«Este libro vai dirixido á xente de Cedeira, para que vexan o que éramos»

Foto: Ari García
ANDRÉ LÓPEZ DÍAZ Librero e fotógrafo
André López Díaz, máis coñecido como Willy, é libreiro en Cedeira, un gran afeccionado á fotografía, e o autor do libro Cedeira, imaxes para a historia, que se presentará este venres no hotel Herbeira ás 20.30 horas.
-¿Como se lle ocorreu facer este libro?
-Era algo que tiña en mente dende hai tempo. Comecei a recopilar fotos antigas, unhas cedidas, outras as tiña eu. Cando vin que tiña un arquivo en condicións, potente, presentei a miña idea nunha editorial, e lles pareceu estupendo.
-¿Céntrase nunha etapa histórica en concreto?
-Non. A fotografía máis antiga data de 1887 e as máis recentes son dos anos 1950. Nun primeiro momento, tiña pensado plasmalas no libro de forma cronolóxica, pero logo cambiei de opinión. Están ordenadas por temas, como fútbol, personaxes curiosas, medios de transporte, etcétera.
-¿Inclúense textos?
-Si, cada foto vai acompañada dun pequeno texto, que explica o contexto histórico desa instantánea, e anécdotas que me contaron no proceso de recopilación. Non se pode entender unha foto soa.
-¿Que instantáneas chamáronlle a atención?
-Descubrín que tiñamos en Cedeira nos anos vinte unha artista de cine mudo, que fixo catro películas, algunhas con Imperio Arxentina. Chamábase Digna Montero. Tamén saen moitas mulleres que traballaban nas fábricas de salazón.
-¿Costoulle moito atopar as fotos?
-Foi un proceso longo, aínda que tiven moita axuda, por exemplo, do historiador Rafael Usero. Moitas das fotos son do francés Roisin, que son as máis coñecidas. As demais son de particulares de cedeireses que viven aquí e outros que non.
-¿A quen vai dirixido o seu libro?
-Pois á xente de Cedeira, para que vexan o que éramos e o que somos, o que foi a evolución do noso pobo.
-¿Onde se pode atopar o volume?
-A partir do venres, que é cando se vai a facer a presentación oficial do libro, se poderá atopar en todas as librerías.
Link: www.lavozdegalicia.es

