Logo de La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Se o mar fora de leite...

3 Febrero 2007

Maruxa ondas do mar, Maruxa brisa do ventos

Vou a facer Maruxiña
un axóuxere de cunchas,
e con el heiche arrolar
susurrando as sons do mar.

E ca néboa do amanexo
fareiche unha touca fina
para cubrir os cabelos
louros da miña filla.

Cun anaco de coral
ei argallar un anel
para meter dentro del
o luceiro da mañá.

E con farrapos de vento
tecerei un berce puro,
para cando faga escuro
cantarche nanas en el.

E coas ondas,e coa brisa,
e con raiolas de sol,
unha lanterna dourada
que aloumiñe o teu solpor.

E con cantos de sereas
E rumor do vendaval
Unha cantiga fermosa
Con todo sabor do sal.

Heiche de dar Maruxiña
o que so che pode dar,
o teu pai que e mariñeiro
e pódeo coller do mar.

Tags: maruxa, ondas, do, mar, brisa, ventos

servido por homesdepedraenbarcosdepau sin comentarios compártelo favorito

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau

Homes de pedra en barcos de pau

ver perfil »
contacto »
Suscribir con Bloglines Free counter and web stats Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes.
Web Site Counter
Site Counter
HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera