O Público non sempre é tan público!
Publicidade censurada é o tema do que versa esta actualización. Está claro que non todas as ideas as que dan a luz os creativos publicitarios poden verse finalmente nas páxinas dunha publicación ou nas pantallas de televisión. Por unhas ou outras causas, algunhas son censuradas e arquivadas no baúl do esquecemento porque os responsables finais da campaña non dan o visto e prace para o seu lanzamento.
As causas para a negativa, ademais da clásica de non gustarlle ao cliente que é o que pon o diñeiro e decide, poden ser en grao sumo variado: algunhas atentan contra a moral, as boas costumes, ou porque simplemente presentan imaxes atrevidas ou subidas de ton.
O anuncio promocional do xornal Público do que vos deixo o vídeo a continuación, creo que é un spot que está realmente ben e que expresa claramente o xeito de pensar de gran parte da sociedade actual.
Este spot foi censurado por Autocontrol, a Asociación para a Autorregulación da Comunicación Comercial, que puxo obxeccións ó anuncio do lanzamento de Público polo “Fuck Bush”. Pediu a empresa editora que retiren o plano do presidente Bush mentres non obteñan o consentimento expreso e por escrito do presidente Bush. O vídeo só foi emitido por "
A continuación déixovos un dos tres anuncios da campaña publicitaria de MTV que aludía ó fatídico 11-S polo que tamén foi censurada:

Texto xunto ás Torres: "2863 mortes"
Xunto ao home: "630 millóns de indixentes no mundo".
"O mundo unido contra o terrorismo. Debería facer o mesmo contra a pobreza".
E por último este anuncio de Nokia , que considerándoo demasiado agresivo foi retirado.










RoSa dijo
Incluso nos días de hoxe segue a haber censura, poida que xa non lle chamemos así, agora disfrázase con nomes como "o politicamente correcto", pero ao fin e ao cabo no fondo a idea é a mesma.
É incoherente que algúns spots non cheguen aos espectadores por non seren do todo axeitados,ben sexa por violentos ou por insultos explícitos cando na progrmación televisiva non hai practicamente ningún tipo de criba nese aspecto, se seguisemos esta regra, moitos dos programas de éxito deberían ser igualmente censurados?
Non vexo mal ningún no spot de Público, mais ben ao contrario, unha mágoa que non chegase a ver a luz, pero ben, iso son cousas da pubicidade...
marta, gústame o xogo de palabras do título, aí saíuche a vea de publicista!
Moi boa actualización!
31 Marzo 2008 | 08:05 PM