Logo de La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo mar

7 Enero 2009

Árbore morta

 

No medio do adro,
unha árbore seca, o seu xuramento alarga;
unha árbore branca, rota
e mordida de chagas,
na que o vento, revolto
a miña desesperación, berra e marcha.

 

Nesta foto pódese ver  aínda o adro como estaba antigamente ,  ca pendente que facía dende a Alameda  cara o Camiño Novo.

 

servido por homesdepedraenbarcosdepau 5 comentarios compártelo favorito

4 Enero 2009

Naufraxio no rio Xallas

 

 

Fervenza da desembocadura do Xallas no Ézaro


 

O día 28 de xaneiro de 1902 no teatro real de Madrid celebrouse unha función . O mellor e  mais florido da aristocracia e da burguesía madrileña  lucía as súas mellores galas para acudir o evento e practicar de paso as relacións sociais. Sempre esta ben remexerse  en certos ambientes , pois nunca se sabe se as amizades poden servir algún día.

Acudiron a o evento personalidades da vida política coma o señor don Eugenio Montero Ríos e da  realeza , pois a gala era presidida pola infanta  Doña Isabel Francisca de Asis e Borbón "La Chata".

 

 

E, a que ben aquí todo isto?

 

Todo ben a conto de que esa gala era en favor das vítimas da catástrofe do Pindo.

 

Que, que catástrofe?

 

Pois o luns 6 de xaneiro de 1902 a barcaza que facía o paso entre as vilas do Pindo e do Ezaro a través do río Xallas, envorcou  e foi a pique causando a morte  de vintetrés persoas , case todas dos concellos de Muros e Carnota.

A barcaza facía a pequena travesía navegando por dentro da barra da desembocadura do Xallas , como a un 50 metros de terra cando envorcou. A meirande parte dos mortos eran mulleres e nenos que non foron capaces de chegar a veira a nado, sendo arrastrados pola corrente cara o mar. Din que o río ía medrado por mor das intensas chuvias que se produciran nos días anteriores..

 

A consecuencia deste sinistro , pediuse insistentemente  por parte dos veciños da comarca a construción dunha ponte que cruzase o río e unise as dúas vilas, pero aínda houbo que esperar varios anos para a súa construción fose consumada.

 

 

E na gala de Madrid , que recadaron?

 

Pois non o sei , pero o que si me supoño é que o pasaron unha chea de ben.

servido por homesdepedraenbarcosdepau sin comentarios compártelo favorito

1 Enero 2009

Bagoas e figos pasos

 

Muros  -O peirao de Porto Piollo-


 

Aconteceu  o 6 de xaneiro de 1910.

 

Xosé Sestaio , mariñeiro de Muros , saíu co seu fillo Andrés de nove anos  esa mañá cedo da casa,  baixaron polas empenadas e mal empedradas calexas do Carme o ritmo que marcaban os seus zocos que resoaban con balbordo nas rúas  aínda escuras e baleiras.  Pola Calle Ancha chegaron a beiramar onde tiñan a canoa fondeada.

A Andrés custaralle especialmente saír esa maña para o mar co seu pai , pois deixaba na casa os irmáns pequenos disfrutando dos figos pasos que os Reises  Magos  de Oriente deixaran esa noite nun pratiño de barro o carón da lareira. O Neno a pesar dos seus nove anos, era ben asisado e guieiro e dábase ben conta de que tiña que ir co seu pai  para o mar a buscar o sustento diario da familia.

 

Vogaron hasta montar a punta do peirao de Porto Piollo onde izaron a vela e puxeron proa do Son; Sopraba un vendavaliño e na altura do castelo un burleu case lles da un desgusto, Xosé tomou un par de rizos da vela e co leme firme na súa man dereita mandou o neno que se acurrunchase debaixo do banco de proa para que os salseiros no mollasen.

 

A ultima persoa que veu o bote  foi o fareiro do novo faro do rebordiño , que dixo logo que os vira no medio da ría con proa de Monte Louro , e que lle chamou a atención ver un bote esa mañá no mar,  pois había bastante vento e forte mareira.

 

Nunca mais se soubo de Xosé Setaio  nin do seu fillo Andrés, os restos do bote esnaquizado apareceron o cabo duns días na praia loureana de Vieta.

 

E todo isto aconteceu o 6 de xaneiro de 1910 , cando os Reises Magos traian os nenos de Muros, figos pasos  mollados en bagoas e salitre.

 

 

 

Tiña nove anos

e un fardel e unhas botas

demasiado grandes para os seus pés.

Mordendo a bágoa rebelde

aprendeu a ser home,

vomitando de medo e de nostalxia

pola nenez.

E logo fíxose amigo da escuma

e do choro do mar.

E sucos de salitre salpicaron a faciana

daquel vello mariñeiro,

Cando a morte ruxiu baixo a almofada.

E no seu delirio, din que berraba:

Levádeme o mar,

levádeme,

que non quero morrer

como un covarde

 

 

(ARACELI   ASTURIANO)

servido por homesdepedraenbarcosdepau 6 comentarios compártelo favorito

31 Diciembre 2008

Bo ano para todos

Dende a veira do mar de Galicia, dentro da ría de Muros , este mariñeiro , agora circunstancialmente en terra, deséxavos a todo-los lectores desta bitácora , un moi ventureiro e ledo ano 2009 .

 

Na casa do mariñeiro que non falte nunca un quiñon de peixe nin unha ola de balocas na  do labrego.

 

 

E na casa de todos  non falte ,  a ilusión, o entusiasmo, a tolerancia, os éxitos, a comprensión, a lealdade, a esperanza, o respecto, as oportunidades, os sorrisos, a amizade, a xenerosidade, o agarimo, e o mais importante de todo o amor.

 

É moito pedir?

 

Por pedir non cobran, non?   

Tags: ano novo

servido por homesdepedraenbarcosdepau 15 comentarios compártelo favorito

29 Diciembre 2008

No Mar da Memoria

 

Benvidos ao Mar da Memoria, o recuncho para lembrar, para non esquecer as nosas raíces, os amigos as risas, os soños, as tristezas....lembrar cada instante, e non esquecer nunca os nosos recordos. Porque o home que non coñece e respecta as súas orixes, nunca poderá deixar un legado perdurable.

 

Vídeo da TVG , que nos lembra parte da nosa memoria como colectivo mariñeiro en xeral e como muradáns en particular.

servido por homesdepedraenbarcosdepau 2 comentarios compártelo favorito

29 Diciembre 2008

O Naufraxio do santa Isabel (Video da TVG)

Video sobre o naufraxio do Santa Isabel

servido por homesdepedraenbarcosdepau sin comentarios compártelo favorito

26 Diciembre 2008

A cidade asolagada

 

A xente do mar de Muros desde sempre o coñecemos  e sospeitabamos da súa existencia, ata agora que foi confirmado por un equipo de mergullo-arqueoloxía da Universidade Autónoma do Barbanza (UABA.)

Cóntovos:

Na entrada da ría de Muros, nas inmediacións dos arrecifes denominados pola xente do mar como "O Meixon" e nas cartas náuticas como "Leixoes", os patróns sabemos desde sempre (por velas  nas  nosas eco-sondas) da existencia dunhas formacións estrañamente lineais que se elevan sobre o leito lamacento da ría, ás veces ata unha altura de 2 brazas (case 4 metros).
Estas formacións se estenden ao longo duns 500 metros en dirección SW.- NE.  nun fondo de 25 brazas.
Sempre me intrigou o porqué deses estraños ecos que dá a sonda ao pasar por dita zona , pero este verán decidinme a indagar mais seriamente motivado polo achado dunha ánfora na zona por parte dun pesqueiro muradán.
Dita ánfora foi remitida á UABA para ser analizada por persoal especializado e no seu momento,  as primeiras conclusións sobre ela manteñen a teoría de que se trata dunha ánfora con claros trazos e formas que dan a entender unha mais que probable procedencia fenicia.
Desde a UABA un equipo multidisciplinar composto por arqueólogos do equipo de espeleo-arqueoloxía, catedráticos de historia, e técnicos especialistas en inmersións prolongadas , todos eles dirixidos polo prestixioso catedrático de prehistoria da devandita universidade, Don Oswaldo Centeno Viejo, desprazáronse a Muros coa finalidade de investigar o lugar en concreto.

Durante varias semanas de arduos traballos realizáronse multitude de inmersións extraendo do lugar infinidade de evidencias e ditaminouse por parte dos especialistas que as formacións lineais que se observan desde a superficie con axuda dos eco-sondadores, son os restos dunha muralla de pedra, da que se datou a súa construción a finais do século VII antes de cristo. Tamén se comprobou a presenza dun corpo central intra muros duns 4.20 metros de espesura envolto por senllos reforzos de talud.
Todo isto leva a pensar e así o afírman "sotto voce" os participantes na investigación, e todo iso pendente da verificación e a atestiguacion por parte do Instituto Español de Arqueoloxía , de que poden tratarse dos restos da antiga e desaparecida cidade fenicia de NEIXÓN ; Cidade que trataron de situar varios investigadores e arqueólogos en distintos lugares das rías baixas , pero que perante esta apabullante evidencia, será a Ría de Muros nas proximidades de Monte Louro a que albergue tan importantes restos do paso do pobo fenicio polas nosas costas.

Seguiremos informando

 

 

La gente de mar de Muros desde siempre lo hemos conocido y sospechado y ahora ha sido confirmado por un equipo de buceo-arqueología de la Universidad Autónoma del Barbanza  (UABA.)

 

Os cuento:

 

En la entrada de la ría de Muros, en las cercanías de los arrecifes denominados por la gente de la mar como "O Meixon" y en las cartas náuticas como "Leixoes",  los patrones sabemos desde siempre (por verlas en nuestras eco-sondas) de la existencia de unas formaciones extrañamente lineales que se elevan sobre el lecho fangoso de la ría, a veces hasta una altura de 2 brazas  (casi 4 metros).

Estas formaciones se extienden a lo largo de unos 500 metros en dirección SW.- NE.  en un fondo de de 25 brazas.

 Siempre me han intrigado el porqué de esos extraños ecos que da la sonda al pasar por dicha zona , por eso este verano me decidí a indagar mas seriamente, motivado por el hallazgo de un ánfora en la zona por parte de un pesquero muradano.

  Dicha ánfora fue remitida a la UABA para ser analizada por personal especializado y  en su momento las primeras conclusiones sobre ella mantienen la teoría de que se trata de un ánfora  con claros rasgos y formas que dan a entender una mas que probable procedencia fenicia.

Desde la UABA un equipo multidisciplinar compuesto por arqueólogos del equipo de espeleo-arqueología, catedráticos de historia, y técnicos especialistas en inmersiones prolongadas , todos ellos dirigidos por el prestigioso catedrático de prehistoria de dicha universidad Don Oswaldo Centeno Viejo,  se desplazaron a Muros con la finalidad de investigar el lugar en concreto.

 

Durante varias semanas de arduos trabajos se han realizado multitud de inmersiones extrayendo del lugar infinidad de evidencias  y se ha  dictaminado por parte de los especialistas que las formaciones lineales que se observan desde la superficie con ayuda de los eco-sondadores, son los restos de una muralla de piedra que se ha datado su construcción a finales del siglo VII antes de Cristo. También se ha comprobado la presencia de un cuerpo central intramuros de unos 4.20 metros de espesor envuelto por sendos refuerzos de talud.

Todo esto lleva a pensar y así lo afirman "sotto voce" los participantes en la investigación y todo ello pendiente de la verificación y la atestiguación por parte del Instituto Español de Arqueología , de que pueden tratarse de los restos de la antigua y desaparecida ciudad fenicia de NEIXÓN ; Ciudad que han tratado de ubicar varios investigadores y arqueólogos en distintos lugares de las rías bajas , pero que ante esta apabullante evidencia, será la Ría de Muros en las proximidades de Monte Louro la que albergue tan importantes restos del paso del pueblo fenicio por nuestras costas.

 

Seguiremos informando

servido por homesdepedraenbarcosdepau 11 comentarios compártelo favorito

25 Diciembre 2008

Da pobre condicion humana ( A Ingratitude)

 

1) A Ingratitude.
Complicacións arduas do corazón humano, misterios insondables da natureza; A Vida é un problema, a vida é un arcano e por onde queira axitan o voo soberano dúas aves de rapina, a morte e a tristura. Esquecementos, desenganos, desilusións crueis, incompasivas almas, empeorados soños. Por todas partes loitas, por todas partes feren vasos en cuxos bordos hai delicadas meles pero no seu fondo hai tanto acíbar e veleno... Eu, que perdoeino todo con vontade de aceiro, agora  perdoar  mais  xa non podo  a un monstro aterrador e fero que habita entre os homes e chámase INGRATITUDE.

A Ingratitude é sombra é unha vella escuálida de faz torva e ceñuda que ten por vivenda os peitos depravados

O peor da ingratitude é que sempre quere ter razón.
Benavente

A ingratitude é filla da soberbia.
Cervantes

Mentres se está en situación de facer favores atópanse poucos ingratos.
A Rochefoucauld

A ingratitude non descorazona á verdadeira caridade, pero serve de pretexto ao egoísmo.
Duc de Levis

Os homes adoitan, se reciben un mal, escribilo sobre o mármore; se un ben, no po.
Thomas Moore

servido por homesdepedraenbarcosdepau sin comentarios compártelo favorito


Sobre mí

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau

Homes de pedra en barcos de pau

ver perfil »
contacto »
Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................... IX Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia- Muros 2009 Cartel de Fernando Rei Suscribir con Bloglines Free counter and web stats
Web Site Counter
Site Counter
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM

homenaxe as vitimas do bonifaz na radio -

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera