Camiñando xuntos (1)
Parroquia de Serres


Saio da casa polo camiño da Rola entre terreos recen plantados de patacas , casas vellas de pedra algunha delas en ruínas e cabaceiras; nunha volta do camiño podo contar hasta unha ducia delas. Hainas de catro pes que eran as que posuían as familias mais humildes ou as que menos ferrados de labrado tiñan , e tamén as de oito pes que eran xa dos mais podentes da aldea . Algunhas están rematadas nos seus cumes por cruceiros,
outras en vez de cruces teñen uns pináculos de pedra en forma de pirámides moi alongadas , (esas debían ser as dos ateos.)
Os antigos camiños de carro agora están cubertos de cemento ou de asfalto para permitiren o acceso dos automóbiles, pero por algures aínda agroman laxes onde se poden ver a rodeiras das rodas dos carros. Centos de anos pasando os carros cas bestas polos mesmos lugares, lañaron as pedras, deixando profundos sucos. Fai vinte anos aínda se podía ollar algún carro xunguido cas súas vacas , pero agora xa non quedan nin carros nin vacas para xunguilas.
Un pouco mais adiante atraveso o regato do “Catelán” pola ponte do “Morouson”. Esta ponte esta feita nova de cemento , pois fai uns anos, a vella que había feita con laxes de pedra levouna a riada.
O regato do Catelán leva auga sempre , aínda que no verán baixa moi desmellorado.
Unhas ducias de pasos mais e chegamos o “Morouson.” Un grupiño de tres ou catro casas illadas as que agora chega o camiño asfaltado , pero as que non fai moitos anos había que acceder por camiños de pe ou de carro as mais das veces enlamados .
A partires de aquí arranca a estrada que sube cara a aldea de Ventín. Un pouco mais de un quilometro entre leiras e loureiros , herbais e piñeiros , e unha vista sobre a case totalidade da parroquia de Serres que fai dano a vista do fermosa que é.
Abícasmos as primeiras casas de Ventin logo de unha suave e fermosa subida; despois de deixar atrás o “Canseliño”, Chegamos a “Laxiña” centro neurálxico da aldea onde se agrupan as casas arredor dunha especie de praza en pendente .
A Ventín chámano o lugar das bruxas . Eu podo dar fe de que si, algo ten aquel fermoso lugar que enfeitiza , de feito e fun engaiolado xa fai mais 25 anos por unha das meigas mais fermosas da aldea. Poderoso feitizo debe ser o das meigas de Ventín, pois aínda hoxe, logo de tantos anos,sigo enfeitizado como a primeira hora.
´
Caminando juntos (1)
Salgo de la casa por el camino de la “Rola” entre terrenos recen plantados de patatas , casas viejas de piedra, alguna de ellas en ruinas y hórreos; en un recodo del camino puedo contar hasta una docena de ellas. Las hay de cuatro pies que eran las que poseían las familias mas humildes o las que menos hectáreas de labradio tenían , y también las de ocho pies que eran de los mas pudientes de la aldea . Algunas están terminadas en sus cumbres por cruceros, otras en vez de cruces tienen unos pináculos de piedra en forma de alargadas pirámides, (esas debían ser las de los ateos.)
Los antiguos caminos de carro ahora están cubiertos de cemento o de asfalto para permitir el acceso de los automóviles, pero por alguna parte aún brotan losas de piedra donde se pueden ver la roderas de las ruedas de los carros. Cientos de años pasando los carros con las bestias por los mismos lugares, lañaron las piedras, dejando profundos surcos. Hace veinte años aún se podía ver algún carro unido con sus vacas , pero ahora ya no quedan ni carros ni vacas para unirlas.
Un poca mas adelante atravieso el riachuelo del “Catelán” por el puente del “Morouson”. Este puente esta rehecho de hormigón, pues hace unos años, el antiguo que había, construido con losas de piedra se lo llevó la riada.
El riachuelo del Catelán lleva agua siempre , aunque en el verano baja muy desmejorado.
Unas docenas de pasos mas y llegamos al “Morouson.” Un grupillo de tres o cuatro casas aisladas a las que ahora llega el camino pavimentado de asfalto , pero a las que no hace muchos años había que acceder por caminos de pie o de carro casi siempre enlamados .
A partir de aquí arranca la carretera que sube cara a la aldea de Ventín. Un poca mas de un kilómetro entre fincas y laureles , herbales y pinos , y una vista sobre la casi totalidad de la parroquia de Serres que hace daño a la vista de lo hermosa que es.
Divisamos las primeras casas de Ventin después de una suave y bucólica ascensión; después de dejar atrás el “Canseliño”, Llegamos la “Laxiña” centro “neurálgico” de la aldea donde se agrupan las casas alrededor de una especie de plaza en pendiente .
A Ventín lo llaman el lugar de las brujas . Yo puedo dar fe de que sí, algo tiene aquel hermoso lugar que hechiza , de hecho yo fui cautivado hace ya hace mas de 25 años por una de las meigas mas hermosas de la aldea. Poderoso hechizo debe ser el de las meigas de Ventín, pues aún hoy, después de tantos años, sigo hechizado como el primer dia.
Se o mar fora de leite...

Marta dijo
A verdade é que as veces un bo paseo é o mellor libro de historia, só hai que saber mirar.
Creo que hoxe paseamos moitos contigo e, ainda que moito menos ca ti, nos enfeitizaron as paisaxes de Muros e as bruxas, meigas ou o que sexan de Ventín
Unha apareta, Manolo
19 Marzo 2007 | 08:43