Logo de La Coctelera

Hijos de la comuna

q no quieren dejar de serlo.....

Categoría: Ana

26 Septiembre 2008

Anorak Studio (Oleiros) e as habilidades comerciais

Quero rediseñar a web da casa dos meus pais. A web que temos ahora, fíxena eu fai algúns anos (daquela que cursabamos unha asignatura de deseño web na facultade e que lle collera o "gustillo" a eso do deseño gráfico, creo que en primeiro ou segundo curso). Por eso esta semana me dirixín a AnorakStudio un "estudio de comunicación visual y desarrollo en Internet que inicia su actividad en 2002 en Londres y en 2005 se constituye en A Coruña" por mail, despois de ver algún dos seus proxectos.

Boas, Estou buscando unha empresa de deseño web para actualizar e redeseñar a páxina do meu hotel rural. Teño o dominio e o aloxamento xa, ainda que non me importaría cambiar de proveedor. Quería saber se me podíades facer un presuposto. Quero unha web de deseño limpo, deseñada para posicionarse nos buscadores. A web que temos agora é www.hotelpontesdegatin.com pero queremos algo totalmente distinto. Como documento adxunto envío unha proba do estilo que estamos a traballar ahora en comunicación. Moitas gracias

Como documento adxunto enviei un tríptico que deseñamos fai uns meses:
Ó día seguinte recibo a sorprendente (por non dicir outra cousa) contestación:

Ola Ana, Gracias por contactar connosco. Polo que nos dis no teu email non somos o tipo de empresa que estás a buscar. En Anorak desenvolvemos proxectos creativos desde o principio ao final, non traballamos sobre estilos nin creatividade que non saian do noso estudo. Espero que atopes o que buscas. Un saúdo e gracias de novo!

Quedeime un pouco sorprendida con esta contestación, tanto pola falta de interese, como pola actitude na resposta. Así que non puiden evitar contestar:

Hola -----, Entendo a vosa forma de traballar e gustáronme os proxectos que xa realizastes. Por ese motivo me puxen en contacto con vos. Non considero que no mail que vos enviei coartara tanto a liberdade de ningun creativo, simplemente me parece que as diferentes accións de comunicación do meu hotel deben ter unha coherencia e unha imaxe común. Se unha axencia de publicidade non é capaz de entendelo, tampouco é a axencia que busco para que me axude a promocionar o meu negocio. Un saúdo,

Esperei antes de colgar o post na comuna por se recibia unha resposta dicindome que houbera algún mal entendido de por medio, pero supoño que non.
Solo necesitaba compartir con alguén a miña indignación. Considero que hai moitas formas de rexeitar un proxecto, como por exemplo dicir que están saturados, que non traballan con clientes tan pequenos, que non lles gusta o proxecto, pero de aí a rexeitalo porque o cliente di que ten que ser acorde coa súa imaxe... Creo que non fun tan impositiva...

nota: se alguen coñece algunha axencia disposta a aceptar o reto de deseñar con estes condicionantes que me pase o contacto

servido por Pontevedra 3 comentarios compártelo favorito

23 Septiembre 2008

Guía Greenpeace para sexo ecológico

Copio trozos dun artigo da web (http://www.greenpeace.org/mexico/news/c-mo-enverdecer-tu-vida-sexu) de Greenpeace:

"Vas en bicicleta al trabajo, comes orgánico, te pronuncias contra los transgénicos, tienes focos fluorescentes y usas biodegradables en casa... Está perfecto. Es un buen inicio para cuidar de este planeta, pero ¿quieres hacer más? Desde tu cama puedes hacerlo...
Por eso, Greenpeace ha creado esta guía ecosexual para que, si lo deseas, puedas ser una bomba sexual que no haga estallar, precisa y literamente, al planeta."

Este é o decálogo da "era ecosexual", na web podedes atopar cada punto con máis detalles:
1. Apaga las luces
2. Frutas de la pasión... libres de OGM
3. ¿Amor a toda costa?
4. Amor reciclado
5. Usa ecolubricantes
6. Esclavo de la pasión, no del petróleo
7. Ahorra agua en pareja
8. Cama sustentable
9. Sexo verde
10. Haz el amor, no la guerra

Non sei se con esta guía conseguirían reducir as emisións de CO2 á atmósfera, pero o que seguro que conseguiron foi que a leran moitas máis personas. Está claro que o reclamo sexual funciona...

servido por Pontevedra sin comentarios compártelo favorito

23 Septiembre 2008

Concurso Logo Universidade de Vigo

Reenvioume Cristal o link a este concurso da uvigo. Ó mellor o enviou a máis xente, pero por sealguén non o ten deixo cortes das bases:

-O presente concurso ten como obxecto a selección dunha idea para crear un
novo logotipo da Universidade de Vigo e a concesión dun premio a esta idea.
-Poderá participar neste concurso calquera persoa física ou xurídica.
-Establécese un premio único de 12.000 euros para o/a concursante que
presente o deseño de logotipo seleccionado polo xurado. O importe estará
suxeito ás retencións fiscais segundo a lexislación tributaria española.
-Valoración:
a) Capacidade da proposta para representar os valores e personalidade da
Universidade de Vigo (de 0 a 5 puntos).
b) Adecuación da solución gráfica ás necesidades da institución (de 0 a 5
puntos).
c) Aplicabilidade e declinación da proposta (de 0 a 5 puntos).
d) Potencial da proposta (de 0 a 5 puntos).
-Prazo: Ata o 16 de outubro
Bases do concurso

servido por Pontevedra 2 comentarios compártelo favorito

7 Agosto 2008

O sitio onde traballo

Como últimamente somos moitos os que actualizamos pouco na comuna, e o noso segundo aniversario comunal pasou sen pena nin gloria, parece que é un bo momento para que nos poñamos ó día. Desde que puxen as fotos das oficinas de Google, empeceime a atopar con listas como estas: link1, link2 e link3. Creo que esta é unha boa forma de actualizar e actualizarnos, poñendo unha foto e contando algo do que facemos, así que empezo eu.

Ana

Traballo nunha emisora de radio municipal desde fai 11 meses (o 17 de setembro remato o contrato).

Este é a mesa é o ordenador nos que se reproducen salsa, bachatas, reggeaton e demais ritmos latinos durante 23 horas e media ó día. A restante media hora divídese en dous programas informativos de 15 minutos de duración (en realidade é só un programa que sae ás 15.00 h e se repite ás 18.00 h).

Este é o ordenador e os micros secundarios, para cando traballamos os 3 "profesionais radiofónicos" ó mesmo tempo (cousa que non pasa moitas veces, así que normalmente está apagado).


E este outro é o ordenador que teño para conectarme a internet polas mañás e poder buscar as noticias máis frescas e as reportaxes máis actuais ;). Este ordenador é de uso público, por eso cada vez que se apaga borra toda a información que está no disco duro. Apágase con bastante frecuencia e é o culpable de que se me borrara este post duas veces antes de poder publicar.

Este é o bar onde me paso as tardes botando unha man na casa! E faltaríame poñer a mesa de traballo onde me pasei bastantes horas sentada durante o mes de xuño para poder entregar a tempo a miña tesina para o DEA (Diploma de Estudios Avanzados), que presentarei no mes de setembro.

servido por Pontevedra 4 comentarios compártelo favorito

18 Mayo 2008

Traballo de directivos

Aquí deixo unhas ofertas de traballo interesantes... Estas campañas de publicidade estilo Aficionado Profesional gustanme.

servido por Pontevedra 1 comentario compártelo favorito

21 Abril 2008

Paso a Publicidad

Un programa de entretemento de Canal+ sobre o mundo da publicidade, con reportaxes, entrevistas, making of... Pódese ver a través da web e de forma gratuita neste enlace. Polo menos as 5 primeiras emisións. Cada programa dura 20 minutos.

servido por Pontevedra 1 comentario compártelo favorito

8 Abril 2008

Traballar en Google

Estas son as oficinas de Google en Zurich. ¿Por que non se pegan estas cousas entre o resto de empresas? Eu mellor non poño as fotos do sitio onde traballo eu... con decirvos que teño que gardar o traballo de cada dia nun pen porque cando se apaga o ordenador, automáticamente borra todos os arquivos que non pertencen ó sistema operativo... e que cada dia teño que instalarlle o pdf e o google talk... Of course, esto tamen se borra todo cada vez que marcha a luz, cousa moi frecuente no lugar.

servido por Pontevedra 10 comentarios compártelo favorito

6 Marzo 2008

As 5 mellores cancións en español da historia

Fai pouco vin Alta Fidelidad, película na que tres dos seus personaxes teñen especial afición a facer listas sobre música. Pensei en que para animar un pouco a participación no blog, podíamos deixar en comentarios as nosas 5 cancións preferidas en español de toda a historia. E a partir das listas individuais facer unha lista colectiva. Propoño algo sinxelo:

- Deixar en comentarios unha lista coas 5 cancións preferidas en español de todos os tempos.

- O proceso será similar ó de Eurovisión, pero para simplificar poñelas en orde de forma que a que mais puntuación reciba sexa a preferida. A orde na que se escriban corresponderá ó número de puntos que reciban. Ademais cada un poderá poñer outras 5 cancións como comodines (estas solo puntuarán 0.5 puntos).


Ex. 1. Trator amarillo 2. Susanita tiene un ratón 3. La vaca lechera 4. Al corro de la patata 5. La Gallina Turuleta

COMODINES: Al pasar la barca - Antón Pirulero - Cinco Lobitos - El cocherito - Debajo de un botón

Neste caso a que máis puntuación (5 puntos) sería a Gallina Turuleta e a que menos (1 punto) Trator amarillo. Polo que a mellor canción da historia sería Gallina Turuleta.


- Para poder facer unha lista da comuna, é preciso poñer unha data límite de participación. Así que os pronosticos poderán deixarse ata o 31 de Marzo ás doce da noite. O 1 de abril facemos o reconto.

Se alguen precisa inspiración, estas son as 25 primeiras que a revista Rolling Stone publicou como as mellores cancións de Pop-Rock en español (foi en 2006).

1. Mediterráneo - Joan Manuel Serrat (1971)
2. Chica de Ayer - Nacha Pop (1980)
3. Black is Black - Los Bravos (1966)
4. La Leyenda del Tiempo - Camarón (1979)
5. Get On Your Knees - Los Canarios (1968)
6. Volando Voy - Camarón (1979)
7. ¿Que Hace una Chica como Tú en un Sitio como Éste? - Burning (1978)
8. Escuela de Calor - Radio Futura (1984)
9. Autosuficiencia - Paralisis Permanente (1981)
10. Entre dos Aguas - Paco de Lucia (1973)
11. Mejor - Los Brincos (1965)
12. Insurrecion - El Último de la Fila (1986)
13. Flaca - Andrés Calamaro (1997)
14. No mires a los Ojos de la Gente - Golpes Bajos (1983)
15. El Sitio de mi Recreo - Antonio Vega (1992)
16. Cuatro Rosas - Gabinete Caligari (1984)
17. Branquias bajo el Agua - Derribos Arias (1982)
18. Mi Calle - Lone Star (1997)
19. Corazón Partio - Alejandro Sanz (1997)
20. 19 Días y 500 Noches (1999)
21. La Estatua del Jardín Botánico - Radio Futura (1982)
22. Sin Documentos - Los Rodríguez (1993)
23. Nadie Te Quiere Ya - Los Brincos (1968)
24. Ni Tú ni Nadie - Alaska y Dinarama (1984)
25. Habanera del Primer Amor - Vainica DOble (1973)

servido por Pontevedra 39 comentarios compártelo favorito


Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog de unos rojos de mierda que quieren mantener la camaradería que construyeron a lo largo de unos cuantos años y que se niegan a perderla. ecoestadistica.com

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera