hortaderoura » Ultima actividad de sus amigos | La Coctelera

hortaderoura

Colleita 2.012 (16/02/12)

Este ano (2.011) a colleita de viño foi bastsante abundante e adiantouse uns 15 días a outros anos.Collín o viño da horta en tres etapas e máis o de Sahorta tamén (Barrantes). Con dúas ou tres lúas menguantes funotrasegando para purificalo e onte empecei a embotellalo. Tiña algunha botellas do ano pasado e pedíralle outras poucas ao Peto du Cruc...

hortaderoura

Na casa de meu padriño ( 12/02/11)

O meu padriño chámase Juan Leis Lariño, e, tamén coñecido por Juan de Alonso. Para o 20 de setembro cumprirá 88 anos. Cando a min me boutizaron, aló por xaneiro do ano 42, meus pais querían que me apadriñara meu irmán o máis vello, que daquela tiña 11 anos e tres meses, pero o cura, o Sr. Lourido, considerou que era demasiado novo para ese come...

hortaderoura

Concerto Mans Unidas (10/02/12)

O venres, día 10 de febreiro do presente ano, na igrexa noiesa de San Martiño celebrouse un Concerto a prol de Mans Unidas , no que interviña, coma sempre, a Coral Montemar, de Noia e da Pobra do Caramiñal.    O acto escomenzou ás 20,00 horas, despois da Misa da tarde, que oficiou D. Eladio.    Ao remate do Santo Sacrificio (aquí a Coral c...

hortaderoura

Paseo matinal pola praia de San Francisco (09/02/12)

Hoxe, o paseo matinal fíxeno algo distinto deste días. Saín sobre as 8,15 da casa e baixei pola de María Rosa cara a Heladería. Dalí seguín polo arcén ata o Restaurante Enxebre. Atravesei a estrada 550 e baixei á praia. Seguín ata a caseta de Abelardo e dei volta camiñando polo areal. Voltei ata o espadanal ou Praia dos Coristas, atravesei as pe...

hortaderoura

Camiño limpo (07/02/12)

No paseo matinal de hai uns días, como non tiña moito tempo para facer o acostumado percorrido, tiña pensado subir ao Calvario, un montiño que sube cara ao Leste do convento dos PP. Franciscanos e que ten unha especie de monolitos coas 14 estacións do Viacrucis. Desde a casa lévame uns 15 minutos ata a última estación. Como quería andar un pouc...

hortaderoura

Unha altura de 218 metros (29/01/12)

Porque quen tiña que vir o 28 chegou algo tarde, deixei o meu coche debaixo da carballeira e durmeu fóra do cercado.    Á mañán, cando me levantei para dar o paseo matinal, por aquelo variar de ruta, collín o coche e leveino ata Fonte Cavada.     Aparqueino onde sobe  a estrada de terra cada ao monte, e empecei a subir pola serpe do camiño ...

hortaderoura

Un paseo distinto (23/01/12)

Onte, día 23 de xaneiro, tiña que ir solicitar ao Xulgado de Paredes unha partida de nacemento para un familiar. Sabía que o Xulgado abría ás 8,30, e, como era a hora do paseo diario e matinal, para matar dous paxaros dun tiro,  fun co coche ata a capela da 3ª Persoa. Deixeino alí e baixei polo Campo das Ovellas para pasar por diante da casa, o...

hortaderoura

Dez meses de Iago C. B. (xaneiro/12)

O día 5 de xaneiro o noso neno fixo dez mesiños. Xa hai tempo que vai a guardería, en Santiago, porque seus pais traballan e non poden atendelo. Entre finais de decembro e principios de xaneiro foron os tres (seus pais e máis el) a Tenerife, nun "raite" duns 8 días. O rapaz xa ten experiencia viaxeira, porque xa foi 2 veces ás Canarias e unha...

hortaderoura

Concerto en Barbadás (15/01/12)

O domingo, día 15 de xaneiro, a Coral "Francisco Añón", de Outes, desprazouse a Barbadás, na provincia de Ourense, para devolverlle a visita á Coral "San Mauro", da localidade. Saímos ás 15,30 da tarde da nosa base, e, pasando por Noia, para recoller a seis coralistas-Pedro e Angeles, Paco e Benigana e Alejandro e Claudia- arribamos a Barbadás,...

hortaderoura

Concerto de Nadal en Muros (25/12/11)

Desde o ano 1.995, a Coral Montemar, baixo o patrocinio de Excma. Deputación Provincial de A Coruña, ven organizando na Colexiata de Sta. María do Campo, de Muros, un Concerto de Panxoliñas.    Nun principio facíao ela soa, pero, logo, foron agregándose a ditro concerto distintas corais do concello: A Coral "Don Diego de Muros", a Coral "San...

hortaderoura

Paseo vespertino na véspera dos Reis Magos (05/01/12)

Onte non puden facer a regramentaria camiñata matinal e aproveitei que fun lavar o coche a Portecarral (non Porto Carral, como acostuman a dicir algúns, que viñeron de fóra da parroquia) e, feito o labor, aparquei no camiño que vai para Os Casás, frente á entrada do agro, onde estaba o antigo depósito de butano.    Collín o paraugas, para evi...

hortaderoura

Dúas actuacións intermediadas (18/12/11)

O día 18 de decembro, domingo, como era sabido, tiña que  facer un concerto ás 6 da tarde no Centro Social de Outes, coa Coral "Francisco Añón".    Como , ao surxirlle o pase final de A Coruña á Coral Xuvenil Solpor, eu non podía estar en dous lugares áo mesmo tempo optamos por que me dfixera o Concerto de Outes D. Alejandro Guillermo, o Pro...

hortaderoura

Panxoliñas en Noia (17/12/11)

Según estaba previsto na programación da Sociedade Liceo, a Coral iniciou os Festivais de Nadal o día 17 ás 9 da noite.    Fixéronse unha morea de Vilancicos (12 en total), entre os que destacaban os tres que lavara á Coruña o día 6 de decembro, ao Teatro Colón: Mariñeiro, de Rogelio Groba; A Virxe cántalle ao Neno e Hodie Christus natus est...

hortaderoura

Solpor en Vigo e máis na Coruña (17 e 18 de decembro)

A Coral Xuvenil Solpor, milagrosamente, foi seleccionada para participar na dobre final do Festival de Vilancicos de Novacaixagalicia.     O día 17 de decembro, ás sete da tarde, estivo no Auditorio de Novacaixagalicia, en Policarpo Sanz, antes Teatro García Barbón de Vigo e actuou, entre un elenco de 12 corais en 2º lugar, a petición do seu...

hortaderoura

Festival de Panxoliñas en Serres (11/12/11)

O día 11 de decembro, a Coral San Xoán de Serres, a falta de outra data, sinalou como día para facer o seu Festival "navideño" o día de autos.    A Coral invitada era a de San Eleuterio de Tella (Ponteceso), presidida por D. José Manuel Pérez Cerdeira e dirixida por D. Daniel Canosa Castro.    O festival tivo lugar nas instalacións do Pozo ...

hortaderoura

Tres actuacións nun día (10/12/11)

Onte era a festa de Nª Sª do Loreto, Patroa da Aviación Española.    No Acuartelamento do EVA 10 (Monte Iroite), do que está ao frente o Cte.  D. Lino Iglesias Posada, celebrouse a festa anual correspondente, na que, ademais, se entregou un guión, doado polo Concello de Ribeira a Unidade Militar devandita.    Neste actos estivo presente o x...

hortaderoura

Tres actuacións nun día (10/12/11)

Onte era a festa de Nª Sª do Loreto, Patroa da Aviación Española.    No Acuartelamento do EVA 10 (Monte Iroite), do que está ao frente o Cte.  D. Lino Iglesias Posada, celebrouse a festa anual correspondente, na que, ademais, se entregou un guión, doado polo Concello de Ribeira a Unidade Militar devandita.    Neste actos estivo presente o x...

hortaderoura

Outras catro corais no Teatro Colón (06/12/11)

Na sesión de mañán do Festival de Vilancicos de Novacaixagalicia -11, que tivo lugar no Teatro Colón de A Coruña o día 6 de decembro, actuou en 2º lugar a Coral "Liceo de Noia", que cantigou Mariñeiro de Groba, A Virxe cántalle ao Neno - canción inédita e con Angeles Filgueira como solista-, e Hodie Christus natus est.   En 4º lugar interviu ...

hortaderoura

Cinco intervencións nun Festival (03/12/11)

Hoxe inaugurouse na Coruña o Festival de Vilancicos de Nova Caixa Galicia 2011.    Nel interviñeron, na sesión da mañán (12,00), dez corais, das que cinco eran  de lugares que bordean a Ría de Muros e Noia.    En terceiro lugar subiu ao escenario a Coral "Francisco Añón" de Outes, que dirixida por Belén Barreiros Fernández interpretou os s...

hortaderoura

Un día de moito traballo (07/11/11)

O día 7 de novermbro tiñamos que facer un funeral en San Lourenzo de Agrón ás 12 da mañán, pero saiu o día antes un enterro en San Mamede da Pena, ás 11.    O Sr. que nos chamou (Tanatorios "La Unión") díxonos que era posible facer os dous e así o fixemos, aínda que ao segundo chegamos algo xustos de tempo.    Saíndo do segundo, chegamos a N...