci e Louis Vuitton reinventase con innovadoras campañas para televisión.

Estamos moi acostumados a velos en papel, pero estas grandes firmas coincidiron en que chegou a hora de arrasar tamén na pequena pantalla, aínda que cun enfoque máis orixinal, luxoso e coa intención de non deixar a ninguén indiferente.

Parece que as grandes marcas queren ir máis alá no mundo da publicidade. Xa Freixenet dera un xiro ó seu afamado anuncio de Nadal e cambiou as tradicionais burbullas por Martin Scorsese, ó igual que fixo Instimissimi que se decantou por un director de cine.

Agora Gucci elixiu ó galardoado cineasta norteamericano David Lynch (El hombre elefante, Terciopelo azul...) para dar vida ó seu novo spot. Así a idea de abrirse as portas á televisión coa primeira campaña da historia da marca iba obrigatoriamente ligada á realización dun anuncio de moito nivel. Así para as fotos do perfume Gucci by Gucci elixiouse o Musée National des Arts D´Afrique et D´Oceanie de París. E a banda sonora do spot: Heart of Glass de Blondie.


En cambio, Louis Vuitton decidiu prescindir de caras famosas ou de directores de renombre e centrouse en emocionarnos axudado pola música do oscarizado Gustavo Santaolalla (Brokeback Mountain, Babel...). Esta campaña nada ten que ver coa ostentación, senon que quere levar ó espectador nunha escapada a través dos sentidos.

Duas marcas e dous fantásticos resultados finais dannos unha pista da tendencia que segue a publicidade actual: beleza na imaxe, música para os sentidos e ideas de autor!

]]>
http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/05/22/a-publicidade-autor#comentarios
A publicidade NON intrusiva: http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/05/16/a-publicidade-non-intrusiva 2008-05-16T19:48:37+00:00 Últimamente escoitei moito falar de publicidade intrusiva, son moitos os que se queixan de cómo os esforzos das marcas chegan a invadir os espazos privados do consumidor.

Moitos son tamén os que din que perdemos a privacidade, o pudor e até a dignidade cómo compradores de este planeta cheo de publicidade.

Actualmente unha persoa normal que habita nun entorno urbano recibe máis de tres mil estímulos publicitarios ó día. Con tal cantidade de estímulos de información é moi difícil capturar a túa atención.

Como exemplo póñovosos este ambient de Head & Shoulders en Arxentina que eu considero un pouco agresivo. Imaxina que pasaría se tiveses caspa e aparecera o teu problema nun supermercado plasmado nunha pantalla de 42 pulgadas. ¿Qué efecto tería na tua intención de compra? ¿Comprarías máis Head & Shoulders por ese feito? Este tipo de execucións son arriscadas, pero como di a sabedoría popular, o que non arrisca non gaña...!

A publicidad non intrusiva permite que ti decidas que e cando oír dos anunciantes... e cobrar por iso! Co permiso, cedes a tua información e permites uns contactos que non son intrusivos, senon autorizados por ti.

Con iso o teu beneficio é que sólo tes que prestar a túa atención a aquela información que é relevante para ti.

Para os anunciantes, o beneficio é tamén importante xa que non malgastan recursos en campañas masivas senón que poden dirixir as súas mensaxes ó público máis receptivo.

]]>
http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/05/16/a-publicidade-non-intrusiva#comentarios
IN AN ABSOLUT WORLD! http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/05/04/in-an-absolut-world 2008-05-04T21:10:18+00:00 Está claro que hai campañas publicitarias que se asentan no subconsciente colectivo durante anos, pasando a formar parte da cultura popular do mesmo xeito que o poden facer algunhas películas, cadros (o anuncio que analizo é unha mestura de publicidade e arte), discos ou libros que conforman o imaxinario de toda una xeración.

Tamén a botella da marca sueca de vodka Absolut podería ser algo así como el touro de Osborne para España, ou a vaca para Galiza, pero a escala planetaria.

Xa moito antes de que as marcas de alcol comezaran a buscar alternativas para publicitarse esquivando as limitacións legais, Absolut xa conseguira converter os seus anuncios en imaxes de culto.

Grandes artistas como Andy Warhol, Laurence Gartel, Keith Haring, Ross Blecjner ou Nam June Paik contribuiron coas suas reinterpretacións do envase a unha campaña que a axencia TBWA creou en 1980 que se pode desfrutar enAbsolutad.com e que, poñendo a creatividade ó servizo do produto, conseguiron que a marca se convirta no terceiro vodka branco do planeta tras Bacardi e Smirnoff.

En “In an Absolut World” búscase lanzar a mensaxe dun mundo máis positivo e achegado, mostrando mundos ideais, aínda que non exentos dunha certa compoñente crítica. Ademais os consumidores poden enviar as súas propostas, a un blog á súa disposición.

Non sería marabilloso que o símbolo de Times Square fose o Pífano de Manet en lugar dos neóns das empresas tecnolóxicas?

Ou que fose posible solucionar o problema do quecemento global lanzando cubiños de xeo ó océano? Que os embarazados sexan os homes?

Ou que ós políticos lles medre o nariz, como Pinocho, cando menten nos mitins? Que unha fábrica emita inofensivas burbullas no canto de fume?, etc.

Onde a campaña tivo maior repercusión, foi sen dúbida México. Alí, Absolut lanzou un anuncio no que México extendía as suas fronteiras ata os límites vixentes en 1830, cando Texas, California, Arizona, Nevada, Utah, Novo México e partes do Colorado e Wyoming formaban parte deste estado.

Aínda que o anuncio non se exhibiu en EEUU, provocou moitas denuncias e incluso o amago dun boicot contra Absolut, o que forzou a retirada do anuncio.

Esta campaña chegou a España coincidindo coa entrada do pasado outono. Os números de outubro de moitos magazines incluíron os novos anuncios estáticos e ós cines chegou tamén un impresionante spot rodado en Uruguay, dirixido por Frederik Bond, que mostra unha guerra de almofadas a escala urbana como resposta ó que parecía un enfrontamento violento entre manifestantes e policía. Ademais, 'Boum!' do inolvidable Charles Trénet pon a banda sonora no spot.

Merece a pena.

O anuncio conta co traballo do director de fotografía Guillermo Navarro, gañador do último Oscar á mellor fotografía por “El laberinto del Fauno”.

O público acolleu moi ben esta ruptura co pasado desta marca!

]]>
http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/05/04/in-an-absolut-world#comentarios
A contrapublicidade, unha ferramenta atisistema! http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/04/18/a-contrapublicidade-unha-ferramenta-atisistema 2008-04-18T19:41:04+00:00

Caca Madrid, Murder King ou Bodafone. Son marcas manipulasdas pero de seguro que nelas recoñecemos tres grandes compañías? Poden parecer simples xogos de palabras ou chistes inocentes, pero en realidade non o son!

Detrás desta intencionadatransformación dos logotipos hay unha chamada á relefxión sobre o consumo desmedido. Pero é a contrapublicidade perxudicial para os anunciantes?

A contrapublicidade ou subvertising (término que porvén da fusión entre subversión e advertising) é a forma de sabotaxe cultural máis extendida. Trátase cunha práctica de parodiar os anuncios políticos, corporativos ou comerciais co obxecto de manifestar a propia posición respecto das empresas, corporacións ou institucións anunciantes que se serven da publicidade como arma ideolóxica.


Segundo AdBusters, unha emblemática revista da contracultura canadense,"un 'subvert' ben producido imita a forma e aparencia do anuncio orixinario, promovendo o clásico 'dobre sentido' pois os espectadores ou receptores adquiren de repente consciencia de que foron 'manipulados'. Son capaces de trascender a hipérbole e a brillantez da realidade mediatizada e de revelar súbita e momentaneamente unha verdade subxacente máis profunda".

Ospuntos de vista liberal e radical son xeralmente os predominantes no mundo do "subvertising", pois unha das ideas agochadas detrás do concepto é a de incitar ó cambio.

Segundo subvertise.org: "O subvertising é a arte da resistencia cultural. É a 'pintada do muro', a 'pegata do poste da luz', o refraseo corrixido dos valos publicitarios, a parodia, a camiseta con mensaxe; pero participa ademais do desafío do sentir das opinións políticas da rúa.


Credes que a contrapublicidade é efectiva?

]]>
http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/04/18/a-contrapublicidade-unha-ferramenta-atisistema#comentarios
A censura en GZ! http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/04/07/a-censura-gz 2008-04-07T20:19:51+00:00


Non pensaba actualizar sobre isto, pero chamoume moito a atención esta noticia, e como a actualización anterior ía de censura, esta é unha demostración de que a censura nos toca moi de preto



O grupo parlamentario do BNG denunciou na Cámara Galega a existencia "de documentos internos da Garda Civil que inclúen simboloxía galega como elemento 'sospeitoso' a controlar e perseguir".

Con esta iniciativa parlamentaria, o BNG facíase eco dunha denuncia efectuada polo Movemento polos Dereitos Civís, que asegura que tivo acceso a estes documentos internos da Garda Civil. Devanditos documentos pertencerían a actividades formativas do instituto armado dirixidas aos axentes galegos, aos que se anima a tomar os datos das persoas que portan simboloxía de carácter nacionalista por consideralos sospeitosos.

Os datos persoais pasarían a formar parte dunhas fichas internas da Garda Civil, 'Fichas de interese policial', a pesar de que estas persoas non tivesen delito ningún.

Segundo a organización, nestes cursosvinculábanse símbolos como o autocolante do GZ para os automóbiles ou o escudo deseñado por Castelao coa lenda “Denantes mortos que esclavos” (que vos deixo abaixo) co chamado'Movemento de Liberación Nacional de Galicia'. Tamén aparecían vinculadas a este movemento varias organizacións de carácter nacionalista, feminista, estudantil ou ecoloxista.

Bieito Lobeira considerou estes documentos como intolerables "dende o punto de vista democrático".

O 'Movemento polos Dereitos Civís' mostrou a súa satisfacción porque esta cuestión leve á Cámara galega. A través dun comunicado no que o organismo incide en "que a creación de bases de datos paralelas e na que se están incluindo fotos e nomes de persoas que non cometeron ningún delito é ilegal".

Neste senso piden que o Goberno galego aclare aexistencia desta clase de actividades formativas, se se tiña coñecemento delas e quen ordenou a súa celebración.

Si, a censura está máis preto do que cremos!

]]>
http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/04/07/a-censura-gz#comentarios
O Público non sempre é tan público! http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/03/31/o-publico-non-sempre-e-tan-publico 2008-03-31T19:13:28+00:00

Publicidade censurada é o tema do que versa esta actualización. Está claro que non todas as ideas as que dan a luz os creativos publicitarios poden verse finalmente nas páxinas dunha publicación ou nas pantallas de televisión. Por unhas ou outras causas, algunhas son censuradas e arquivadas no baúl do esquecemento porque os responsables finais da campaña non dan o visto e prace para o seu lanzamento.
As causas para a negativa, ademais da clásica de non gustarlle ao cliente que é o que pon o diñeiro e decide, poden ser en grao sumo variado: algunhas atentan contra a moral, as boas costumes, ou porque simplemente presentan imaxes atrevidas ou subidas de ton.

O anuncio promocional do xornal Público do que vos deixo o vídeo a continuación, creo que é un spot que está realmente ben e que expresa claramente o xeito de pensar de gran parte da sociedade actual.

Este spot foi censurado por Autocontrol, a Asociación para a Autorregulación da Comunicación Comercial, que puxo obxeccións ó anuncio do lanzamento de Público polo “Fuck Bush”. Pediu a empresa editora que retiren o plano do presidente Bush mentres non obteñan o consentimento expreso e por escrito do presidente Bush. O vídeo só foi emitido por "La Sexta", empresa do mesmo grupo empresarial.

A continuación déixovos un dos tres anuncios da campaña publicitaria de MTV que aludía ó fatídico 11-S polo que tamén foi censurada:

Texto xunto ás Torres: "2863 mortes"
Xunto ao home: "630 millóns de indixentes no mundo".
"O mundo unido contra o terrorismo. Debería facer o mesmo contra a pobreza".

E por último este anuncio de Nokia , que considerándoo demasiado agresivo foi retirado.

]]>
http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/03/31/o-publico-non-sempre-e-tan-publico#comentarios
BLOGS de temática similar http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/03/27/blogs-tematica-similar 2008-03-27T17:00:16+00:00
Buscando información en diversos blogs de temática similar atopei cousas moi interesantes, que considero que tamén poden ser interesantes para vos, acerca de publicidade subliminal, curiosa, polémica (será un dos temas dos que fale en futuras actualizacións), deseño publicitario, marketing,RRPP, medios de comunicación e comunicación en xeral.

Algúns exemplos destes blogs:

http://www.briefblog.com.mx/

é un blog de mercadotecnia, publicidade e creatividade. Gústame moito porque ten moita cartelística, vídeos, links interesantes, ademáis de informarnos dos anvances en comunicación de todo tipo.

http://www.diegojimenez.es/blog/

este é outro blog que vos recomendo onde Diego fala, reflexiona e delira sobre deseño, fotografía, logotipos, noticias, Internet, publicidade e moitas outras cousas.

http://vive-diseno.blogspot.com/search/label/Propaganda%20y%20publicidad

este é un blog de diseño gráfico, publicidade, propaganda, iconografía, imaxe corporativa, cine, televisión, noticias e actualidade.
Neste blog fálanos do necesario para ser bos deseñadores gráficos, cuturizarnos visualmetne e manternos actualizados.

Creo que calquera dos tres vos gustará!

Por último, para ir adiantando algo acerca de publicidade polémica (da que como xa dixen falarei proximamente) deixovos este video dunha campaña publicitaria dun xampú chamado GHD que tras moita polémica foi retirado en Londres xa que se consideraba ofesivo para o cristianismo.

No spot saen varias mulleres case espidas que semella que están rezando e suplicando solucións para poñer o pelo máis fermoso e rizo. Todo esto nun entorno claramente relixioso, con crucifixos, velas, rosarios, etc.

Na campaña, creación da axencia de publicidade TBWA, se dicen frases como: “que os meus novos rizos a fagan asfixiarse de envexa“, o spot remata dicindo: “fágase a tua voluntade”, oración que en inglés, “Thy will be done”,ademais substitue a T por unha cruz.

]]>
http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/03/27/blogs-tematica-similar#comentarios
Polaroid, fin dunha era! http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/03/18/polaroid-fin-dunha-era 2008-03-18T17:34:54+00:00 O pasado febreiro a compañæamp;shy;a Polaroid anuncia o cese da producción das pelæamp;shy;culas para cámaras instantáneas.

A fotografæamp;shy;a intantánea que inventou Edwind Land en 1948, lanzada pola empresa Polaroid, permitiu conseguir fotografæamp;shy;as ós poucos segundos de disparar con cámaras diseñadas para ese fin especæamp;shy;fico. En 1944, Jennifer Land preguntáballe ó seu pai Edwind : " Por que non podo vela agora?" a impacencia e a curiosidade da nena trouxo como consecuencia, catro anos máis tarde, un dos inventos claves da fotografæamp;shy;a do século XX. Land (terra en inglés) debido ó seu inventor, foi o nome da súa cámara de 1947 a 1982.

Na pelæamp;shy;cula instantánea, a emulsión e os productos quæamp;shy;micos do revelado combæamp;shy;nanse no paquete da pelæamp;shy;cula ou na propia foto.

Polaroid, primeiro fabricante desta pelæamp;shy;cula, utiliza unha emulsión de haluros de prata convencional. Logo de que a pelæamp;shy;cula foi exposta e se conseguiu o negativo, éste pasa entre o papel fotográfico e os produtos quæamp;shy;micos; entón unha substancia xelatinosa transfire a imaxe do negativo ó papel e a foto queda lista.

Familias enteiras, artæamp;shy;stas, cientæamp;shy;fios, fotógrafos de feira, arte e ensaio sacaraon partido do inventos. Os mesmos que hoxe se lamentan polo anuncio que Polaroid fixo o mes pasado: abandono da producción de pelæamp;shy;culas Polaroid en 2009, logo de que en 2006 deixasen de fabricas as cámaras.

A compañæamp;shy;a aposta polo dixital que gana ós 60 segundos de inmediatez que a Polaroid convertiu durante 60 anos no seu emblema.

A Polaroid significaba pensar a foto antes de facela, sen borrala e sen olvidala. Dez fotos por quince euros, un luxo que vale o esforzo do pensamento.

Os fotógrafos apuntan que a Polaroid é un estado de ánimo e un olor.

Ésta é unha Polaroid SX-70, modelo mæamp;shy;tico que a compañæamp;shy;a con sede en Massachussets comercializou en 1972.

Tras o anuncio da compañæamp;shy;a emprendeuse unha campaña (savepolaroid.com) para convencer a Polaroid para que ceda a licencia de fabricación a outras empresas. Os austræamp;shy;acos están en negociación coa compañæamp;shy;a para comprar unha das máquinas da fábrica para producir pelæamp;shy;culas 600.

Hai cinco dæamp;shy;as, Polaroid anunciou o lanzamento dunha impresora térmica de reducido tamaño que pretende seguir coa corrente da tradición instantánea da compañæamp;shy;a.

un saúdo!

]]>
http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/03/18/polaroid-fin-dunha-era#comentarios
Publicidade subliminal basada no sexo http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/03/10/publicidade-subliminal-basada-sexo 2008-03-10T20:41:26+00:00

Como continuación á propaganda política subliminal móstrovos anuncios onde a importancia do sexo está implícita, aínda así chamarémola publicidade subliminal.Este tipo de publicidade acostuma a ser a máis común, xa que é na que a xente é máis influenciable.

Fixádevos nestes anuncios:

Nun xornal podíase ver o primeiro anuncio dunha moza cun vaso na man, unhas páxinas máis tarde aparecía o mesmo anuncio boca abaixo. Védelo?

No segundo anuncio tápade a cabeza e a man da rapaza, tapade tamén as letras superiores. E parecía tan inocente a moza…

Este é o logotipo dunha marca de roupa, A-style. Nela pódese apreciar a unha parella no acto sexual.

Na seguinte imaxe aparece a modelo Bar Refaeli (presunta moza de Leonardo Di Caprio) na nova campaña da firma de moda suiza Tally Weijl. O que realmente chama a atención é a parella de coelliños copulando que se aprecian como fondo.



Alguén ten algunha dúbida aínda da importancia do sexo na publicidade?

Esto é todo amig@s, até a próxima!

]]>
http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/03/10/publicidade-subliminal-basada-sexo#comentarios
"Non é tarefa doada dirixir a homes; empuxalos, en cambio, é moi sinxelo" http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/03/03/non-e-tarefa-doada-dirixir-homes-empuxalos-cambio-e-moi 2008-03-03T20:58:33+00:00

Con esta proximidade ao 9 de marzo supoño que todos vos sabedes de sobra o que é a propaganda ou publicidade política, que segundo a Galipedia consiste no lanzamento dunha serie de mensaxes que busca influír no sistema de valores do cidadán e na súa conduta. Articúlase a partir dun discurso persuasivo que busca a adhesión do outro aos seus intereses. A súa formulación consiste en utilizar unha información presentada e difundida masivamente coa intención de apoiar unha determinada opinión ideolóxica ou política. Aínda que a mensaxe conteña información verdadeira, é posible que sexa incompleta, non contrastada e partidista, de forma que non presente un cadro equilibrado da opinión en cuestión, que é contemplada sempre en forma asimétrica, subxectiva e emocional.

Como a temática deste blog comezou sendo a publicidade subliminal, agora nesta etapa previa ás eleccións vou facer unha pequena alusión a propaganda subliminal en política.

Vírades xa este anuncio promocional que emitiu Telecinco da semifinal da Copa do Rei entre o Barcelona e o Valenica?

No escudo do clube de Mestalla pódese ler con absoluta claridade as siglas do Partido Popular.
Trátouse dun erro ou é publicidade subliminal?

No anuncio aparece sobre o debuxo dun campo de fútbol en fondo azul os escudos dos dous equipos. Á esquerda, o do Barça verdadeiro. Á dereita, o do Valencia (trucado) ou o do PP, aparece co seu morcego segundo se mire. O anuncio remata enfrontando de novo ós dous escudos, esta vez sen erro.

Tele 5 retirou o anuncio tras “decatarse do erro”, pero aínda tras o intento de elmundo.es por encontrar unha explicación ó acontecido, a cadena de televisión non fixo comentarios ó respeto. Posiblemente Telecinco non esté a facer unha campaña subliminal ó PP? Posiblemente exista unha explicación lóxica do acontecido?...
Cada un de vós pode crer o que lle apeteza.

A publicidad subliminal como propaganda política non é a primeira vez que aparece,

durante un gol de Butragueño no Mundial do 86 apareceron as letras do PSOE na televisión sen que ningúen soubera porqué, nin siquera o propio Felipe González, presidente por aquel entón.

O telexornal é algo que acostumamos a ver tódolos días e co que estamos familiarizados, por exemplo ás letras que aparen por detrás do presentador.

Na etapa dogoberno de Aznar, cada vez que aparecía algo do PP cambiaban as letras do informativo a: emprego, pensións, menos impostos, emprego, etc.

Trátase de publicidade subliminal?

Até a próxima!



]]>
http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/03/03/non-e-tarefa-doada-dirixir-homes-empuxalos-cambio-e-moi#comentarios
Isto é publicidade subliminal? http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/02/26/isto-e-publicidade-subliminal 2008-02-26T19:48:24+00:00 ]]> http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/02/26/isto-e-publicidade-subliminal#comentarios A publicidade subliminal http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/02/25/a-publicidade-subliminal 2008-02-25T17:27:56+00:00


"... aquela que por ser emitida con estímulos no umbral da

sensibilidade non é conscientemente percibida"

A publicidade subliminal nace oficialmente en 1956 en New Jersey, cando James Vicary estimula ó inconsciente do consumidor intercalando nun filme dous fotogramas, un con flocos de millo e outro cun anuncio de Coca-Cola. Os fotogramas son imperceptibles para o público pero a venda dos flocos de millo incrementouse un 58% e a do refresco de cola un 18%.
Na actualidade a maioría das lexistación prohiben este tipo de publicidade xa se considera que o individuo está desarmado ante a súa suxerencia, a pesar de todo continúase a facer tanto na publicidade como na propaganda política, e a miúdo detéctanse casos de intentos de asociar no inconsciente determinados produtos con situación placenteiras, en concretoco sexo.

A continuación amósovos dous exemplos deste tipo de publicidade en Coca-Cola:

ATOPA SEIS SIMILITUDES!

Esta etiqueta que vedes a continuación está chea de símbolos que nos lembran o dramático 11-S, cando dous avións, nun fatídico atentado, se estrelaron contra as Torres Xemegas causando a morte de miles de personas e moitísimos feridos. Esta simple etiqueta está repleta de referencias ao 11-S:

1). O nome do producto “Coca-Cola Zero” chámase do mesmo xeito que que a zona onde estaban situadas as Torres Xemelgas logo do atentado “Zona Cero”.

2). A ambos lados da marca, o deseño do que parecen as Torres Xemelgas caendo logo do impacto dos avións cunha tormenta de fume e cascallos.

3). A existencia dunha liña gris que vai dun lado a outro da etiqueta cunha certa similitude coa estela que deixaron os avións que impactaron con ambas Torres.

4). Na etiqueta os edificios que están debuxados xusto debaixo coinciden cos que eran los edificios situados a carón das Torres Xemelgas.

5). Existen moitos fragmentos que voan e que lembran aos cascallos dos avións estrelados e a partes dos edificios.

6.) Por último, a silueta negra que esta dentro do edificio, e que ten certa similitude cunha figura humana agachada ou sentada coas mans na testa.

Quizáis sexan demasiadas coincidencias para tratarse dun mero diseño publicitario?

E quizáis tampouco os seus realizadores non se inspiraran naquel fatídico día que fixo cambiar o mundo?...

SINTE AS CURVAS!

Cambiando un pouco de tema, pero continuando con Coca-Cola, este anuncio pertence a mediados dos anos 80 e quizáis sexa unha das mensaxes subliminares máis claras e pornográficas que se viron nunca. Publicouse en Australia e non foi até que se puxo na parte traseira dun camión cando algúen se deu de conta do que ocultaba. Logo o seu creador dixo que o puxera ahí como unha pequena broma.



Neste anuncio pódese apreciar claramente nun dos cubiños de xeo a unha muller a punto de introducir un membro viril na boca, e o eslogan di :

“ sinte as curvas!”

O que deixa claro que o sexo vende.

Esto foi todo, pronto vos seguirei informando acerca das mensaxes ocultas no marabilloso mundo da publicidade.

]]>
http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/02/25/a-publicidade-subliminal#comentarios
Presentación http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/02/21/presentacion 2008-02-21T16:48:13+00:00 Ola a todos, este blog surxe cómo un traballo para unha materia do primeiro curso de publicidade e RRPP onde pretendo que a comunicación chegue en galego a quen queira escoitar, o feito de que estea en galego non impide a ningúen, en ningunha parte do mundo (grazas ás novas tecnoloxías) poida ler isto, e que o meu blog fose bilingüe, ou incluso trilingüe sería moi interesante. Dende o meu punto de vista, é interesante para nosa cultura e tamán para a nosa língua o uso do galego nos medios de comunicación, xa que, como dixo Castelao " se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma".

Agardo que co paso dos días, e durante os catro meses que debe durar este proxécto aprender moitas cousas dos demáis bloggeiros ademáis de aprender moitas cousas en relación a materia a materia que nos abarca " diseño, composición e tecnoloxía en prensa.

Este proxécto pretende tratar a comunicación en tódos os ámbitos, o paso por outras culturas, curiosidades, linguas, e como non publicidade e RRPP.

Grazas a todos compartir comigo a ilusión deste novo proxécto!

Un saúdo!

]]>
http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/02/21/presentacion#comentarios
Oscar Wilde (1854-1900) Dramaturgo e novelista irlandés. http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/02/21/oscar-wilde-1854-1900-dramaturgo-e-novelista-irlandes 2008-02-21T12:58:31+00:00
"Hai moito que dicir a favor do xornalismo moderno.
Ao darnos as opinións dos ignorantes, nos mantén en contacto coa ignorancia da comunidade."
Quizáis este comentario de Wilde sexa o máis adecuado para dicir que son nova nisto e ´me queda moito que aprender dos profesionais da comunicación. Agardo que este Blog me aporte isto.

]]>
http://www.lacoctelera.com/delirioss/post/2008/02/21/oscar-wilde-1854-1900-dramaturgo-e-novelista-irlandes#comentarios