Tonteria Nº2

Íncubos
A luz baila tebrosa
sobre a faciana da auga;
convértese en sombra,
convértese en sangue.
Que agroma e bebo
Consumindo polos meu demos,
acomódome nun curruncho do mundo
repousando no teu peito tenro,
onde pouso a miña fría fronte.
A cada pouco, erguidos sabor das sombras,
chegan os vellos amigos da noite.
que cravan achas nas pálpebras
para non deixar que pechen.
Mentres eu miro como a luz baila tebrosa
sobre a negra faciana da auga,
Coa miña xélida fronte pousada sobre o teu peito
Se o mar fora de leite...

Marta dijo
Hai moito íncubo y súcubo soltos...pero poucos, que eu saiba, fan poemas.
Unha aperta
18 Marzo 2007 | 05:56 PM