Publicidad:
Logo de La Coctelera

cabecera blog

16 Mayo 2008

A publicidade NON intrusiva:

Últimamente escoitei moito falar de publicidade intrusiva, son moitos os que se queixan de cómo os esforzos das marcas chegan a invadir os espazos privados do consumidor.

Moitos son tamén os que din que perdemos a privacidade, o pudor e até a dignidade cómo compradores de este planeta cheo de publicidade.

Actualmente unha persoa normal que habita nun entorno urbano recibe máis de tres mil estímulos publicitarios ó día. Con tal cantidade de estímulos de información é moi difícil capturar a túa atención.

Como exemplo póñovosos este ambient de Head & Shoulders en Arxentina que eu considero un pouco agresivo. Imaxina que pasaría se tiveses caspa e aparecera o teu problema nun supermercado plasmado nunha pantalla de 42 pulgadas. ¿Qué efecto tería na tua intención de compra? ¿Comprarías máis Head & Shoulders por ese feito? Este tipo de execucións son arriscadas, pero como di a sabedoría popular, o que non arrisca non gaña...!

A publicidad non intrusiva permite que ti decidas que e cando oír dos anunciantes... e cobrar por iso! Co permiso, cedes a tua información e permites uns contactos que non son intrusivos, senon autorizados por ti.

Con iso o teu beneficio é que sólo tes que prestar a túa atención a aquela información que é relevante para ti.

Para os anunciantes, o beneficio é tamén importante xa que non malgastan recursos en campañas masivas senón que poden dirixir as súas mensaxes ó público máis receptivo.

servido por marta 4 comentarios compártelo favorito

4 comentarios · Escribe aquí tu comentario

bienhablada

bienhablada dijo

Ola!
En canto a publicidade non intrusiva o defecto que lle atopo é a maneira na que o consumidor cede esa información. Pero ese non é o problema senon que moitos consumidores, xa fartos de publicidade, non deixan que esa información sai á luz.

O anuncio que propuxéches, estou de acordo contigo en que se méte un pouco na intimidade das persoas.

Saúdos

16 Mayo 2008 | 08:37 PM

my-eyes

my-eyes dijo

Ola!
É certo que a publicidade está en todos lados, en calquera lugar verémonos influidos por ela, o queiramos ou non. É este un dos aspectos máis negativos, quizáis perdemos parte da nosa intimidade, sempre abasallados e expostos a novos productos, incitados a mercalos.
Aínda que penso que a imaxe é curiosa, e que é unha forma bastante clara de facernos ver que temos un "problema", non creo que sexa a maneira máis aceptable de mostrar as capacidades do producto.
Aínda así, é evidente que chama a atención, o que era un dos obxectivos, non?
Gustoume o post ;)
Un saúdo Marta!

16 Mayo 2008 | 10:14 PM

enxebre

enxebre dijo

Ola!!
A publicidade cada vez invade máis espazos, e atopámola en tódolos ambitos da nosa vida, pero no caso do exemplo que puxeste como publicidade intrusiva, e nunca mellor dito, paréceme que se converte nun "intruso" da intimidade desa persoa, quizás á persoa non lle fixo moita gracia que todo o mundo soubera do seu problema. Como dis ti quen non arrisca non gaña, pero eu penso que ó mellor arriscaron de máis neste caso.
Un saúdo

17 Mayo 2008 | 02:19 PM

va-de-futbol

va-de-futbol dijo

Holass :)
Pues hombre yo pienso que la verdad que sí que vemos más casos de este tipo de publicidad , pero siempre con unos límites pienso que está bien :)

Un saludo:)*

18 Mayo 2008 | 12:03 AM

Escribe tu comentario





Sobre mí

Avatar de marta

delirioss

Lugo, Galiza, España
ver perfil »
contacto »
Ola! O meu nome é Marta, e estudo Publicidade e RRPP en Pontevedra, son de Palas de Rei . Agardo que este blog guste onde vou ir plasmando os meus coñecementos acerca a comunicación en xeral!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera