Mensaxe nunha botella
Está a rematar o día 28 de decembro , festividade dos Santos Inocentes. E non quero alongar mais a broma que me permitín a osadia de poñer na miña paxina. Doeríame de verdade haber escamado a alguén , pois tan so pretendía roubar dos beizos, un sorriso. OLI, XOCAS, AMIGA ATLANTICA, TORREDEBABEL e mais AMIJA. Entono un “mea culpa” ben grande , e se tedes a ben imporme algunha penitencia, tratarei de soportala ca maior e mellor dignidade posible. Apertas e bicos Nota . A suposta carta que dende Australia me enviaba Catherine, redactouna a noiva de meu fillo Alberto, Kassandra. O sexa que se queredes impor penitencia tamén a ela...

Non sei como empezar, estou nervoso pola nova que acabo de recibir.
Eu houbo un tempo que tódolos días cando ía para o mar , collía nunha maquina expendedora de bebidas refrescantes dúas botellas de Coca Cola.
Nestas botellas logo de baleiradas as veces metía un papel co nome do barco, unha situación xeográfica por coordenadas e mais a miña dirección de correo electrónico, e logo de ben pechadas , tirabas o mar.
De todo isto fai xa mais de tres anos, e nunca mais supen.
Agora acabo de recibir un correo que me deixou totalmente abraiado!!!
Pego a qui a mensaxe orixinal en inglés e logo cóntovos.
Hi, let me introduce my self. My name is Catherine Thompson and I am from Last weekend I was walking alongside the sea in a so cute beach, “Cronulla”, close to In that moment I felt like a little kid when they have a fabulous present. I opened the bottle and started to read the letter. The problem was that the letter was in a different language so I introduced the text in Internet and translated it. The letter was a bit distorted, I think that it is probably about the water. Maybe, even with the bottle so closed, some water could filtrate through it. I don´t know when you send the bottle, why you send it, and so on. I have so much questions about this matter. In the letter I rode an e_mail address to get in touch just in case. That is the way I am in touch with you. I am till in shock about this issue, I can´t believe that something like that could happen. I am really anxious and, believe me, a bit nervous. I never saw the same. It was so great if you could get in touch with me and tell me how it could happen. I know that it is a bit confuse and incredible. I will send you a photo about the bottle enclosed. My e_mail is: XXXXXXX@gmail.com A prompt replay will be appreciated. Thanks so much

Para os que como eu non sexades destros no idioma inglés , cóntovos o que mais ou menos ca axuda dun tradutor on-line puiden comprender.
Catherine dende Australia dime que paseando co seu can por unha praia preto de Sidney atopou unha botella de cola que parecía ter un papel dentro.
O abrir a botella puido comprobar que o papel tratábase dun mensaxe , do que a pesar de estar algo húmido e bastante deteriorado puido ler un nome (M/P SIDRI ROBER), unhas coordenadas xeográficas , e unha dirección de correo electrónico ( a miña).
Que se pon en contacto comigo para saber si realmente eu tirei esa botella o mar e si é así parécelle incrible que houbese chegado a botella a Australia en 3 anos.
Acabo de contestar o seu correo e espero que me de mais detalles para poder contarvos mais polo miúdo o caso.
....
Catherine enviame tamén dúas fotos do achádego que poño aqui.
A primeira e o papel do mensaxe e a segunda é a botella na praia, tal como a atopou o seu can.
Se o mar fora de leite...


Oli dijo
Vaia, e incrible, xa nos contarás o que che contesta a rapaza ó teu mail...acabasme de deixar abraiada!
BIQUIÑOS!!!
28 Diciembre 2007 | 07:32