Logo de La Coctelera

Hijos de la comuna

q non queren deixar de se-lo.....

7 Septiembre 2007

Queren trasladar o botellón do Campillo


Foto: La Voz de Galicia.

Parece ser que cada vez se está tomando máis en serio a idea de reformar o Campillo de Pontevedra. Ese sitio mítico no que moitos dos que pululamos por este blog temos pasado bos e malos momentos, situacións simpáticas, outras non tanto, incluso frío en moitas noites, etc, etc.

Esta un pequeno resume dunha nova que aparecía na edición dixital da Voz de Galicia. A verdade é que entendo e paréceme lóxico que queiran recuperar esa zona, porque ten que ser moi desagradable ir a misa os domingos, por moito que a limpan antes de que a xente que asiste aos oficios relixiosos entre. Incluso, para os máis novos, xa que o pequeno parque que hai no Campillo sempre sufre algún que outro golpe despois das noites de botellón. Eu se tivese fillos, pensaríame, e moito, levar aos meus fillos a aquel parque, porque moi facilmente podería atopar cristais e outros obxetos que prefiro pensar que nunca se tiveran atopado, pero que mete que si que ocorreu algunha vez.

Non sei, se cadra me estou volvendo conservador, pero penso que é loxico e esperable que eso se fixera e se tente eliminar o botellón daquela zona. A pregunta é, se finalmente se leva a cabo esta reformar, a onde irá o botellón de Pontevedra? Pregunta complicada, non se me ocorren moitos sitios no centro onde se poida facer como se facía no Campillo. Aínda que bueno, vendo unha das novas relacionadas coa principal fálase da Alameda, que si que sería un sitio bastante axeitado (dios, estou quedando como un puto borracho, pero estou seguro de que todos vedes coma mín o fenómeno do botellón, unha reunión de amigos para charlar, ejem...) e do Recinto Feiral. Eu pensara en toda a zona dos institutos, campus, pavillón e recinto feiral, pero como dicía antes, non as incluía porque estaba pensando no casco urbano.

Saúde.

Mighelinho

servido por Pontevedra 3 comentarios compártelo favorito

3 comentarios · Escribe aquí tu comentario

marquinhos

marquinhos dijo

"...ten que ser moi desagradable ir a misa os domingos, por moito que a limpan antes de que a xente que asiste aos oficios relixiosos..."XDDDDDDDDDD
Penso que non hai sitios "ideais" pra facer botellóns -salvo que se fagan os botellódromos eses famosos,aínda que tampouco estarían preto do centro. A alameda tamén ten ó lado un parque infantil.
O caso sería recoller as cousas ó acabar co botellón e non andar polas esquinas mexando ou algo peor. Se se respetase eso tamén valería o campillo.

10 Septiembre 2007 | 12:23 AM

breogain

breogain dijo

O tema do botellón ten moi dificil solución, está claro que nunca chove a gusto de todos e que a xente marchará do campillo sempre e cando a solución non estexa moi lonxe do casco vello, -porque realmente é a donde a xente vai logo a dar unha volta cando remata o ambente no Campillo- e sempre en cando tamén non repercuta no seu peto, porque todos fixemos botellón principalmente polo prezo das copas e porque nalgúns pubs nin tan sequera se pode falar polo volume da música ou se cadra porque ésta e moi mala e prefires estar de parrafada durante unhas horas cós colegas tomando un cacharro e unhas pataquiñas.

un saúdo doutro blogueiro de Pontevedra, pásate cando queiras :)

15 Septiembre 2007 | 01:00 AM

botellonpontevedra

botellonpontevedra dijo

....no se trata de si hacer botellón es bueno o no, se trata de que estan empezando a quitarnos derechos. joder, que la calle es de todos. tengo derecho a beber en ella mientras no moleste, no?

17 Septiembre 2008 | 11:59 PM

Escribe tu comentario





Sobre mí

Avatar de Pontevedra

Hijos de la comuna

Pontevedra, España
ver perfil »
contacto »
Blog duns roxos de merda que queren manter a camaradería que construiron ao longo de uns cuantos anos e que se negan a perdela. ecoestadistica.com

Fotos

Pontevedra Galiza todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera