IN AN ABSOLUT WORLD!
Está claro que hai campañas publicitarias que se asentan no subconsciente colectivo durante anos, pasando a formar parte da cultura popular do mesmo xeito que o poden facer algunhas películas, cadros (o anuncio que analizo é unha mestura de publicidade e arte), discos ou libros que conforman o imaxinario de toda una xeración.
Tamén a botella da marca sueca de vodka Absolut podería ser algo así como el touro de Osborne para España, ou a vaca para Galiza, pero a escala planetaria.
Xa moito antes de que as marcas de alcol comezaran a buscar alternativas para publicitarse esquivando as limitacións legais, Absolut xa conseguira converter os seus anuncios en imaxes de culto.
Grandes artistas como Andy Warhol, Laurence Gartel, Keith Haring, Ross Blecjner ou Nam June Paik contribuiron coas suas reinterpretacións do envase a unha campaña que a axencia TBWA creou en 1980 que se pode desfrutar enAbsolutad.com e que, poñendo a creatividade ó servizo do produto, conseguiron que a marca se convirta no terceiro vodka branco do planeta tras Bacardi e Smirnoff.
En “In an Absolut World” búscase lanzar a mensaxe dun mundo máis positivo e achegado, mostrando mundos ideais, aínda que non exentos dunha certa compoñente crítica. Ademais os consumidores poden enviar as súas propostas, a un blog á súa disposición. Non sería marabilloso que o símbolo de Times Square fose o Pífano de Manet en lugar dos neóns das empresas tecnolóxicas? Ou que fose posible solucionar o problema do quecemento global lanzando cubiños de xeo ó océano? Que os embarazados sexan os homes? Ou que ós políticos lles medre o nariz, como Pinocho, cando menten nos mitins? Que unha fábrica emita inofensivas burbullas no canto de fume?, etc. Onde a campaña tivo maior repercusión, foi sen dúbida México. Alí, Absolut lanzou un anuncio no que México extendía as suas fronteiras ata os límites vixentes en 1830, cando Texas, California, Arizona, Nevada, Utah, Novo México e partes do Colorado e Wyoming formaban parte deste estado. Aínda que o anuncio non se exhibiu en EEUU, provocou moitas denuncias e incluso o amago dun boicot contra Absolut, o que forzou a retirada do anuncio. Esta campaña chegou a España coincidindo coa entrada do pasado outono. Os números de outubro de moitos magazines incluíron os novos anuncios estáticos e ós cines chegou tamén un impresionante spot rodado en Uruguay, dirixido por Frederik Bond, que mostra unha guerra de almofadas a escala urbana como resposta ó que parecía un enfrontamento violento entre manifestantes e policía. Ademais, 'Boum!' do inolvidable Charles Trénet pon a banda sonora no spot.










my-eyes dijo
Ola!
Sen dúbida Absolut emprega publicidade bastante polémica (grazas pola información sobre o caso do anuncio en Mexico, non o coñecía), pero ó mesmo tempo cunha importante carga artística e con moito significado.
O anuncio de "In an Absolut woerld" paréceme xenial.
Fixeches unha moi boa recollida de información sobre o producto, e sobre a súa publicidade ;)
Un saúdo Marta!
5 Mayo 2008 | 11:48 AM