Logo de La Coctelera

LE DIQUE

QUOSQUE TANDEM, CATILINA, ABUTERE PATIENTIA NOSTRA?

13 Septiembre 2007

SANGUE DE SUDRE, PUTO PETER PAN

Ben, de novo, un artigo mái para dar fe da minha penosa diglosia. Eu sonvos de Santiago, do primeiro Santiago que se fixo lugar, alá na noite dos tempos aquí na Galiza. Son de Santiago de Compostela, e non me doe, nin moito menos, dicilo. En Compostela nunca pasa nada. Desque marchei a "traballar" a outros lugares acentuouse esa impresión. É dicir, SI pasan cousas, pero moi poucas veces acadan o estatus de acontecemento, sexa que hai que encher páxinas de sucesos, economía ou sociedade. A axenda compostelá móvese entre os actos políticos (a cidade é a capital de Galiza e é a sé da meirande parte dos edificos administrativos e do parlamento autonómico) pero a vida de cotío, no día a día, esmorece, apagase, murcha cando muda de pel cada catro anos porque en Compostela, tamén, está unha das Universidades mási antigas do Estado español. Cada catro anos, mudan as xeracións. Unha nova remesa de rapaces novos (cada vez menos, ou iso me parece a min) abandonan o seu fogar para comezar a estudar, e cando digo estudar quero dicir ir ás aulas, aprofundar na decisión que tomaches sendo un medio-cativo sobre o teu futuro académico, adaptarte á cidade, ir a bares, emborracharte, endrogarte un pouco, coñecer xente e foder, coger, chingar, follar, petar e machacar todo o que se poida e che deixen. Estas actividades ocupan a maior parte do tempo dos estudantes-cidadáns fluctuantes de Compostela. Digo fluctuantes porque non contan como verdadeiros composteláns e porque só están na cidade o que dura un curso escolar. Total, pasan os catro anos, e despois de estudar, renegar da carreira, ir sacando os exames, saír cando hai exames ao día seguinte, emborracharse e chegar prexudicado ás probas, endrogarse para superar o fracaso e malfoder porque non vías onde a metías, ou porque non mirabas a quen te levabas (iso din os que o din) colles o título e liscas. Abur, Fonseca. Talogo Quintana. E chegan outros. Por iso alguén a quen NON quero citar dicía que Compostela estar, tá ben, pero que é un lugar atrapado polo síndrome de Peter Pan. Sempre nova, todos novos, agás ti, que envelleces vendo repetir os rituais, analisando cómo a xente evolui en detalles en principio superficias como a forma de vestir no artificialmente alongado camiño á idade (máis) adulta. Sempre os mesmo berros de cativos, sempre o cansanzo dos que levan máis anos, sempre algun aborixe nativo compostelán agochado a ver se cae algo. Unha rutina vital demasiado esaxerada. Por iso, cando PASA algo de verdade, algo orixinal, gracioso e que non se plantexara facer de esa forma, emocionome. Non o podo evitar, porque son un optimista sen remisión, pero, por fin, no musical, porfin está a pasar algo. Dixovos unhas ligaçons, para que vexades se vos gusta o que escoitades. E un vídeo, para que vexades algo.
Non residentz

Malandromeda

Fodi e Barbaconna

servido por eldique 1 comentario compártelo favorito

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

afontiala

afontiala dijo

As cidades de pedra sempre rematan en círculos, círculos pechados...
É a forza da pedra vella.
Cando rompe a chover, a Quintana berra e os oriundos vóltanse xordos... Todos menos aqueles que inda poden furar o granito... e volverse diminutos, cativos, miudiños... ata non poder pasar despercibidos...
Estupendirmos!!

17 Septiembre 2007 | 01:40 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

"No existes para vivir. Sólo existes para cumplir esa función, esa responsabilidad que nadie te ha asignado y que, sin embargo, tienes ya encima de tus hombros. No, no quieras esa responsabilidad. Piensa. No evolucionas por llevar ropa. No dejas de oler mal por conducir un coche caro. No dejas de ser una mierda por tener un cuerpo perfecto. Acepta que eres el residuo más tóxico de la ambición del hombre y piensa. Piensa. Piensa. Cómo destruir para crear. Cómo infectar al mundo con la marginalidad que él mismo crea. No reivindiques tu sitio en esta sociedad y destrúyela, a ella y a ti mismo." -- Tyler Durde (co) protagonista de "Fight Club", Película de David Fincher, Libro de Chuck Palahniuk--.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera