Logo de La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Se o mar fora de leite...

29 Julio 2007

Rescate no mar

Hoxe, remexendo polo internet atopeime ca bitácora dun tripulante do helicóptero de rescate PESCA 1 adscrito a consellería de pesca da Xunta de Galicia.

Venme a memoria un episodio vivido no mar abordo do Sidri Rober no mes de Abril do ano 2000 no que a tripulación do citado helicóptero xogou un importante papel para salvar a vida dun compañeiro meu.

O arredor das 11 e media da maña do día 3 de abril do ano 2000 faenabamos nunha zona de pesca chamada “ O PROFUNDO”. O vento era fescachon do NW con rachas de forza 7 a 8 durante os chuvascos, os cales eran cada vez mas frecuentes.

Ante tal panorama , decido dar por rematadas as faenas de pesca e marchar para porto en espera de mellores condicións meteorolóxicas. Chamo o persoal para virar as artes e o finalizada a labor aviso o meu patrón de costa para que suba para a ponte a facerse cargo do goberno do barco. Non chegou a subir...

Sinto dende a ponte os berros de auxilio do meu patrón e compañeiro e abrindo a trapela que da acceso o gardacalores vexo que esta caído no chan con síntomas de padecer algún tipo de síncope.

Comprobado o estado de gravidade do meu compañeiro, decido chamar o centro de coordinación de salvamento Finisterre para obter axuda, eles póñenme en contacto con un medico a través da radiotelefonía.

Cos síntomas que eu lle relato o doutor , el decide que se trata posiblemente de un accidente cerebro-vascular (como así foi) . e decide que hai que evacuar o doente canto antes.

Atopabámonos a unha hora e media do porto mais preto polo que deciden mobilizar o helicóptero de rescate PESCA 1 que ten a súa base en Vigo. Mentres nos achegabámonos a toda maquina para terra.

O PESCA 1 tardou en chegar a nosa vertical aínda non unha hora dende que fixemos a nosa primeira chamada de petición de axuda.

Ver a silueta do aparello achegarse a nos foi enormemente tranquilizador , pois o estado do noso compañeiro parecía agravarse por momentos.

Seguindo as indicacións do piloto puxen o barco aproado o vento e dende o helicóptero descolgouse o rescatador con moito perigo para a súa integridade física , pois o vento arrepiaba e o mar escachaba na proa do Sidri facendo que cabecease de forma violenta.

Logo de bater por un par de veces no costado de barco , foi quen de pousar na popa e enganchar o noso compañeiro o cal nos xa tiñamos preparado cun chaleco salvavidas posto e con roupa de abrigo.

Esta pronta actuación do PESCA 1 foi posiblemente o que salvou a vida o noso compañeiro , o cal hoxe en día aínda pode contalo na compaña da súa muller e as súas fillas.

Unha vida mais que teñen que apuntarse no seu computo os arriscados tripulantes do PESCA 1.

Salvado de las aguas (Los Puntos)

servido por homesdepedraenbarcosdepau 8 comentarios compártelo favorito

8 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Oli

Oli dijo

Eses equipos de rescate fan unha labor moi importante, e de valorar, e ti fixecheslle de esta maneira un bo homenaxe,
BICOSS!!!!

30 Julio 2007 | 12:00 AM

Salvado de las aguas

Salvado de las aguas dijo

Posiblemente a chegada do helicoptero en tan corto espacio de tempo,o traslado en ambulancia a santiago,o bo facer dos neurociruxans,(pois son uns profesionais como a copa dun pino).Todo eso con tanta rapidez,axudaron a que siga neste valle de lagrimas,pero nada,nada,nada de todo eso seria posible,sin o saber estar e saber o que facer en todo caso,do patrón do Sidri Rober(Manolo),o cal estarei agradecido de por vida.Por todo eso,e por seguir aqui gracias a ti,somente me queda decir unha palabra ben alta e forte GRACIAS MANOLO.

Pd.Salvado de las aguas é unha canción dos Puntos,escoitarala podeche gustar.

30 Julio 2007 | 05:28 PM

torredebabel

torredebabel dijo

se o relato impresiona tanto, non quero nin imaxinar como foi vivilo. O dito, moit máis do que sabemos fan eses traballadores do rescate e da axuda. Graciñas pola historia!

31 Julio 2007 | 01:46 AM

ARIES

ARIES dijo

Os equipos de rescate fan unha gran labor ,arriscando a súa vida pa salvar a de outras persoas ,gracias pesca 1.E sobre todo MIL graciñas a tí que que pola tua rapidez e intuición pode seguir entre nós esa GRAN PERSOA

!!!! GRACIAS MANOLO!!!!

Pd.Salvdo de las aguas é unha fermosa cación que pa min ten moito significado

Apertas.

2 Agosto 2007 | 05:03 PM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

Oli
Pódese decir que fan o seu traballo , pero e unha labor abnegada e arriscada.
Un traballo que consiste en salvar vidas alleas arriscando as veces as propias.

Creo que teñen ben gañado o noso modesto homenaxe

Bicos Oli

4 Agosto 2007 | 03:00 AM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

A túa amizade , a cal valoro como un dos meus mais grandes tesouros, faite crer que fixen algo inusitado ou meritorio naquel intre.
Non , meu ben estimado amigo , tan so fixen (acompañado dos teus outros compañeiros) o que calquera outro faría na mesma situación.
O mérito e da xente como os tripulantes do PESCA 1 que arriscan as súas vidas a cotío para tratar de preservar as nosas.
Unha aperta

4 Agosto 2007 | 03:14 AM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

Torredebabel

Son intres nos que unha adecuada coordinación de medios e de persoas levan a que se poda preservar a integridade física do accidentado.
Neste caso o meu compañeiro puido salvar a súa vida gracias a eficaz intervención do helicóptero.

Si esa mesma situación se houbese dado tan so uns poucos anos antes onde non existían eses medios de salvamento nas nosas costas probablemente o meu amigo nos estivese agora entre nos.

Unha aperta ao menos lonxe

4 Agosto 2007 | 03:28 AM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

Aries

Coincido plenamente contigo en que é unha gran persoa e un excelente amigo.

Como podes comprobar xa puxen a canción de Los Puntos.

Parabéns

4 Agosto 2007 | 03:35 AM

Escribe tu comentario





Sobre mí

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau

Homes de pedra en barcos de pau

ver perfil »
contacto »
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego Alala das Marinas - Uxia Suscribir con Bloglines Free counter and web stats Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes.
Web Site Counter
Site Counter
HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera