O xénero feminino
Cal é o sexo da publicidade?
Uns dirán o masculino e outros o feminino. Eu non o teño moi claro, o que si que as mulleres están cobrando cada vez máis relevancia no marketing. Trátase dunha evolución progresiva que por momentos se acentúa. Hai marcas que as converteron no seu target principal, como por exemplo: Dove, Ford, Honda, Goodyear (que se lanzaron a conquistarnos con accións diseñadas para nós)....
Este é un anuncio de Dove, no que se ve claramente que somos as protagonistas indiscutibles, e que se preocupan por investigar as nosas preferencias e como presentárnolo.
Tamén me parece interesante este enlace, no que atoparedes o vídeo de como se realizou un anuncio da marca e os retoques que se lle fixeron a unha moza.
Como dixen antes, algunhas marcas relacionadas co sector do automóvil tamén empregan accións para "conquistarnos", recurso utilizado por Linea Directa:
As mulleres supoñen o 51% dos consumidores e xeneran máis do 80% do consumo, o que supón un peso importante nos negocios, supoño que será por iso que cada vez a presencia feminina sexa maior, pois as empresas tardaron en incorporalas nas súas estratexias un bo tempo; isto tamén se pode deber a que a introdución das mullers no mercado, no ámbito laboral... ata o de agora estivo moi limita e houbo moitos máis prexuizos. Na actualidade empresas de seguros de vida, automóviles... ven no sector feminino un novo obxectivo dada a súa maior inserción laboral, a existencia de máis mulleres con carnet...
Tamén hai anuncios que poden dar pé falar do sexismo, por exemplo, poderíamos considerar o mundo da cerveza -da publicidade cerveceira- un mundo de homes? Non o sei, máis ben dependerá do anuncio que vexamos, se vemos algún como o seguinte, entón a resposta podería ser si, pois nel hai un alto grado de eroticidade e sensualidade, dicíndonos que é simplemente irresistible, aínda que como a muller é servida por un home parece que se mitiga un pouco o rasgo sexista. Atoparedes máis anuncios deste tipo aquí.

En canto ó tema discriminatorio das mulleres na publicidade, hoxe en día empézase a reducir, aínda que continúa convivindo coa constante representación dos arquetipos de ama de casa e, especialmente, de obxeto de atracción e sexual. Sen embargo, haberá quen teña outro punto de vista e considere que tamén se produce unha "denigración", certas veces, da imaxe do home ( por exemplo, unha muller clavándolle un tacón a un porteiro de discoteca, policías levándose ó marido por non saber poñer a lavadora..).
Sen dúbida a presencia feminina aumenta nos anuncios, pero tamén o fai a polémica, por exemplo, o seguinte anuncio foi considerado de certa discriminación masculina por parte das mulleres. Xuzgadeo vos mesmos.



