Logo de La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo mar

2 Marzo 2008

O Isla de Cebú

Esta semana estivemos pescando pola zona de Estaca de Bares e o pasar preto do cabo que separa o Cantábrico do Atlántico veume a memoria o naufraxio acontecido no Cab o da Estaca do Isla de Cebú , un vapor correo da compañía Trasatlantica antigamente nomeada Compañía de Filipinas, propiedade do navieiro Antonio López y López , marqués de Comillas.

Antonio Lopez (Marqués de Comillas)

.........

Saíra o Isla de Cebú dende o porto cántabro de Santander con destino a La Habana o mércores 20 de febreiro do 1889 , e un día despois , rodeado dunha mesta néboa, embicou ca súa proa nas rochas da pedra Aceiteira , rachando o seu pantoque e quedando preso nunha cama de pedra, a cal seria a súa tumba.

Non houbo que lamentar desgrazas persoais , pero moitos dos pasaxeiros que emigraban con todas as súas pertenzas, perdéronas o abandonar precipitadamente o vapor , quedando os mais deles en moi precarias condicións económicas.

.........

Posuía o Isla de Cebú as seguintes características.

Media 117 metros de eslora, 11.72 de manga e tiña un calado de 8.97 metros.

Movía as súas 6.220 toneladas de desprazamento con unha maquina de vapor que desarrollaba 2.400 H.P.

Fora construído en Escocia no ano 1878


O 22 de febreiro de 1889 , o periódico galego La Voz De Galicia, publicaba nas súas paxinas o seguinte telegrama recibido dende a súa corresponsalia en Bares.


El vapor Isla de Cebú embarrancó esta madrugada a las cuatro en la Estaca de Bares a consecuencia de la inmensa cerrazón. Dicho buque lo mandaba el capitán señor Portuondo. El número de tripulantes asciende a 105. Conducía 145 pasajeros. Tan pronto como embarrancó El Isla de Cebú, comenzaron a desalojar el vapor los pasajeros, desplegándose tal actividad que a las doce estaban salvados todos, incluso las señoras y los niños. La tripulación abandonó el buque cuando se consideró a éste totalmente perdido. Los pasajeros y la tripulación fueron alojados en Puerto de Bares. Este vecindario presta todo género de auxilios a los náufragos. El buque y la carga se consideran totalmente perdidos. Aquí se espera que venga un vapor que conduzca a La Coruña a los náufragos. El vecindario, a pesar de sus buenas disposiciones, es impotente para remediar la aflictiva situación de los pasajeros y tripulación, pues hasta faltan alimentos para tanta gente. Han salido de esta para Puerto del Barquero y Vivero varios propios con encargo de adquirir víveres. No hubo ninguna desgracia personal.

…………

Preguntei os vellos mariñeiros da zona e casi ningún se lembra do suceso , e non saben o por que a Pedra Aceiteira do Cabo da Estaca de Bares chamanlle tamen a Pedra do Cebú.

..........

Para saber mais, visitade a excelente páxina do noso amigo Vicente Sanahuja VIDA MARITIMA

servido por homesdepedraenbarcosdepau 2 comentarios compártelo favorito

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

torredebabel

torredebabel dijo

coma se non fose xa moita pena a de emigrar para que pasen estas cousas. Gustanme moitísimo estas historias que contas!

6 Marzo 2008 | 10:39 PM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

Torredebabel

Supoño que en todas as costas do planeta se dan historias como estas. Ainda que as de aqui por seren mais cercanas logran que nos identifiquemos mais coas traxedias e coas vitimas.

Apertas

8 Marzo 2008 | 07:16 PM

Escribe tu comentario





Sobre mí

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau

Homes de pedra en barcos de pau

ver perfil »
contacto »
Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................... IX Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia- Muros 2009 Cartel de Fernando Rei Suscribir con Bloglines Free counter and web stats
Web Site Counter
Site Counter
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM

homenaxe as vitimas do bonifaz na radio -

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera