Publicidad:
Logo de La Coctelera

cabecera blog

22 Mayo 2008

A publicidade de autor!

As grandes firmas de moda internacional Gucci e Louis Vuitton reinventase con innovadoras campañas para televisión.

Estamos moi acostumados a velos en papel, pero estas grandes firmas coincidiron en que chegou a hora de arrasar tamén na pequena pantalla, aínda que cun enfoque máis orixinal, luxoso e coa intención de non deixar a ninguén indiferente.

Parece que as grandes marcas queren ir máis alá no mundo da publicidade. Xa Freixenet dera un xiro ó seu afamado anuncio de Nadal e cambiou as tradicionais burbullas por Martin Scorsese, ó igual que fixo Instimissimi que se decantou por un director de cine.

Agora Gucci elixiu ó galardoado cineasta norteamericano David Lynch (El hombre elefante, Terciopelo azul...) para dar vida ó seu novo spot. Así a idea de abrirse as portas á televisión coa primeira campaña da historia da marca iba obrigatoriamente ligada á realización dun anuncio de moito nivel. Así para as fotos do perfume Gucci by Gucci elixiouse o Musée National des Arts D´Afrique et D´Oceanie de París. E a banda sonora do spot: Heart of Glass de Blondie.


En cambio, Louis Vuitton decidiu prescindir de caras famosas ou de directores de renombre e centrouse en emocionarnos axudado pola música do oscarizado Gustavo Santaolalla (Brokeback Mountain, Babel...). Esta campaña nada ten que ver coa ostentación, senon que quere levar ó espectador nunha escapada a través dos sentidos.

Duas marcas e dous fantásticos resultados finais dannos unha pista da tendencia que segue a publicidade actual: beleza na imaxe, música para os sentidos e ideas de autor!

servido por marta 1 comentario compártelo favorito

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

montse

montse dijo

es un tema interesatisimo que es realmente motivamente.

es genial que se haga de la publicidad algo de calidad y lujo. relamente fascinante.

22 Mayo 2008 | 10:39 PM

Escribe tu comentario





Sobre mí

Avatar de marta

delirioss

Lugo, Galiza, España
ver perfil »
contacto »
Ola! O meu nome é Marta, e estudo Publicidade e RRPP en Pontevedra, son de Palas de Rei . Agardo que este blog guste onde vou ir plasmando os meus coñecementos acerca a comunicación en xeral!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera