O mar e mais ti
Non importa canto eu crea sufrir, ese sentir pasará. Porque non estou só na vida, son parte do mundo e son parte de ti; moitos máis tamén sofren e viven, sofren e soñan.
Contemplei as últimas espigas de luz no horizonte. Pechei os ollos e deixeime ir. Soñei que a túa man maina, como caricia de pluma, pousábase no meu ombro e dentro das miñas pálpebras agromaron as bagoas.
Non necesitaba xa das palabras, porque xa posuía todo canto mais desexaba , o mar , un solpor e a ti.
As fotos foron tiradas esta semana entrando na ría de Muros a altura de Monte Louro.
Hasta o nordés lle senta ben a Muros.
(Costesia de murosdesanpedro.com)


Ti tamen contas dijo
Só se me ocurre unha plabra: fermosísimo.
29 Marzo 2008 | 08:32 PM