Logo de La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Se o mar fora de leite...

Categoría: caixon desastre

19 Julio 2008

Un amigo, e unha marina

O outro día fixéronme un agasallo moi especial de forma sorpresiva e inesperada.

Atopeime en Muros co meu amigo Fernando Rei , que aparte de ser arquitecto técnico e tamén un moi bo pintor, e díxome. “ acompáñame un momento que teño algo para ti”. Chegamos a súa casa e no seu estudo de pintor amosoume un óleo , unha marina que o momento recoñecín como os boniteros vascos que estiveron fai uns meses atracados no noso peirao.

Meu amigo díxome, “ si che gusta, e teu!”. Eu mireino entre incrédulo e abraiado , e tan so se me ocorreu dicir, “pois claro que me gusta”.

Os que me coñecen saben que son avaro en verbas , que me costa dicir mais de dúas frases xuntas e por mor dese defecto que me acompaña e padezo dende sempre, non lle din as adecuadas grazas que o meu amigo se merecía por haberme feito tan explendido agasallo.

Para tentar reparar tan imperdoable feito , amósovos o cadro que xa ocupa un lugar preferente no salón da miña casa , e como eu non sei pintar , correspóndolle o meu vello amigho da única maneira que sei , regalándolle un pequeno conto.

Desexo que gustes del tanto como eu o fago ca túa pintura.

Envíote unha forte aperta motorizada en biscuter e adobada de inxenuidade infantil.

Manolo




A VOZ ABANDONADA

En outra parte do mundo, en outra costa , vivía un pescador.

Noutros lugares afastados do mundo, os pescadores non necesariamente teñen que selo de peixes.

De feito este pescador érao de brisas de brumas e de voces, pescábaas no mar.

Todos os días ía a ribeira e tiraba as redes. Cando pescaba brisas sorría ledo, cando pescaba brumas , a melancolía acudía o seu carón, e cando eran voces o que viña nas súas redes , falábanlle i el escoitaba todo o que esas voces lle tiñan que contar. Logo devolvíaas ao mar e íase durmir contento.

Un día pescou unha voz moi grande. Tan grande era que parecía todas as voces xuntas do mundo. A voz, apenas pescada, non deixaba de falar: "Son a voz dun mariñeiro que me abandonou no medio do mar". Non sei por que quixo entregarme ao vento, creo que algún segredo tiña que contar.

O mariñeiro guindoume o vento pero o vento non quixo recollerme e caín o mar , e afundinme na auga. A pesar de que o meu mariñeiro me abandonou, quero volver a el, non podo seguir así. Toda a tarde a voz pescada estivo laiándose e contándolle as súas cuítas . Entón o pescador decidiu non devolvela ao mar e levouna con el para a súa casa. E ao día seguinte, convidou á voz a subir con el na súa barca de vela. A voz aceptou e fóronse buscar ao mariñeiro.

Varios días estiveron dando voltas polo medio do mar. A voz describíalle o lugar onde o seu dono a abandonara , e de golpe berraba: "¡Creo que é alí!". Entón o pescador poñía a proa do seu veleiro a onde sinalara a voz, pero sempre se atopaban co mesmo, auga e ceo.

Ata que por fin distinguiron un dia a vela dun barco, e a voz púxose a berrar como nunca berrara antes. Foron avanzando, avanzando, hasta que se deron de conta que aquel barco era onde tiña que estar o mariñeiro , o dono da voz abandonada.

Apoiado sobre a regala víase o corpo do mariñeiro, inerme . O pescador pediulle ao vento que acelerase a súa barca.

Niso, o mariñeiro ergueu a cabeza e deuse volta en dirección a onde viña a voz. A voz quedou muda por un intre e mesmo parecía que o universo se paraba naquel preciso instante

E entón o mariñeiro estarricou os brazos, as mans, as puntas dos dedos , hasta case tocar a súa voz ...

Pero entón o malfadado vento que antes non quixo acoller a voz no seu seo, agora levouna con el, levándose para sempre, e sempre a sotavento , o seu segredo.




servido por homesdepedraenbarcosdepau 2 comentarios compártelo favorito

29 Junio 2008

Ghalisia , sitio distinto

Nin Galicia , nin Galiza , nin parvallada de mexerico.

GHALISIA , coño !!! Sitio distinto.

(Con perdón)

servido por homesdepedraenbarcosdepau 3 comentarios compártelo favorito

4 Junio 2008

O mellor agasallo do mundo

Non hai cartos , nin ouro , nin xoias que podan superar en xenerosidade e agarimo o agasallo que aquí vos amoso .

...........

O outro día na miña mesiña do ordenador atopei este sobre feito con un folio dobrado.

Dentro del , tres animaliños debuxados ; Un canguro antropomorfo de cor azul . Non coñezo canguro que non sexa así , un Cat de tres patas cun un marcado debuxo nas costas e sen beizos, nin fazulas , nin ollos, nin nariz, polo que se adiviña perfectamente que é un CAT inglés , e un pato marelo como os de toda a vida ... Ou non?

.................

O agasallo mais fermoso que eu puidese nunca desexar , e que tan so a miña filla me podía facer.

servido por homesdepedraenbarcosdepau 3 comentarios compártelo favorito

29 Mayo 2008

Entrevista a sete bandas a Maria Lado



Ola María; esta entrevista é unha iniciativa cultural que parte de homes e mulleres, que compartimos administrar blogues escritos en idiomas diversos, e que formamos parte do espazo da cultura marítima na blogosfera. Ademáis somos afeccionadas e afeccionados á poesía, sendo o teu poemario Berlín unha lectura compartida por todas e todos nós.

...................

El mar és el camí: He vist alguns video-clips amb els teus poemes, i el mateix “Berlín” forma part d’una obra més àmplia, que combina poesia, la música de “Fanny+Alexander” i la teva pròpia interpretació dels poemes. Vas escriure “Berlín” pensant ja en donar-li aquesta dimensió “multimèdia”?

...................

María Lado: Nun principio a escritura de berlín tratábase só de escribir unha serie de poemas, sen máis dimensión que esa. De feito berlín foi un libro feito por encarga para a colección Poeta en Compostela que promovía a AELG, o Concello de Santiago e o xornal Correo Gallego. De modo que nun principio só pretendía ser un libro en papel do máis tradicional. O feito de que despois se convertira nun poemario publicado en rede (a primeria publicación en rede foi na sección Letras de Balde de Arredemo) e máis tarde gañara esa dimensión de spoken word da man de Fanny e Alexander (a quen llo agaradecerei enorme toda a vida, pois foi inciativa deles) foi posterior. Non foi algo que planificara dende o principio. Aínda que si que é certo que teño ese interese en darlle á poesía máis dimensións que a escrita. Esa concepción da obra literaria que traspasa xéneros interésame moito.

...................

El mar és el camí: Tu vas néixer i vas créixer a la Costa da Morte, prop de Fisterra; un lloc on la presència del mar es fa sentir en tot moment. Quina influència té, el mar, en la teva obra? I com és la teva relació personal amb el mar? També el portes “aniñado no peito”, com la Genoveva d’un dels teus poemes?

................

María Lado: Malia que isto pareza un tópico, creo que o mar é algo que marca muito á xente que somos da costa, xa que é un elemento moi potente, algo cunha presencia moi evidente. Para min o mar leva toda a vida aí, forma parte das miñas paisaxes, tanto reais como sentimentais, e por iso é moi recurrente no que escribo, xa que tamén é moi recurrente na miña vida. A miña relación co mar é de fascinación e mesmo necesidade. Fáiseme moi difícil vivir sen el. Pode ser que tamén o leve aniñado no peito como Genoveva :)

.................

Una Mirada a la Ría de Vigo: Los distintos océanos y mares son diferentes; unos más cálidos, otros más fríos, unos con más sal, otros más densos, así la vida que en ellos se desarrolla también es diferente, su color es diferente, su luz es diferente, su olor es diferente, hasta el sabor de su pescado, de su marisco es diferente. ¿Has percibido esa diferencia del Atlántico respecto de otros mares y océanos?

...............

María Lado: Teño a sensación, pero só é unha vaga impresión, de que pode haber unha diferencia -tamén plasmada na literatura, no modo en que se expresa literariamente,- entre océanos como o Atlántico das terras do norte e mares como o Mediterraneo, que , ao meu ver, transmiten unha idea diferente, unha imaxe distinta. Pero isto, xa digo, é algo que só presinto. O que si creo que hai son diferentes maneiras e visións, á hora de achegarse ao mar. Cousas que dependen máis das persoas, do enfoque, das intencións... que do mar en si.

.................

Una Mirada a la Ría de Vigo: ¿Qué tiene de personal e identificativo el Atlántico, por tanto que no tengan otros mares u océanos, para que hayas encontrado allí tu inspiración?

..................

María Lado: Para min o Atlántico é o meu océano, quero dicir que é co que teño trato e o que coñezo, así que iso é o que o fai persoal e identificativo para min, pois forma parte do meu imaxinario íntimo.

..................

Ponto de Encontro: Para escrever uma obra como Berlim não basta só ter inspiração, tem de se ter um estado de alma, preenchido com saudade, melancolia, uma pitada de tristeza, enfim diz-me como foi escrever Berlim?

..................

María Lado: Partindo da base de que foi escrito con moita constancia (pois xa digo que a obra foi un encargo que tiña un tempo de entrega e todo iso) si é certo que superado ese trámite tiven que facer queo proxecto fose meu, persoal e propio e moi afincado en min para poder escribila. De modo que adoptar un estado da alma -por conservar esa denominación que propós- era algo básicamente necesario. berlín é unha historia de amor inventado, algo xa precedido polo fracaso, e para escribilo adoptei tamén esa sensación que oscilaba entre a emoción do imaxinado, con moita tenrura, e unha tristeza na que desemboca todo. Nos meses que o escribín, que creo que foron dous, estiven metida nese ambiente continuamente. Pero sobre todo tiña a sensación de estar escribindo unha historia fermosa de final agridoce. É unha sensación moi bonita deixarse arrastrar así por un libro. Algo que parece un pouco enfermizo, si, pero moi gratificante.

..................

Ponto de Encontro: Para se escrever um poema como Novembro tem de se ter uma relação com o Mar.diz-me, qual a tua relação com o mar e de que forma ele te inspira?

...................

María Lado: Para min o mar é un elemento de forza impresionante que forma parte do meu entorno dende sempre. E dende sempre me inspira de maneiras diferentes; nel atopo imaxes de tránsito, de camiño, véxoo como fonte de vida e tamén animal famento... No caso de nove (que foi finalmente o título do libro onde está o poema novembro que mencionas) o mar gañou un matiz moi violento, moi animal, que se relaciona directamente co sentimento de pertenza a un lugar, o cal tampouco era un lugar moi apracible, senón todo o contrario. O mar é ademais o axente principal das cousas que ocorren no lugar, por iso ten ese carácter en todo o poemario e non outro.

....................

El Observatorio de la Noé: Soy una convencida activista contra el canon por préstamo en las bibliotecas y eso es algo que reflejo en mi blog casi continuamente. Son muchos los creadores que se han manifestado en contra de esta normativa, es por ello que como autora y dado que tu obra es objeto de préstamo bibliotecario, quisiera que me respondieras a la siguiente pregunta: ¿Qué piensas sobre la Directiva 2006/115/CE sobre derechos de alquiler y préstamo, que fija un canon por cada préstamo público de libros y que se viene aplicando en España desde 2007?

.......................

María Lado: Eu creo firmemente que é bo que a cultura sexa de acceso libre e que ademais ese sistema é viable para que tanto autores como outros axentes da cultura poidan vivir dignamente se replantexamos a cousas .

Claro que no sistema actual hai cousas que os autores tampouco poden controlar. Se os meus libros son obxecto de préstamo é algo que eu non podo controlar, pois eu teño libros dos que non teño os dereitos e, doutra banda, non podo pretender saber a onde van todos e cada un dos meus libros. De calquera maneira paréceme unha inxustiza enorme, porque ademais creo que as bibliotecas públicas son un dos maiores tesouros da sociedade, representan en si o acceso libre á literatura. Pola miña banda, eu intento facer o que podo porque os meus libros e textos se poidan consultar libremente, fotocopiar, imprimir, citar... e todo iso sen que se teña que pagar por eles. Non pretendo vivir dos dereitos (así polas boas) do que escribo, senón do que escribo e do que recito.

...................

El Observatorio de la Noé: He leído en alguna entrevista previa que te quejabas de la poca afición que, en general, la gente siente por la poesía. Tus palabras concretamente fueron: “…hay muy pocos lectores y muy pocas personas que asistan a los recitales y eso, me imagino, que en parte es culpa de los poetas.” ¿Por qué piensa que los propios poetas son los culpables de esta situación? ¿Cuál cree que es el mejor método para difundir, así como crear afición a la poesía?

......................

María Lado: A idea que durante moitos anos houbo do poeta era unha imaxe moi marcada pola aureola de tipo inspirado de altura intelectual superior ao común dos mortais. Ou sexa, alguén difícil de entender (comentario co que aínda a día de hoxe me atopo) serio e bastante aburridiño, co seu libriño debaixo do brazo adormecendo ás masas. Tamén está a imaxe do poeta máis social, que –para desgracia dos poetas e da sociedade- vénche sendo un tipo máis cercano pero igual de brasas. Esa é a idea que a xente ten metida na cabeza de poeta. Ou, cando menos é a que eu atopo nos colexios e nos intitutos cando vou ler ou dar talleres e mesmo entre adultos, tamén. Iso é culpa principalmente do sistema educativo, non nos enganemos, que nos graba esa idea a lume na fronte. Pero tamén dalgúns poetas, que se distancian eles mesmos do público, que teñen cinco minutos para ler e len quince, que se agochan detrás do libro e largan os seus textos como quen reza e cousas moito peores que fan que a xente se bote a tremer cando escoita falar de poesía. Aínda así, eu son un pouco esaxerada; non todos os poetas (e isto é así en todos os tempos) son así. Moitos teñen unha imaxe cercana e viva da poesía a así o demostran. E hoxe en día é moita a xente que se ocupa de transmitir esa idea que, durante anos, subsistía un pouco nas marxes da poesía oficial.

Doutra banda a poesía ´é variada e adopta diversas formas e estilos, está en moitos máis sitios que nos poemas (está nas películas, nos videos musicais, na publicidade...) e a xente -e tamén os poetas- comezan a tomar conciencia desa diversificación, o que mata un pouco esa idea clásica de poeta.

....................

Singradura da Relinga: A creación artística en xeral e a literaria en particular non se conciben senón é ligada á comunicación social. Neste sentido hai autores e autoras que seguen circunscribindo a súa acción as redes de distribución tradicionais a través de editoras e librarías.

Na sociedade actual existe outra rede de distrubución de contidos (internet) que non está en competecia coa tradicional, senón que mesmo a potencia establecendo relacións sinérxicas mutuamente proveitosas.

Hai consciencia sobre este fenómeno por parte das autoras e autores galegos e danse pasos cara o aproveitamento da rede a favor da literatura?

......................

María Lado: Eu creo que esa consciencia é aínda moi pouca, quero dicir, que existe e que hai xente que traballa nesa liña, mesmo proxectos comunitarios e editoriais que se achegan a esas novas redes de transmisión. Pero creo que aínda é algo case anecdótico, que é moi pouca a xente que se anima a dar o salto á rede. E é algo que me estraña, e moito, sobre todo entre autores novos, que teñen na rede unha posibilidade incríble de facer chegar os seus textos aos lectores e practicamente non o aproveita ninguén. Non hai máis que ver unha plataforma como aregueifa para darse conta da cantidade de música que hai fronte a uns poucos libros. Sen embargo supoño que é algo que chegará co tempo. Polo de agora penso que a maior parte dos autores seguen precisando ter un libro de papel entre as mans. Tamén me sorprende atoparme con críticos que din iso, que os libros en internet non son libros para reseñar. Que é obra invisible. Iso é algo que me flipa e me parece simplemente unha pequena ignorancia.

.....................

Singradura da Relinga: Berlín é un poemario meritorio non só pola sinxeleza e profundidade da mensaxe, senón que nos parece tamén destacable porque a súa edición para a rede se enriquece coa fusión con otros creadores de ámbitos distintos á literatura; a música “indi” de Fanny+Alexander que están embarcados nun proxecto de contemporaneización da música galega, e na ilustración e o deseño nada menos que coa aportación do debuxante David Rubín.

Esta fusión converte a Berlín en algo cualitativamente distinto, porque a creación interdisciplinar ten unha enorme potencia comunicativa. Tes previsto impulsar máis proxectos das mesmas características?

....................

María Lado: Se todo vai ben, en moi breve tempo sairá en papel e á maneira de toda a vida o poemario nove (do que antes falei) xa que foi gañador dun premio que contempla a edición. Falando co editor que sacará o libro (Fervenza) chegamos ao acordo de que terei liberdade para facer unha edición dixital que tal vez se retrase por cuestións de axenda propia (é que, simplemente, non dou feito :) pero que estará dispoñible nos mesmo termos de descarga que berlín. Non teño aínda pechado todo o que será nove, aínda que me gustaría que fose algo semellante, un proxecto onde se engloban varias expresións.

....................

Beliscos Pequenos: A túa obra é moi persoal, ou iso é o que semella tras varias lecturas. No caso que nos ocupa, Berlín, todo o que expresas está baseado en vivencias reais ou a poesía sempre axuda a construír outros universos?

.....................

María Lado: En berlín hai pouco de experiencia persoal cando menos así á vista. Para construír os poemas o que adoito facer é situar unha pequena amarra coa realidade, un vínculo a min ou a algo que recoñezo que se vai cubrindo e transformando a medida que o poema avanza e se vai convertindo en literatura. A poesía, e a literatura en xeral, son métodos marabillosos para construír outros universos. e ás veces para contruír este, tamén.

...................

Beliscos Pequenos: Utilizaches durante moito tempo a rede para comunicarte cos teus amigos, lectores e expoñer a túa obra. Dende decembro do ano pasado non actualizas o blogue, que foi o que che levou a tomar esta decisión cando agora outros autores están utilizando a rede para o mesmo que a utilizaches ti?

.........................

María Lado: Pois non foi algo planificado. Agora volvín retomar o blog, hai só uns días, pero botei uns meses sen facer nada porque o fun deixando deixando -por outras presións da vida que me restaban tempo-, e así quedou. Non me gusta ter tampouco unha relación de obligación co blog e por veces tiña esa sensación, de modo que deixeino uns meses e, ao comprobar que non pasaba nada (que o mundo non deixaba de rodar nin o ceo se desplomaba sobre as nosas cabezas) foi cando me vin con ánimo e tranquilidade suficiente para volver a el. Para min é unha maneira de forzarme a min mesma a escribir e de probar texos pequenos sen ningunha presión. Doutra banda é tamén un exercicio de comunicación co entorno, de compartir e intercambiar cos outros, ao tempo que vale para iso que todos chamamos autobombo: é dicir, para convocar polos teus propios medios á xente, sen facer carteis nin ter que agardar a que a prensa seria lle interese meter o teu recital, acto ou merenda na axenda do día.

.....................

HomesDePedraEnBarcosDePau: Como xa O_Fartura e Besbe che fan as súas preghuntas en galego , eu , aproveitando que recitas con Gheada e seseo, voume dar o ghusto de faser as miñas preghuntas tal e como falo, en ghallegho costeño, mariñeiro e muradán .

Escoitarche ler Berlín en ghallegho, ca doSe sonoridade que da o “noso seseo costeño”, faime sentir ben , e identificarme mais se cabe ca túa poesía. Pero en Sertos Sírculos , pareSe pecado expresarse co noso aSento.

Non tes medo de que os “deuses” da normativiSaSión lingGHüistica che condenen ó inferno do despreSio?

....................

María Lado: :D a verdade é que o da gheada e o seseo foi unha determinación que tomei dende sempre, dende que empecei a escribir e ler coas xentes do Batallón Literario da Costa da Morte. Para min é honra e orgullo falar coma falo. Ler poesía así é unha maneira de dignificar trazos lingüísticos que están historicamente mal vistos e que, non nos enganemos, nalgúns círculos aínda se ven como algo entre o anecdótico e o pouco aconsellable para a expresión culta. O que si dubidei moito, especialmente a raíz de abrir o blog, foi sobre se debía grafalos ou non, tanto a gheada e o seseo como outros trazos lingüísticos ( como diptongos e terminacións verbais). Finalmente decidín que non, non sei moi ben porque, e ás veces arrepíntome un pouco porque son solucións que co tempo se perderán completamente e eu na fala oral emprégoas a cotío, sendo tamén parte da miña maneira de expresarme.

...................

HomesDePedraEnBarcosDePau: “Quen me dera que todo na rede fose peixe”! Esa sería a maior ilusión para un mariñeiro. Pero por desghrasia non todo na rede é peixe , nin andar no mar é doado.

Naveghar no medio do oséano das verbas, a min, as veses, prodúseme serto mareo , por iso da falta de costume.

Tí que estas máis acostumada a andar neses mares, aínda che dan arcadas ó naveghar por eses caladoiros?

...................

María Lado: Ás veces si, e non por outra cousa que pola cantidade de literatura que aínda me falta por ler....uf! Ás veces entro nas librerías e penso “dios...pero que inculta es mariquiña”.

Foi todo un pracer.

.............

Abofé que o pracer e noso!

Tags: maria lado

servido por homesdepedraenbarcosdepau 4 comentarios compártelo favorito

25 Mayo 2008

Dezanove

Como aperitivo da publicación da entrevista feita por varios blogs e que pronto publicaremos conxuntamente, en varios idiomas da península a María Lado (castellano, portugués , catalá , galego e mais na variante dialectal usada pola xente do mar e nos pobos costeños , o ghallegho) poño aquí a tradución feita por Joan Son de El Mar Es El Cami , do seu poema “dezanove”.

..................

Dinou

has de saber, nen meu,

del port ocult de la ciutat,

construït entre les boires d’abril ares

per al negoci secret del te.

i que allà hi amarra el desig

en les nits emboirades.

i que hi ha una taverna,

un lloc petit que ens coneix com l'atlántico,

on les tripulacions dels mercants fantasmes

abriguen el seu cor de licors

i relaten històries fantàstiques

de les terres dels ametllers

sàpigue-ho, perquè entre elles,

hi haurà qui recordi versos preciosos,

cartes que mai no enviaren els amants,

escrites en llengües de distància.

............

Berlín, María Lado.

Traducción de Joan Sol de, el Mar és el Camí

................

Dezanove

tes que saber, meu neno,

do porto oculto da cidade,

construído entre as néboas de abril ares

para o negocio secreto do té.

e que alí amarra o desexo

nas noites de borraxeira.

e que hai unha taberna,

un pequeno lugar que nos coñece como atlántico,

onde as tripulacións dos cargueiros fantasmas

abrigan o seu corazón de licores.

e relatan historias fantásticas

das terras das amendoeiras

sábeo, pois e entre eles,

haberá quen recorde preciosos versos,

cartas que nunca enviaron os amantes,

escritas en linguas de distancia.

.....................

Joan Sol fai un valente exercicio o poñer no idioma catalán o poema “dezanove” de María Lado .

Esta tradución que non esta escrita en “linguas de distancia” se non nun dos idiomas que enriquecen o acervo cultural da nosa península e por extensión a todos nos.

servido por homesdepedraenbarcosdepau 2 comentarios compártelo favorito

3 Mayo 2008

O mestre de matemáticas

Era o ano 1974 . Eu , aínda apenas un barbilampiño adolescente , comezaba os meus estudos de patrón na escola náutica de Vigo.

O meu mestre de matemáticas naquel primeiro curso, era un entrañable ancián , (ou iso mo parecía a min, mirado dende a curta atalaia dos meus escasos 15 anos) co pelo cano, gafas de grosa montura e modais sosegados.

Chamaba a miña atención o feito de que mentres nós , os seus alumnos , tratabamos de desentrincar algún problema matemático proposto polo mestre, el na súa libretiña de notas que sempre levaba no peto interior da súa americana, escribía ensimesmado coa súa estilográfica. Eu pensaba que o mestre estaba a resolver tamén as ecuacións que a nós nos propuxera , pero levado pola miña curiosidade, un día o entregarlle o meu exercicio, puiden ver que o que eu creia números , eran letras , e o que pensaba eran problemas matemáticos eran versos.

Don Xosé María Álvarez Blázquez , meu mestre de matemáticas, estaba a compoñer entre problema e problema , na clase de matemáticas versos tan fermosos como o que acompaña aquí este texto , musicado nesta ocasión por Suso Bahamonde.

servido por homesdepedraenbarcosdepau 6 comentarios compártelo favorito

29 Marzo 2008

O mar e mais ti

Non importa canto eu crea sufrir, ese sentir pasará. Porque non estou só na vida, son parte do mundo e son parte de ti; moitos máis tamén sofren e viven, sofren e soñan.
Contemplei as últimas espigas de luz no horizonte. Pechei os ollos e deixeime ir. Soñei que a túa man maina, como caricia de pluma, pousábase no meu ombro e dentro das miñas pálpebras agromaron as bagoas.

Non necesitaba xa das palabras, porque xa posuía todo canto mais desexaba , o mar , un solpor e a ti.

As fotos foron tiradas esta semana entrando na ría de Muros a altura de Monte Louro.



servido por homesdepedraenbarcosdepau 4 comentarios compártelo favorito

8 Marzo 2008

EU TAMEN SON!!!!!

Eu tamen son

Isaías Carrasco Miguel

servido por homesdepedraenbarcosdepau 1 comentario compártelo favorito


Sobre mí

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau

Homes de pedra en barcos de pau

ver perfil »
contacto »
Suscribir con Bloglines Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes.
Web Site Counter
Site Counter
HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera