Fai pouco vin Alta Fidelidad, película na que tres dos seus personaxes teñen especial afición a facer listas sobre música. Pensei en que para animar un pouco a participación no blog, podíamos deixar en comentarios as nosas 5 cancións preferidas en español de toda a historia. E a partir das listas individuais facer unha lista colectiva. Propoño algo sinxelo:
- Deixar en comentarios unha lista coas 5 cancións preferidas en español de todos os tempos.
- O proceso será similar ó de Eurovisión, pero para simplificar poñelas en orde de forma que a que mais puntuación reciba sexa a preferida. A orde na que se escriban corresponderá ó número de puntos que reciban. Ademais cada un poderá poñer outras 5 cancións como comodines (estas solo puntuarán 0.5 puntos).
Ex. 1. Trator amarillo 2. Susanita tiene un ratón 3. La vaca lechera 4. Al corro de la patata 5. La Gallina Turuleta
COMODINES: Al pasar la barca - Antón Pirulero - Cinco Lobitos - El cocherito - Debajo de un botón
Neste caso a que máis puntuación (5 puntos) sería a Gallina Turuleta e a que menos (1 punto) Trator amarillo. Polo que a mellor canción da historia sería Gallina Turuleta.
- Para poder facer unha lista da comuna, é preciso poñer unha data límite de participación. Así que os pronosticos poderán deixarse ata o 31 de Marzo ás doce da noite. O 1 de abril facemos o reconto.
Se alguen precisa inspiración, estas son as 25 primeiras que a revista Rolling Stone publicou como as mellores cancións de Pop-Rock en español (foi en 2006).
1. Mediterráneo - Joan Manuel Serrat (1971)
2. Chica de Ayer - Nacha Pop (1980)
3. Black is Black - Los Bravos (1966)
4. La Leyenda del Tiempo - Camarón (1979)
5. Get On Your Knees - Los Canarios (1968)
6. Volando Voy - Camarón (1979)
7. ¿Que Hace una Chica como Tú en un Sitio como Éste? - Burning (1978)
8. Escuela de Calor - Radio Futura (1984)
9. Autosuficiencia - Paralisis Permanente (1981)
10. Entre dos Aguas - Paco de Lucia (1973)
11. Mejor - Los Brincos (1965)
12. Insurrecion - El Último de la Fila (1986)
13. Flaca - Andrés Calamaro (1997)
14. No mires a los Ojos de la Gente - Golpes Bajos (1983)
15. El Sitio de mi Recreo - Antonio Vega (1992)
16. Cuatro Rosas - Gabinete Caligari (1984)
17. Branquias bajo el Agua - Derribos Arias (1982)
18. Mi Calle - Lone Star (1997)
19. Corazón Partio - Alejandro Sanz (1997)
20. 19 Días y 500 Noches (1999)
21. La Estatua del Jardín Botánico - Radio Futura (1982)
22. Sin Documentos - Los Rodríguez (1993)
23. Nadie Te Quiere Ya - Los Brincos (1968)
24. Ni Tú ni Nadie - Alaska y Dinarama (1984)
25. Habanera del Primer Amor - Vainica DOble (1973)
servido por Pontevedra
39 comentarios
compártelo
favorito
Como non teño moito tempo corto e pego a información e deixo o link por se vos interesa:
É un programa con actividades de lecer e tempo libre, a levar a cabo en diferentes casas rurais de toda Galicia, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e pola Dirección Xeral de Turismo.
Poderán participar no programa aquelas mozas e mozos que teñan entre 18 e 35 anos no momento da súa participación. A asignación de cuartos será a libre disposición.
Meses de Marzo, Abril e Maio.
O programa inclúe:
· Aloxamento en casas de turismo rural.
·Manutención completa (venres: cea, sábado: almorzo, xantar e cea, domingo: almorzo). ·Transporte dos participantes desde a casa rural ata o lugar onde se realizarán as actividades durante a xornada do sábado.
· Programa de actividades, equipo de monitores e material para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas)
O desprazamento ata as casas de turismo rural o día de incorporación e o día de abandono da actividade será por conta dos participantes. Durante o programa, os desprazamentos do sábado realizaranse por conta da organización do programa.
A incorporación realizarase o venres pola tarde e o abandono da actividade o domingo antes de xantar.
60 € por praza. Os posuidores do carné xove Euro <26 e do carné Máis (que debe acreditarse e estar vixente no momento do pagamento) terán un desconto do 25%.
Os interesados neste programa poderán facer a reserva da súa praza mediante chamada telefónica, a partir do 11 de febreiro, aos números que aparecen relacionados neste folleto para cada unha das opcións, en horario de 9 a 14 horas, todos os días laborables agás os sábados.
O número máximo de prazas que se poderán reservar por cada chamada telefónica será de dúas.
servido por Pontevedra
1 comentario
compártelo
favorito

Fai un mes, O Cazador, non quería abrir a polémica no seu blog de se era ou non era acertado que un concello se engalanara e se enchera de luces por unha festividade relixiosa. Retomando ese artigo, presentovos esta campaña:
Saiu (polo menos) en El País do sábado (5 de xaneiro)a páxina completa, impar e cor.
Acadaría o seu target?
O Rey lee este xornal os sábados?
Canto sería o coste por impacto?
É lexitimo/coherente/necesario/inteligente que o concello de madrid se gaste este diñeiro para felicitar o Rey?
servido por Pontevedra
sin comentarios
compártelo
favorito
Os equipos de fútbol modestos da Galiza profunda danlle unha volta o marketing deportivo made in galicia. O Amoeiro C.F vai recaudar fondos cunha iniciativa que ó mellor xa vistes, pero que me pareceu que debía aparecer aquí: soltarán a vaca "Rubia" no campo de fútbol (que previamente terán dividido en pequenas parcelas) e o "propietario" da parcela na que "defeque" a vaca, terá premio. A espectación é máxima e seguro que con este sorteo conseguiron vender máis participacións que cos anteriores. Podedes comprar unha parcela para o sorteo por 10 euros e a través da web.
+info
servido por Pontevedra
1 comentario
compártelo
favorito

"porque la traicion del electorado no sale gratis" Así presentaban esta imaxe no blog de onde a collin. O que non lle vai sair gratis ó goberno é a volta que lle están dando o do canon os do PP.
servido por Pontevedra
sin comentarios
compártelo
favorito

Esto aparece na recen estrenada web de Mariano Rajoy. Un contador cos dias que quedan para que se elimine o canon dixital, sempre e cando él sexa o presidente do goberno.
Non sei se foi coincidencia ou foi un tema que xa tiñan pensado de antemán, pero a verdade e queoaparecer o do canon na campañapodelles dar bastantes votos.
Quen o ía dicir, que agora o PP sexa o que non quere o canon.
ana
servido por Pontevedra
10 comentarios
compártelo
favorito