A publicidade subliminal
"... aquela que por ser emitida con estímulos no umbral da sensibilidade non é conscientemente percibida"
A publicidade subliminal nace oficialmente en 1956 en New Jersey, cando James Vicary estimula ó inconsciente do consumidor intercalando nun filme dous fotogramas, un con flocos de millo e outro cun anuncio de Coca-Cola. Os fotogramas son imperceptibles para o público pero a venda dos flocos de millo incrementouse un 58% e a do refresco de cola un 18%. A continuación amósovos dous exemplos deste tipo de publicidade en Coca-Cola:
ATOPA SEIS SIMILITUDES! Esta etiqueta que vedes a continuación está chea de símbolos que nos lembran o dramático 11-S, cando dous avións, nun fatídico atentado, se estrelaron contra as Torres Xemegas causando a morte de miles de personas e moitísimos feridos. Esta simple etiqueta está repleta de referencias ao 11-S:
Na actualidade a maioría das lexistación prohiben este tipo de publicidade xa se considera que o individuo está desarmado ante a súa suxerencia, a pesar de todo continúase a facer tanto na publicidade como na propaganda política, e a miúdo detéctanse casos de intentos de asociar no inconsciente determinados produtos con situación placenteiras, en concretoco sexo. 
1). O nome do producto “Coca-Cola Zero” chámase do mesmo xeito que que a zona onde estaban situadas as Torres Xemelgas logo do atentado “Zona Cero”. 2). A ambos lados da marca, o deseño do que parecen as Torres Xemelgas caendo logo do impacto dos avións cunha tormenta de fume e cascallos. 3). A existencia dunha liña gris que vai dun lado a outro da etiqueta cunha certa similitude coa estela que deixaron os avións que impactaron con ambas Torres.
4). Na etiqueta os edificios que están debuxados xusto debaixo coinciden cos que eran los edificios situados a carón das Torres Xemelgas. 5). Existen moitos fragmentos que voan e que lembran aos cascallos dos avións estrelados e a partes dos edificios. 6.) Por último, a silueta negra que esta dentro do edificio, e que ten certa similitude cunha figura humana agachada ou sentada coas mans na testa. Quizáis sexan demasiadas coincidencias para tratarse dun mero diseño publicitario? E quizáis tampouco os seus realizadores non se inspiraran naquel fatídico día que fixo cambiar o mundo?...
SINTE AS CURVAS!
Cambiando un pouco de tema, pero continuando con Coca-Cola, este anuncio pertence a mediados dos anos 80 e quizáis sexa unha das mensaxes subliminares máis claras e pornográficas que se viron nunca. Publicouse en Australia e non foi até que se puxo na parte traseira dun camión cando algúen se deu de conta do que ocultaba. Logo o seu creador dixo que o puxera ahí como unha pequena broma.

Neste anuncio pódese apreciar claramente nun dos cubiños de xeo a unha muller a punto de introducir un membro viril na boca, e o eslogan di :
“ sinte as curvas!”
O que deixa claro que o sexo vende.
Esto foi todo, pronto vos seguirei informando acerca das mensaxes ocultas no marabilloso mundo da publicidade.





david santos dijo
Buf apublicidade subliminal Marta sabes que sempre é un tema do que os publicistas non queren falar moito ou negar a súa existencia, dicir que todo é unha casualidade. A verdade é que a publicidade subliminal existe e usase moitísimo para vender productos...
UN SAUDO!!
[^Dj DaViD SaNtOs^]
26 Febrero 2008 | 05:31 PM