Logo de La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Hasta o nordés lle senta ben a Muros. (Costesia de murosdesanpedro.com)

22 Marzo 2008

A CANOA MURADANA

Hai xente que anda embarcada, hai mariñeiros, e tamén hai PESCADORES e mais HOMES DE MAR. De estes últimos teñen a gala ser, e mais fachendear deso (porque poden) os vellos mariñeiros xubilados de Muros.

Claro que poden ter fachenda!, e estaren orgullosos de ser alcumados como HOMES DE MAR!, así, con maiúsculas , téñeno ben gañado ; É un alcume que tan so se acada cos anos, cousa en que os nosos xubilados son excedentarios , un sobrenome que dignifica a nosa xente, os nosos maiores que dedicaron a meirande parte da súa vida a percorrer os mares na procura dos mellores cardumes de peixe en barcos de pesca ou transportando todo tipo de mercadorías a bordo de enormes mercantes que sucaban todos os océanos do planeta.

Ser xubilado e ser de Muros ten aparellado de por si o titulo de HOME DE MAR.

E aínda que estes homes xa remataron as súas singraduras sobre as ondas , non queren nin poden esquecer o que levan dentro e polo tanto todo o que sexa dignificar o mar, a súa xente, e mailos seus traballos é a súa prioridade mais perentoria. Por iso a asociación muradán de xubilados do mar XUBIMAR , é un colectivo que traballa arreo en varios proxectos relacionados co mar , con Muros e mais co seu colectivo.

No medio de esas actividades teñen o proxecto de restaurar unha vella e fermosísima embarcación tradicional ,a CANOA MURADANA .

Pedro Caamaño e Mais Xosé Manuel Barreiros, que son dous dos integrantes de XUBIMAR , tiveron a ben amosarme os traballos que están a realizar na canoa e mailo que teñen pensado facer con ela.

Contábanme que a “Canoa Muradana” foi construída por “Laraila”, alcume que posuía este carpinteiro de ribeira e mariñeiro de esta vila, aló polos anos 70 do pasado século.

As súas dimensións son:

4.50 metros de eslora

1.50 metros de manga

E 0.54 metros de puntal.

Esta embarcación tradicional muradá dedicouse no seu tempo a pesca do polbo na nosa ría e tamén faenou con palangre e con redes ocasionalmente , hasta que o seu dono a gardou nun galpón o deixar de andar no mar.

Os anos que pasou protexida a Canoa Muradana da intemperie, fixeron que o seu estado de conservación sexa excelente e que con uns poucos arranxos poda volver a navegar gallarda e orgullosa ca súa vela de relinga polas augas da nosa ría patroneada polos nosos maiores.

Que orgullo para calquera de nós, poder volver a ver a MURADANA cando estea lista navegar de novo.

.......

Comentaba tamén con Xosé Manuel e mais con Pedro que a pesar de estar eu cerca de cumprir o medio século de vida , non teno case ningunha lembranza dos barcos tradicionais de vela que enchían a nosa dársena e mailos peiraos non fai moitas décadas, e da pouca ou nula cooperación dos distintos gobernos autonómicos para tratar de evitar este esquecemento das nosas tradicións entre a xente nova. . E dicíanme eles que iso era o que tratan de acadar ca restauración da canoa, que non se perdese con eles a lembranza de aquela maneira de andar o mar.

A emoción facíase patente nas súas facianas o recordar aqueles tempos, nos que sendo aínda nenos vían os seus pais chegar a porto a bordo das canoas.

Tamén comentaban que o orgullo de cada patrón era ter a súa canoa e maila súa vela en perfectas condicións, pois era a súa posesión mais prezada por constituír o seu medio de vida. Orgullosos e fachendosos de que a súa canoa navegase con tan so unha “fría de vento”, porque desa maneira aforraban moitas horas de boga .

....

O destino final da Canoa Muradana é volver a sucar de novo as augas, armada ca súa nova vela de relinga e representar en certames e concentracións a nosa vila e a nosa xente do mar, facendo desta maneira que entre as novas xeracións que non vivimos aquel tempo e aquela maneira de navegar non se perda a tradición no fume do esquecemento

Xosé e Pedro o pe da CANOA MURADANA
Vaia fasquia!! vai a ser unha pombiña no mar
18 cuartas de boa madeira

servido por homesdepedraenbarcosdepau 11 comentarios compártelo favorito

11 comentarios · Escribe aquí tu comentario

de muxia

de muxia dijo

q curioso! en mi pueblo, tan cerca del tuyo, solo conoci las gamelas o ya los barcos de pesca, pero esas canoas, son parecidas a dornas de Riveira ¿no?

24 Marzo 2008 | 10:20 PM

João

João dijo

Em Portugal no rio Douro existiam umas embarcações parcidas, e em Viana do Castelo tambem existiu uma que foi recuperada e lhe perdi o rasto, usada pelo pessoal da Alfandega, apelidada de escaler da Alfandega que esteve exposta no no museu MunicipalI Encontro de Embarcações Tradicionais realizado em 2000.
Tenho algumas fotos que posso mostrar.
Que os bons ventos vos tragam a sulcar as aguas do nosso mar.

João Barcos do Norte

25 Marzo 2008 | 01:10 AM

Hugo

Hugo dijo

Éche ben bonitiña! Noraboa á xente de Xubimar, que gracias a persoas como eles os que somos máis novos temos a sorte de poder aprender e así entender o porqué de tanta cousas.

25 Marzo 2008 | 05:35 PM

cruxens

cruxens dijo

Moi boas! Feitiçeira é ela coma si soa, quen a vexa naveghar a todo trapo pola ría!, tralos sarghos, pulpos e rebalos.
Pareçe que cada ría ten o su tipo de embarcaçión, a canoa na de Muros, a dorna na da Arousa, as ghamelas de Muxía e... seghuro que hai máis por ahí.
Un saúdo

27 Marzo 2008 | 07:04 AM

O_Fartura

O_Fartura dijo

Que preciosidade de barco. Ademáis da fasquía a autenticidade da súa "biografía" representa un plus para esta canoa.
Noraboa a Xubimar e grazas a Manuel pola información que resulta moi valiosa para todos os colectivos que andamos na nosa Ría a pular pola cultura mariñeira.
Grazas Manuel.

27 Marzo 2008 | 01:53 PM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

De Muxia

A variedade enriquece a cultura, en esta caso a "Cultura Mariñeira" e as nosas costas teñen variedad de embarcaciones tradicionales.
En Muros eran a lancha do xeito e a canoa

Apertas

29 Marzo 2008 | 02:02 PM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

Joao

É incrível o constatar a grande variedade de embarcações utilizadas por nossa gente do mar. É a riqueza da diversidade.
Aqui, ao norte do Minho, a diversidade na topologia da construção naval tradicional se pode observar em poucos quilômetros de litoral. Na foz de Arosa , a dorna era e ainda é predominante na pesca artesanal e na foz de Muros à qual tão só separa da anterior a sierra do Barbanza , a canoa ( buceta) e a “lancha xeiteira” foram até há poucas décadas as embarcações usadas por nossa gente de mar.

Abraços Joao e obrigado por teu comentário

30 Marzo 2008 | 04:32 PM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

Hugo
Coincido totalmente contigo nas felicitacións os integrantes de Xubimar. Grazas a eles non se perderan as nosas tradicións nin as nosas costumes.
Apertas

30 Marzo 2008 | 05:11 PM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

Cruxens

Eu non son un especialista en embarcacións tradicionais , pero podo apreciar o agarimo da xente maior polos barcos nos que traballaron e pescaron de mozos. Que non se perdan é un pouco traballo de todos.
Cada vez voume implicando un pouco mais nesto da recuperación de embarcacións e podo comprobar a paixón que ergue entre a xente que nalgún tempo navegou neles.
Apertas

30 Marzo 2008 | 05:16 PM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

O Fartura
Aproveito aquí para trasladarvos as felicitacións da xente de Xubimar polo traballo que estades a facer ca canoa da Esteirana.
Estades a conseguir entre todos que eu, un verdadeiro profano en temas de embarcacións tradicionais , ma vaia interesando e implicando cada vez mais nesta tarefa.
Sinto non ter agora aquí a xente como meu pai, que con tan solo oito anos era levado no colo do seu pai para o mar a bordo da lancha xeiteira da familia , nin terme interesado mais no seu momento polo que el me podería ter contado de aquela forma de andar no mar. Pero aínda estou a tempo de recuperar o tempo perdido e de feito grazas a todos vos xa comecei a miña andaina no fascínate mundo das nosas embarcacións tradicionais .
Apertas

PD grazas pola reseña que fas na Singradura da Relinga de este post.

30 Marzo 2008 | 05:27 PM

Ti tamén contas

Ti tamén contas dijo

Este post paréceme moi interesante e recomendarei a súa lectura aos "meus nenos", xa que están a facer traballiños de investigación en torno ao mar.
Aquí en Vigo existe a "Escola Obradoiro Mar de Vigo" que fai traballos de recuperación de embarcacións tradicionais. Hai pouco un grupo de rapaces foron visitala e trouxeron unha reportaxe: Unha visita a MAR de interesante, que se pode ver na seguinte ligazón:
http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=29776

Penso que aínda hai moitas persoas que valoran e que se sinten orgullosas da súa cultura e das súas tradicións, polo que debemos ter a esperanza de que, entre td@s, sexamos quen de conservalas.

30 Marzo 2008 | 06:46 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau

Homes de pedra en barcos de pau

ver perfil »
contacto »
Suscribir con Bloglines Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes.
Web Site Counter
Site Counter
HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera