Logo de La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Se o mar fora de leite...

25 Abril 2007

A morte do señor Pedro

O señor Pedro marchou na segunda metade do século XIX sendo case un neno para a emigración como ultimo recurso para fuxir da miseria e da fame. Sen haber ido un so día da súa vida a escola e sen saber ler nin escribir, estaba destinado a ser aló en ultramar un pobre “gallego” mais de tantos que se gañaría os cartos traballando de sol a sol nalgunha facenda .

Pero o señor Pedro tiña ansias de saber e polas noites na barraca onde malvivia xunto con outros desarraigados da terra como el, aprendeu a ler e a escribir axudado por un ourensán que tiña unhas poucas “letras”.

E un mundo novo abriuse diante del ! Comezou a devorar libros e a facerse unha idea de como era en realidade o mundo, e claro...quedóuselle pequeno o seu.

Abandonou a cabana e a facenda e abriu en compaña de outro veciño da súa vila e cos poucos aforros que posuía unha tenda de coloniais aló en Usuaia , no cabo do mundo.

Nunca se fixo rico en cartos nin en bens , pero adquiriu unha firme conciencia social lendo a Marx e a Engels e unha mais que aceptable cultura lendo a Proust , Zola, Nietzsche ou Kant.

Sendo xa maior e habendo xuntado uns cartiños decidiu volver para a súa aldea a disfrutar dos anos que lle quedasen de vida.

E o señor Pedro deixou a emigración e retornou xunto ca súa xa moi extensa biblioteca para a aldea que o vira nacer, o lugar de Riomao na parroquia de San Xián de Torea do concello de Muros; Na segunda década do século XX .

A maioría seus antigos veciños mirábano con admiración e tratábano con gran respeto , pero outros criticábano por expoñer en publico as súas ideas liberais, e un dos seus mais enconados inimigos era o cura da parroquia.

Pasaron os anos e tempo pasaba maino para o señor Pedro que vivía case que sempre encerrado na súa casa entre os seus libros, hasta que estalou a guerra.

O señor pedro foi un dos primeiros veciños do noso concello en ser preso polas “cuadrillas” de militantes falanxistas. Unha noite daquel verán do 1936 presentáronse na súa casa unha partida de falanxistas muradáns abordo do Peugeot , propiedade do “Cabaneiro” para prendelo. Os motivos que esgrimiron os esbirros para retelo foron o de posuír libros “revolucionarios” e dar cobixo o garda municipal republicano Manuel Lago Ramos , mais coñecido por “Outeiro”.

O día 22 de Agosto de 1936 o señor Pedro embarcárono abordo dun camión cara a Santiago para ser posto a disposición do comandante militar da praza; Nunca chegou o seu destino. Na costa de San Xusto no concello de Lousame , preto do mosteiro de Toxosoutos foi asasinado .

A noticia da súa morte correu como a pólvora por entre os veciños de Muros e as mulleres (sempre as mulleres) mentres enchían as súas caldeiras de auga arredor da fonte dos picholos na porta do concello, empezaron e berrar contra os alí reunidos. Os gritos de ASASINOS!xurdiron con forza dos peitos daquelas valentes mulleres e retumbaron nas paredes do vello concello, mentres os homes ca boina tombada sobre os ollos para ocultar o seu medo e a súa vergoña mantíñanse afastados da praza.

O xefe local das milicias falanxistas berraba para tratar de facerse oír ante a corporación municipal de que non foran eles quen o mataran , que foran os falanxistas de Ribeira os que “pasearan” o señor Pedro e exculpaba de calquera responsabilidade no suceso os seus compañeiros Goday, Ferro Vello e outros. Xa tanto daba quen fora!...

Os restos mortais do Señor Pedro Priegue Priegue Veciño do lugar de Riomao da parroquia de San Xian de Torea foron soterrados o carón dunha curva do camiño onde lle foi quitada a vida.

Foi morto por saber, e xunto a el quixeron matar as súas ideas.

servido por homesdepedraenbarcosdepau 9 comentarios compártelo favorito

9 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Marta

Marta dijo

Os meus respetos a Don Pedro Priegue, que o seu nome viva eternamente para a sua honrra e como lembranza da ignominia dos sus inimigos.

Podeste imaxinar o que me gustou a historia do Señor Pedro, có teu permiso vou imprimila e leerlla aos meus alumnos (14-18 anos) cando demos o Alzamento militar do 18 de Xullo do 36. Ë necesario que estas cousas non se esquezan, son partidaria de recuperar a memoria histórica, as victimas o merezen ainda que algún teñan que poñerse colorados.

Será o meu particular homenaxe a un home tan interesante, autodidacta e victima da irracionalidade. Estes exemplos son necesarios para que non se repita a historia. Por outra parte góstame o relato porque normalmente se ten a sensación de que en Galicia todo o mundo mirou e calou, e non é verdade, houbo moitos coma as mulleres de Muros que lle prantaron cara os partidarios do golpe de Estado.

Precioso e desesperanzador relato, encantaríame ter un semellante no meu blog.

Unha aperta admirada

25 Abril 2007 | 02:55 PM

Ra

Ra dijo

Qué bonito. LLego aquí desde Torredebabel, sin previo aviso ni invitación, pero llegar a Muros siempre es llegar a buen puerto.
Un saludo y enhorabuena por su blog.

25 Abril 2007 | 03:32 PM

Jose Dominguez Dominguez

Jose Dominguez Dominguez dijo

Lamento mucho no poder corresponder y escribir este comentario en tu lengua, pero comprenderás que al vivir fuera de Galicia no me fue dada esa posibilidad.

La mento lo ocurrido al Señor Pedro que, por otra parte y desgraciadamente, les ocurrió también a otro muchos españoles. La última línea de tu post es totalmente esclarecedora: "Murió por saber, y junto a él quisieron matar sus ideas"

¡Exactamente, por eso mismo lo mataron a él y a tantos otros! Manuel Rivas, lo denuncia de forma magnífica en "La lengua de las mariposas". El Pueblo no debe saber, no debe tener conocimiento, ya que así es más dócil y manejable por los poderosos y caciques. Hoy día, más o menos, y a pesar de los fabulosos medios con los que se cuenta para "hacer saber" al Pueblo, se han "inventado" otros medios para tenerlo sujeto a las ideas dominantes - que siguen siendo, las de la clase dominante - y continuar manejándolo a su antojo.

Te contaré, si me permites, una anécdota: Navegaba en un barco de pesca por el Índico y, cada vez que me reunía en las comidas con el jefe de máquinas, siempre me comentaba lo bueno que había sido Franco y su Régimen, y lo malo que era la democracia actual. Lo curioso era que este hombre, gallego de nacimiento, tuvo que emigrar como tantaos gallegos y del resto de España en los 60 para buscar unos medios económicos que su propio país - ese de Franco - no le concedía.

Yo, no es que me sienta muy satisfecho de lo que tenemos, pero en fin, creo que siendo medianamente objetivos podremos decir que si que existe diferencia favorable a esta democracia otorgada si se la compara con el nefasto y cruel régimen franquista. Como vés, aún hay que mucho que leer en este país para que el Pueblo sea realmente libre y adquiera conciencia de ciudadano.

Un saludo, y perdona lo extenso de mi comentario.

25 Abril 2007 | 04:50 PM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

Para min seria unha verdadeira honra que leses os teus alumnos a historia do señor Pedro Priegue, dese modo tamén contribuirías a que a súa memoria se espalle e perdure mais no tempo. E si pode servir de exemplo e de reflexión para algún dos teus alumnos , entón será bo.

Mortes coma a do señor Pedro houbo a milleiros durante a guerra civil e por ámbolos dous bandos , pero neste caso concorren circunstancias moi doentes.
O delito que cometeu o Señor Pedro foi ter cultura, unha cultura que nin por asomos posuían os seus verdugos e tamén cometeu a grandísima falta de acoller na súa casa a un axente da lei, un municipal que era afecto o réxime republicano o cal e escusado lembrar que era o legalmente constituído.
O que non sabían os seus asasinos e que podían matar o home, pero de cando acá poden as balas matar as ideas? Poderá o medo e a represión tapar bocas e pechar ollos e oídos pero nunca poderán matar a razón.

Os memoria verdugos do señor Pedro diluirase entre a indiferencia e o tempo pero a do seu reo , pervivira para sempre entre a da xente de ben.
unha aperta, Marta

25 Abril 2007 | 05:42 PM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

Ra, no necesitas invitación para entrar aquí puedes hacerlo siempre que lo desees, yo haré lo propio en tu blog el cual ya he visitado y me parece muy interesante.
Además trayendo "recomendación" de Torredebabel tus visitas serán doblemente agradecidas.
Un saludo y te leo

25 Abril 2007 | 05:52 PM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

Yo lamento no poder traducir todos mis post al castellano José. Si has ojeado alguna de mis entradas anteriores podrás haber comprobado que traté de construir un blog bilingüe, pero me robaba demasiado tiempo el traducir de un idioma a otro todos los artículos, así que me decanté por mi lengua materna, la cual domino menos que el castellano (que contrasentido) pero que me resulta mas agradable para escribir.
No obstante hay un enlace en mi página que traduce automáticamente los post al castellano, aunque el resultado final de esa traducción suele ser como mínimo desalentador.

Tratar de buscar sentido o justificación a cualquier muerte violenta, sea de donde sea el verdugo o el reo es como mínimo indignante. Pero hay asesinatos que tratan, aparte de quitar vidas, matar ideas y eso siempre será una vileza además de un acto estéril.

Gracias José por tu muy erudito comentario el cual adorna y enriquece mi bitácora

Buena navegación y buena guardia (¡vaya! se me ha colado esto) deformación profesional, supongo.

Un saludo y leo también tu muy interesante bitácora.

25 Abril 2007 | 06:09 PM

Jose Dominguez Dominguez

Jose Dominguez Dominguez dijo

No te preocupes Manuel, puedo leer directamente tu bella lengua.

Participo de la misma idea que tú, un asesinato es siempre un asesinato, venga de la mano que venga, pero creo que siempre se pueden establecer gradaciones, no para justificarlos pero sí para intentar comprenderlos, si es que esto puede ser posible. Por ejemplo, la defensa propia puede ser un atenuante.

Respecto a lo ocurrido durante la II República también tengo mi particular visión, claro. Los desmanes y asesinatos cometidos en la zona republicana, creo que se cometieron por "elementos descontrolados" - no voy a entrar en las causas - y nunca a una política de Estado; por el contrario, los cometidos en la zona rebelde se correspondian con una estrategia preestablecida desde antes del inicio del golpe militar por los estrategas del mismo, basta leer, como prueba, las declaraciones de Mola, Franco y Queipo de Llano, entre otros, y las actuaciones de Yagüe, dando barra libre a sus tropas africanas para cometer todo tipo de atrocidades con las mujeres y con los hombre que caían en su poder.

Creo que estos ejemplos son suficientes para demostrar que todos los asesinatos, no pueden ser iguales sino que hay algunos aún más salvajes e incomprensibles que otros.

Gracias, por tu blog y tu visita al mío.

Te deseo, igualmete, .. ¡buena mar y buena proa!

Un saludo.

25 Abril 2007 | 07:23 PM

juanhe

juanhe dijo

Tristes hitorias como la del S.r Pedro y actos criminales de ese indole durante la guerra civil,son incontables.
Me parece muy buena idea que Marta relate la hitoria a sus alumnos para que se den cuenta de en que resultan la ignorancia y el fanatismo.
A finalizar la primera y segunda guerra mundial no emigraron solamente gallegos, sino millones de europeos. En países escandinavos como Noruega y Suecia muchas aldeas quedaron vacías de gente debido a la emigración, se iba en busca de algo mejor y estos no eran los que mas hambre pasaban porque en toda Europa en aquellos tiempos los había tan pobres que no tenían esa posibilidad de emigrar para la tierra prometida.

25 Abril 2007 | 08:17 PM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

La intolerancia, el fanatismo y la falta de cultura son peligrosos aliados y esas eran las armas y las “razones” que poseían los asesinos del señor pedro, para cometer tal vileza.
En ambos bandos hubo desmanes, pero un bando defendía la legalidad de un gobierno débil e ineficaz pero constitucional y el bando contrario eran unos golpistas salva-patrias ansiosos de poder.

Y un régimen totalitario lo primero que busca y estimula es la ignorancia de las masas, por lo tanto proscribir la cultura y a sus poseedores y divulgadores es siempre una de sus primeras tareas.

Luego llega todo lo demás, la opresión, las arbitrariedades el hambre y el destierro o la muerte.

Un saludo

25 Abril 2007 | 09:03 PM

Escribe tu comentario





Sobre mí

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau

Homes de pedra en barcos de pau

ver perfil »
contacto »
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego The Sea and Sinbads Ship - Rimsky Korsakov Suscribir con Bloglines Free counter and web stats Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes.
Web Site Counter
Site Counter
HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera