Logo de La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Se o mar fora de leite...

26 Abril 2008

Homenaxe as vítimas do Bonifaz

Fai uns meses publicaba aquí, nesta bitácora, a triste historia do naufraxio do petroleiro de bandeira española pertencente á Naviera de Castilla, Bonifaz.
Neste Naufraxio, acontecido o día 3 de xullo de 1964 en augas próximas a cabo Fisterra, perderon a vida vinte e cinco persoas, catro delas veciños de Muros.

A raíz da publicación deste articulo, varios familiares das vítimas do Bonifaz puxéronse en contacto para agradecerme que mantivese viva a chama da lembranza sobre o naufraxio e sobre os mortos e desaparecidos nel.

Unha desas persoas foi, Piedad Hortensia Pereda Muñoz, que xunto cas súas catro irmás fillas todas do matrimonio formado por Gregorio Pereda Sotero e Ángela Muñoz Manso, ambos desaparecidos nesta traxedia, quedáronse orfas a unha idade moi temperá. O seu tristeiro testemuño impactoume e me emociono de maneira moi profunda.

De Piedad tamén partiu a idea de realizar unha homenaxe as vítimas do Bonifaz, aquí en Muros. E desde ese instante, o poder chegar a concretar esa idea e lograr facela realidade, converteuse en algo prioritario para min.

Debido á falta de tempo libre de que dispoño, pois paso na mar cinco dos sete días da semana, a empresa de cristalizar a idea en algo tanxible, era para min unha empresa ardua, por non cualificala de imposible; Aquí chegados a este punto entra en escena a recén creada asociación muradana SORUM. Expuxen a nosa idea perante a súa xunta de goberno, e ao momento acolleron esta iniciativa como súa propia , comprometéndose a xestionar diante do concello e diante das demais administracións publicas, os apoios e as axudas necesarias para levar a bo porto a nosa empresa.
Onte mesmo me comunicaban que por parte do concello muradán , incluíase a iniciativa dentro das xornadas lúdico-culturais de “Muros Mira ou Mar” a celebrar os días 12 e 13 do próximo mes de Xullo.

A data da homenaxe será o día 12 de Xullo (sábado) e constará de tres actos.

1º Acto civil que probablemente se celebrará no salón de actos da casa da cultura de Muros.

2º Acto relixioso, a celebrar na igrexa parroquial

3º Ofrenda floral polas vítimas, que posiblemente se fará o pé de “a vella”, escultura no paseo muradán en lembranza dos desaparecidos na mar.

Aínda faltan por perfilar varios detalles de organización e intendencia, pero xa irei publicando nesta mesma páxina todos os detalles.



servido por homesdepedraenbarcosdepau 7 comentarios compártelo favorito

7 comentarios · Escribe aquí tu comentario

vicente sanahuja

vicente sanahuja dijo

Manuel,

yo tengo mas tiempo que tu, si necesitas que te ayude en algun trabajo, estoy a tus ordenes.

Vicente

30 Abril 2008 | 09:10 PM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

Hola Vicente

Toda la documentacion y las noticias publicadas por la prensa en los dias posteriosres al naufragio me serian de un gran valor. No dispongo de tiempo para visitar hemerotecas y seguro que en ellas se podria encontrar valiosos testimonios sobre el naufragio.

Apertas

3 Mayo 2008 | 01:12 AM

Piedad Hortensia

Piedad Hortensia dijo

Hola Manuel, no se como agradecer a toda la gente que nos está aportando todo, en este homenaje, de momento solo se me ocurre una pequeña poesía de mi tio(ya difunto).

Para vosotros Pescadores, con todo mi cariño.

LA VIDA DEL PESCADOR

La vida del pescador es cruel y dura
tiene poco dulzor, mucha amargura
sufre con gran dolor toda su vida
siente lo que es amor, en noche y día.

Salió a pescar el pescador en su barquilla
y se adentró a la mar que lo atraia
cuanto amor, cuanta esperanza
sentía el pescador en la mar que
le aguardaba.
Herminio Muñoz. 13/08/1995

13 Mayo 2008 | 08:59 PM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

Gracias por la hermosa poesia Piedad y por la parte que me toca como pescador

Apertas

18 Mayo 2008 | 10:28 PM

LEANDRO TAJES

LEANDRO TAJES dijo

Hola a todos;

Soy nieto del desaparecido Antonio Tajes en el fatal naufragio del Bonifaz. Antes de nada felicitar a los responsables de esta entrañable página web que a más de un vecino de Muros lo sensibilizará con todos estos recuerdos. Es muy interesante toda esta información acerca del naufragio y saber todos los detalles.
Me he enterado que en julio se realizarán unos actos en homenaje a las víctimas y desaparecidos, aunque trabajo bastante lejos de mi pueblo, Muros, intentaré estar en esos días para recordar a mi abuelo junto a mi familia.

Un saludo desde Bávaro, Rep. Dominicana.

Leandro Tajes

23 Mayo 2008 | 03:29 PM

homesdepedraenbarcosdepau

homesdepedraenbarcosdepau dijo

Ola Leandro:
Eu non coñecín persoalmente o teu avó , pois era moi neno cando ocorreu a traxedia do Bonifaz , pero si puiden coñecer a túa avoa a os teus tíos en estes pasados días no que fomos a Baño para por o corrente os teus da nosa iniciativa.

Alédame saber que estarás na VILA nas fechas da homenaxe , así teremos a ocasión de coñecernos e de saudarnos .

Por certo , hoxe ei ir a Baño para devolver a túa avoa a foto que me facilitou para poñer na paxina , xa lle comentarei que re puxestes en contacto.

Apertas

25 Mayo 2008 | 11:23 AM

Leandro Tajes

Leandro Tajes dijo

Saúdos de novo Manuel;
Eu tamén teño ganas de conocerche persoalmente, es se todo vai ben verémonos no vindeiro mes de xullo.
A foto publicada do meu avó na web é a mesma que temos todos os familiares na casa.

Sen máis, un saúdo e ata a próxima.

Leandro

27 Mayo 2008 | 04:09 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau

Homes de pedra en barcos de pau

ver perfil »
contacto »
Suscribir con Bloglines Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes.
Web Site Counter
Site Counter
HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera