A lenda do Buque Pantasma

O holandés errante é o nome dado a un buque creado pola fantasía e o temor supersticioso de sucesivas xeracións de homes de mar. En principio, a desgraciada lenda deste buque pertence ao conxunto de sinistras historias que xorden trala profanación da festividade do Venres Santo. O home de mar, especialmente nos anos que nace a lenda, é crente de firmes conviccións e, en moitas ocasións, moi supersticioso. Incluso nos nosos días óense a bordo dos buques, nas conversacións da lonxa ou na baiuca do porto, explicacións moi peregrinas a fenómenos cientificamente estudados hasta a saciedade, como o dos lumes de San Telmo, algunhas clases de lóstregos e as auroras boreais...
A versión máis coñecida da lenda do holandés cóntanos que un capitán chamado Van Straaten saíra do porto por unha aposta no día de Venres Santo asegurando, ao serlle lembrada a solemnidade do día, que o faría mal que lle pesase a Deus. A súa blasfemia foi castigada coa súa morte, a de toda a súa tripulación e a desaparición do buque. Pouco despois da época imprecisa en que se sitúa o suceso apareceu de novo o buque na zona do cabo de Boa Esperanza, sempre era avistado con mal tempo e nestas ocasións víaselle intentar unha virada por avante que continuamente fallaba, e que intentaba unha e outra vez sen éxito. Ao dicir dos narradores, o buque non gañaba millas, non podía tomar porto e estaba condenado por Deus a tal situación ata o día do Xuízo Final.
Co tempo foron aparecendo modificacións en varios dos elementos da lenda, por exemplo no nome do impío capitán que mandaba o buque ou na zona xeográfica onde aconteceu o suceso. Segundo Walter Scott, o buque de referencia ía cargado de ouro, a rivalidade e a cobiza naceu entre a tripulación e finalmente cometeuse un crime a bordo; o castigo divino foi a aparición dunha epidemia que acabou coa tripulación, condenada a vagar eternamente nos citados paraxes. Os aditamentos ou accesorios á lenda primitiva obsérvanse en esta como en todas as lendas de calquera parte do mundo, sen embargo o seu nome permaneceu inalterable no tempo e a súa historia sempre se lembrará co nome de "A lenda do Buque Pantasma".
Se o mar fora de leite...
Joan Sol dijo
Hola, Manuel!
Sin duda la historia del holandés errante es una de las leyendas más populares sobre barcos fantasma, y que tiene numerosas versiones. A mi me ha recordado otro caso que leí de jovencito y que me impresió: la historia del "Mary Celeste", verídica en este caso. Sucedió en 1872. El bergantín goleta norteamericano zarpó de Nueva York en noviembre, cargado con barriles de alcohol. A bordo iban la esposa del capitán, la hijita de ambos y una tripulación de siete hombres. En diciembre, el "Dei Gratia" encontró al "Mary Celeste" navegando sin rumbo entre las Azores y la península ibérica. Cuando subieron a bordo encontraron las bodegas secas y la carga intacta, pero la tripulación había desaparecido. Faltaba una de las yolas del barco, así como los papeles del capitán y algunos instrumentos de navegación. No se hallaron signos de violencia a bordo; pero, por algún motivo, la tripulación había abandonado el barco precipitadamente. Y núnca más se supo nada de ellos.
Sobre tan misteriosa desaparición también se han barajado numerosas hipótesis: que si comieron alimentos en mal estado, tuvieron alucinaciones y se arrojaron todos por la borda; que si fueron abducidos por un ovni; que si cayeron bajo la influencia del triángulo de las Bermudas... El misterio del "Mary Celeste" es de esos casos que entran de lleno en el terreno de los fenómenos paranormales. Pero la explicación más plausible es la que sugiere que, en una situación de mal tiempo, el capitán pensó que el barco se hallaba en peligro inminente de hundimiento y ordenó abandonarlo; y que el pequeño bote zozobró y todos se ahogaron. Pero el "Mary Celeste" no se hundió y continuó navegando solo, como un buque fantasma, alimentando su fascinante leyenda. Pese al atractivo de esos relatos fantasmagóricos, cuando leí la historia del "Mary Celeste" por primera vez, sentí un escalofrío al pensar en la pobre hija del capitán y en su horrible final.
Mantente alejado de los fantasmas, marinero.
15 Abril 2008 | 12:12