Con Franco viviamos mellor
Onte despois de comer unhas boas ameixas a mariñeira e unha mellor caldeirada de bacallau , todo elo regado cuns inmellorables caldos nun restaurante próximo a vila de Laxe, e cando xa despois do postre , discutiamos sobre o divino e mais do humano con una copa de licor café na man... un dos tertulianos deixou caer o consabido (CON FRANCO VIVIASE MELLOR!!!).
Por desgraza, aínda nos tempos que nos toca vivir , nunha sociedade onde calquera pode acceder a todo tipo de información para poder así afastarse da ignorancia e da intolerancia; aínda ,como dicía, impera a mais pueril falacia , de reclamar , de añorar o potente e asasino brazo protector do vello ditador.
A única desculpa que pode ter o meu contertulio é que non estando acostumado a beber , se lle subisen os miolos os efluvios etilicos do viño e mailo licor , facendo que despotricase de maneira tan penosa .
Para mostra de intolerancia e de ignorancia deixo aquí estes vídeos , que son de dominio publico pois está aloxados en youtube.
PENOSOS MOI PENOSOS!!!!!!!
Se o mar fora de leite...

mercedes dijo
o alcohol fai estragos,!! pero por desgracia, hai xente (pouca) que ainda pensan como o teu amigo. Ao mellor el vivia mellor,pero o que si e certo q non a maioria da xente.
hay de todo!! saudos
24 Febrero 2008 | 08:30 PM