Publicidad:
Logo de La Coctelera

cabecera blog

7 Abril 2008

A censura en GZ!


Non pensaba actualizar sobre isto, pero chamoume moito a atención esta noticia, e como a actualización anterior ía de censura, esta é unha demostración de que a censura nos toca moi de preto



O grupo parlamentario do BNG denunciou na Cámara Galega a existencia "de documentos internos da Garda Civil que inclúen simboloxía galega como elemento 'sospeitoso' a controlar e perseguir".

Con esta iniciativa parlamentaria, o BNG facíase eco dunha denuncia efectuada polo Movemento polos Dereitos Civís, que asegura que tivo acceso a estes documentos internos da Garda Civil. Devanditos documentos pertencerían a actividades formativas do instituto armado dirixidas aos axentes galegos, aos que se anima a tomar os datos das persoas que portan simboloxía de carácter nacionalista por consideralos sospeitosos.

Os datos persoais pasarían a formar parte dunhas fichas internas da Garda Civil, 'Fichas de interese policial', a pesar de que estas persoas non tivesen delito ningún.

Segundo a organización, nestes cursosvinculábanse símbolos como o autocolante do GZ para os automóbiles ou o escudo deseñado por Castelao coa lenda “Denantes mortos que esclavos” (que vos deixo abaixo) co chamado'Movemento de Liberación Nacional de Galicia'. Tamén aparecían vinculadas a este movemento varias organizacións de carácter nacionalista, feminista, estudantil ou ecoloxista.

Bieito Lobeira considerou estes documentos como intolerables "dende o punto de vista democrático".

O 'Movemento polos Dereitos Civís' mostrou a súa satisfacción porque esta cuestión leve á Cámara galega. A través dun comunicado no que o organismo incide en "que a creación de bases de datos paralelas e na que se están incluindo fotos e nomes de persoas que non cometeron ningún delito é ilegal".

Neste senso piden que o Goberno galego aclare aexistencia desta clase de actividades formativas, se se tiña coñecemento delas e quen ordenou a súa celebración.

Si, a censura está máis preto do que cremos!

servido por marta 16 comentarios compártelo favorito

16 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Xan

Xan dijo

non sei o que pretenden algunhas institucións.......... ou sí! parece ser que están ancoradas no século XX, naquela época na que só por pensares críanse no dereito de empregar a violencia sobor dun. Hoxe en día esto non o levan a cabo pois sería moi "cantoso", no canto levan a cabo artimañas á calada pero que no fondo teñen a mesma intención, que non é outra que impedirnos ser o que queremos ser e O QUE SOMOS!!
Pero se algo teño claro é que gracias a xente coma ti, que non dubida en denunciar estos feitos, poderemos ó fin ser un auténtico acto, e deixar por sempre a eterna potencia.
Así que, grazas por ser valente e non calar, hoxe xa non castigan por iso.
Un saúdo e un bico moi grande dun amigo e dende que vexo este blog un ADMIRADOR.

7 Abril 2008 | 09:03 PM

periscopio

periscopio dijo

Eu non sei se chamarlle censura a isto. Máis ben marxinación e investigación clandestina dun grupo de persoas que defenden ideas e portan símbolos nacionalistas. A Garda Civil nunca foi demasiado amiga dos conxuntos nacionalistas e independentista. No País Vasco tamén existen tensións, aínda que alí a Guardia Civil ten máis coidado por dos actos violentos de radicais.

8 Abril 2008 | 11:30 PM

periscopio

periscopio dijo

Eu non sei se chamarlle censura a isto. Máis ben marxinación e investigación clandestina dun grupo de persoas que defenden ideas e portan símbolos nacionalistas. A Garda Civil nunca foi demasiado amiga dos conxuntos nacionalistas e independentistas. No País Vasco tamén existen tensións, aínda que alí a Guardia Civil ten máis coidado por dos actos violentos de radicais.

8 Abril 2008 | 11:30 PM

periscopio

periscopio dijo

Eu non sei se chamarlle censura a isto. Máis ben marxinación e investigación clandestina dun grupo de persoas que defenden ideas e portan símbolos nacionalistas. A Garda Civil nunca foi demasiado amiga dos conxuntos nacionalistas e independentistas. No País Vasco tamén existen tensións, aínda que alí a Guardia Civil ten máis coidado por mor dos actos violentos de radicais.

8 Abril 2008 | 11:30 PM

periscopio

periscopio dijo

Oes tiven un problema coa conexión e fixen un estropicio, comentei o mesmo 3 veces. podes quitar os comentarios repetidos. un saudiño

8 Abril 2008 | 11:32 PM

aitanaworld

aitanaworld dijo

Yo creo que esto no es censura, más bien se trata de una prohibición de la libertad de expresión a manos de un grupo de gente que está en contra de los nacionalismos.
Un saludo!

9 Abril 2008 | 07:44 PM

D!e

D!e dijo

Penoso... tanto como a Garda Civil.
De paso que controlen tamén as E de España porque igual tamén están algo 'infectadas'... ademáis é algo absurdo, eu coñezo a xente do PP que ten o autocolante de GZ no coche, e malia iso, é imposíbel prohibir iso xa que moitísimas persoas levan esa pegata no coche (entre elas eu).

Non á represión e ilegalización das ideas democráticas!!

Saúdos.

10 Abril 2008 | 05:01 PM

Silvia Rial Carreira

Silvia Rial Carreira dijo

ola Marta!!!

Paréceme interesante a túa nova entrada, porque sen dúbida é un tema que está moito de actualidade.
Penso que ninguén debería ser "censurado" por expoñer uns ideais. Moito se fala da liberdade de expresión pero; haina a hora de expresar certas ideas???? polo que parece, non.

Saúdos.

11 Abril 2008 | 08:41 PM

enxebre

enxebre dijo

Ola!
Parece mentira que nos tempos que corren que nos atopemos con restriccións á hora de mostrar as nosas ideas, pero é así, cremos que estamos nun mundo libre, pero... en canto a que temos liberdade?
Un saúdo.

12 Abril 2008 | 06:20 PM

my-eyes

my-eyes dijo

Paréceme incrible...non tiña nin idea destes datos.
Eu como Aitana creo que isto é máis ben falta de liberdade de expresión.

Moi interesante a información!
Un saúdo ;)

13 Abril 2008 | 11:25 AM

cris

cris dijo

Paréceme moi triste que aínda nos tempos que corren haxa que pensar dúas veces o que queremos dicir.Moi modernos para unhas cousas, e para outras todo o contrario, e aínda hai quen se permite o luxo de dicir que hoxe en día un pode dicir o que lle pete. E si, pero a que prezo???Unha información moi interesante.Meu blog é http://www.lacoctelera.com/el-ojo-que-todo-lo-ve ,trata de noticias raras e curiosidades, se tes un momento podes pasarte, un saúdo!!!

14 Abril 2008 | 07:15 PM

va-de-futbol

va-de-futbol dijo

PuFFF sin comentarios ¬¬ ya había leído esto antes :s pero cada vez que lo veo es como si lo leyese por primera vez. No sé como puede ser esto posible :s luego vamos presumiendo de libertad y de todo lo que ella conlleva y luego lees estas cosas....

Un saludooo :)

15 Abril 2008 | 01:00 AM

MONTSE

MONTSE dijo

Bueno que sepa todo el mundo que yo soy una delincuente y no por robar en el carrefour si no por tener una pegatina nacionalista en mi carpetita.

que atrevida mi carpeta, que sera lo próximo ?¿ que hable galego ?¿ que baile muñeira ?¿.

He decidido denunciarla a la policia me da mucho miedo. He Hablado con ella para que se afilie a la falange pero no quiere escucharme. No se que hacer.

Os contare proximas aventuras de mi carpeta en la serie " seamos un poco mas fachitas"

un saludo!!!

15 Abril 2008 | 02:18 PM

alba

alba dijo

menos mal que España é un país libre...

16 Abril 2008 | 04:56 PM

Javi

Javi dijo

Hola!!
Te pido perdón porque no sea un mensaje personalizado, pero así hacemos llegar esta noticia a más gente
Ya sabes que se viene Santa Kata 08 y que los chicos de tercero se lo están currando mucho mucho...¿vas a faltar?
Seguro que leyendo esto no te arrepientes
Entra

18 Abril 2008 | 01:24 PM

publikda

publikda dijo

El enlace que te dejó Javi es en mi blog :)

18 Abril 2008 | 01:42 PM

Escribe tu comentario





Sobre mí

Avatar de marta

delirioss

Lugo, Galiza, España
ver perfil »
contacto »
Ola! O meu nome é Marta, e estudo Publicidade e RRPP en Pontevedra, son de Palas de Rei . Agardo que este blog guste onde vou ir plasmando os meus coñecementos acerca a comunicación en xeral!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera