A Vella da "A Xesta"
(Fomos ficando sós / o Mar o barco e mais nós) Manuel Antonio
..........
O meu ben estimado amigo, Marcelino García Lariño, Aparte de ser un gran e ameno conversador é un magnifico escritor e poeta . Fai uns días agasalloume coa lectura de varias das súas composicións, as cales todas teñen, o meu modesto entender, un alto valor literario, e de entre elas fixeime nunha poesía dedicada e estatua “da vella” . Esta escultura que é un símbolo moi querido para todos os muradáns , representa a unha vella sentada , mirando cara o mar . Espera a vella ver chegar pola bocana do porto o seu fillo que saíu un día para o mar e nunca regresou . Nos actos que temos programados na honra das vítimas do petroleiro Bonifaz o día 12 de xullo, habemos facer o pe de esta escultura unha ofrenda floral , e pedimos a Marcelino que nos compuxese unha poesía que el mesmo recitara no acto. Esta é a poesía que Marcelino lle dedica a vella
Á VELLA DA “A XESTA”
- Choraba e chora na A Xesta,
- Sempre o fai mirando ó mar;
- A vella chora, e máis chora,
- ¿por quen estará a chorar?
- ¿Chorará polo seu home,
- por seu fillo, por seu pai,
- chorará polo seu noivo,
- polo amigo, polo irmán?
- Chora por calquera deles
- Que un día estando a pescar
- enguliuno unha galerna
- e nunca máis veu voltar.
- Calquera muller de Muros
- Sempre ten por quen chorar;
- Non hai no porto familia
- Sen afogado no mar.
- Hoxe, nunha estatua viva,
- A vella sigue a chorar,
- Mesmo na punta da “A Xesta”,
- Soíña, fitando ó mar.
Se o mar fora de leite...
O_Fartura dijo
Boa poesía para unha boa iniciativa.
Parabéns e un saúdo mariñeiro.
3 Mayo 2008 | 09:14 PM