o bico
Até o momento, fora un día de merda. Non chegara o sol ao horizonte, e xa tiña gana de ira para a cama. Non sabía cómo, pero en tres horas escasas despedírano da paquetaría, levaranlle a moto os munipas, e a piques estivera de trabarlle un can dun fillo de puta peiteado-de-cinceiro.
-día de merda- matinou
nin para alporizarse era orixinal. Un chaíñas ex-repartidor, sen moto, e sen cartos para o alugueiro. Unha historia divertida, vamos.
Camiñaba pegado á beirarrúa farto, sen desacougo. Só farto. Ao fin da rúa, collía forma unha estupenda silueta. Unha moza da súa altura, cunha saia até os xeonllos, con chinelos baixos e unha camiseta ben cinguida ao corpo. Canto máis se achegaba, mellor podía distinguir o seu peito firme, o cute branco e ben coidado, as cadeiras compridas, que acenaban un pouco dun lado a outro. O pelo ben recollido e limpo. Un amor de moza que, por riba, facía sentirlle máis feo do que xa era, forellán, co narís de paxaro, que calquera día lle tiraba un ollo a quen se achegara de máis. Coa pel chea de marcas de espiñas, cando non tiña algunha fresca. Fraco e chepudo, cos ollos moi xuntos e pequenos, cos dentes tortos e con algún partido. Outro amor. Iso sí, tiña un pelaso.
Doíalle o peito só de pensalo.
Cando a moza estivo á súa altura, ningún dos dous dixo nada. El nin sequera a mirara, pero ela si o facía. Achegouse a el e púxolle as mans na cara moi suavemente, bicouno nos beizos longamente. Un bico que lle dou calor desde o nocello ata as súas inmensas orellas, e animou o corazón. Obviamente, ninguén lle pagou á moza. E tamén, o rapaz guapo non era. Tamén descartamos que lle atopase algún atrativo morboso. Entón....¿PORQUÉ O FIXO?
(adiviña de Paul Sloan)

Helo dijo
¿E por que ten que haber algunha explicación? O mundo pode chegar a ser moi simple.
17 Febrero 2006 | 01:44 AM