Tonteria Nº 3

pasará tamén hoxe:
e chegará a primavera.
......................
Días lánguidos.
Nunha aldea de Muros
escóitanse ecos.
................................
Sopra o poñente,
e no abrente amontóanse
as enchidas nubes.
..................................
Melancolía,
máis que o ano pasado:
tarde de primavera.
..................................
Choivas de marzo.
E enfronte do pequeno regato
un par de casas.
O inverno
a ónde terá ido?
E o barco ancorado?
Se o mar fora de leite...

Marta dijo
¡Que pouco primavera me parece esta primavera¡. Nin sequera escoitando a Vivaldi me fago á idea de que xa rematou o inverno.
Non é raro, despois dun inverno que non parecía inverno e dun outono que parecía veran...
Aledome que polo menos a alguén lle inspire esta primavera tan extrana.
Unha aperta
20 Marzo 2007 | 10:38 PM