Paula Fernández Ordóñez » Ultima actividad de sus amigos | La Coctelera

queixa

cuestión de sorte

onde se agochan as meigas Perder e ganar, así é o xogo da vida. En   cada movemento que facemos estamos arriscando. A vida ao igual que nunha partida de damas, conta o factor sorte, non só a sorte, pero tamén, porque moitas veces a nosa sorte non depende soamente de nos, senón, dos movementos alleos. Imaxinádevos que mañá, día da lotería naci...

queixa

democracia?

As democracias son, o novo invento político pra xustificar os abusos. No nome das democracias, esa forma de goberno que debería defender os intereses de todos, en especial o das minorías mais necesitadas,estanse a cometer as maiores inxustizas. Están as democracias, a se converter nunha (famocracia)  onde os famosos dirixentes se converten en...

queixa

ata aquí chegamos

Tódalas grandes civilizacións, comezaron cun interese común, a supervivencia, a defensa compartida ante un perigo ou a falta de alimento, foron a unión mais forte entre humanos. Á medida que se foron resolvendo os problemas iniciais, que se garantiu o básico e comezou a converterse en pracer, comezaron as conquistas de poder, as intrigas pala...

queixa

UN ANO MAIS

Feliz volta a casa  AMINETU Pronto será fin de ano, pronto remataremos un ano de crise, quizá, o peor ano de crise na historia recente. Longo ano cheo de avatares, de trifulcas políticas, de cambios de presidente na nosa comunidade. Un evento que parecía importante cando ós catro ventos se transmitía a idea de cambio, un cambio para todos os g...

queixa

o frío do Nadal

Chegou o frío polar tinguindo os campos  de branco, frío natural e beneficioso para manter a raia virus e bacterias, pero non é este o peor frío, o que se combate con calzóns de manga larga e un grolo da boa augardente, non,o frío que fai tremer o corpo, o que nos encolle a alma, e outro, é, o frío das inxustizas, das barbaridades soberanista...

queixa

cambio climático

fermoso planeta Todos lle temen, todos coñecen os resultados catastróficos do cambio climático, pero todos esperan que sexa o veciño o que se molle. Un novo cumio con novas propostas, con novos persoeiros, pero có mesmo resultado de momento. Quizá necesitemos mais probas, algo que destrúa ou poña en risco intereses importantes, para que se tom...

queixa

o tempo

Como corre, como nos vai levando da man o tempo. Onte era verán, quentaba o sol na terraza, as árbores estreaban o verde traxe. Alguén dixo de pasada: mañá será Nadal: parecía lonxano, case inalcanzable, e agora aquí estamos, na metade de decembro. Séntese o Nadal, séntese ese renacer dun novo ano, un mais que pasa a engrosar ós xa abondos...

queixa

esperanza

É a esperanza, ese pivote onde os humanos suxeitamos a nosa fraxilidade.  Sempre é tempo de esperanza, de seguir loitando por aquilo que desexamos, (aínda que non sexa posible,) porque a esperanza debe ser o derradeiro que nos abandone.    É a esperanza nos pobres, a táboa de salvación, o pau  onde suxeitar a  falsa seguridade. Esperanza, d...

queixa

BO NADAL

Gustaríame, que estas datas de finxida alegría, de campas e cores vermellos  onde todo parece convidar á paz, non fose unha artimaña mais deste mercado sen alma. Gustaríame, que esas  palabras de paz ( urbi et orbi ) pronunciadas por a cabeza visible da poderosa igrexa católica, non fosen o froito dunha ancestral costume cristiá. Gustaríame...

queixa

a boltas coa memoria

Non é a memoria histórica a que nos doe, a que empurra unha bagoa de rabia contida, a que roe nas  entrañas cando aparece o pasado, cando o silencio se converte en recordo, non, non é o nome do titular o importante. O que roe unha e outra vez é, a memoria.  Cando pasen os anos, cando a ...

queixa

as miñas desculpas

Días atrás, falabamos dun caso que nos horrorizaba a todos, o caso dunha nena de tres anos que era morta por malos tratos. A primeira noticia falaba de abusos sexuais e multitude de traumatismos que a levaran a un estado de coma profundo. Eu, e supoño que moitos cidadáns deste país, sentimos esa rabia que da a impotencia, algúns, eu entre ...

queixa

ser muller

Muller, solo unha palabra, pero que cando se cambia a nai, significa todo o bo do xénero humano. Significa privacións, perda de liberdade, amor sen límites. Significa apoio e comprensión, moitas oras de vixía, e a mellor amiga de por vida. Sigue sendo a mesma muller, a que un día vimos por primeira vez e nos cativou co seu sorriso. Nunca...

queixa

o pecado da razón

Cando deus fixo o reparto da razón, fóiselle a man na medida. Tan grande foi a fartura, que nos deixou cheos de razón pra o resto das nosas vidas. Tiñan razón, tódolos -Francos -da historia cando masacraban inocentes en Guernica, en Arxentina, México ou Irán. Cheos estaban dela os inquisidores mais belixerantes, ata os piratas ten a súa raz...

queixa

Espasa, pobo de Queixa                                               SOMALIA Cando se pensa en Somalia, ninguén pensa nos seus mortos inocentes, ós que sen querer se viron asexados dos francotiradores, das balas que esperan atopar a diana inocente. O consello dos ministros europeos, non pensa na fame que fai saír do lugar seguro ós inoc...

queixa

A branca néboa, escribía na paisaxe o seu húmido alento arrincado dos regatos da montaña. Augas brancas con sabor a natureza que alzan o seu bruar como berróns en celo. Días de outono, de vento desatado e auga a fartar. Planeta de contrastes. Bule o lume na lareira ó son do vento. Ti mais eu, un mundo de silencio. Vate con forza o vento nas ...

queixa

as nosas señorias

Longas noites de insomnio esperan ás nosas señorías, de medrosos pesadelos ante o incerto futuro dunha excomunión, ou a sensata tarefa de aprobar a nova lei sobre o aborto. Sobre as súas privilexiadas cabezas pende a terrible espada bíblica. Retorna ós seus comezos a santa nai da man dos novos iluminados. Das novas cabezas pensantes que ant...

queixa

deuses de palla

¡Qué difícil é, aceptar a idea de que estamos solos! De que aquel deus, que de pequenos nos presentaron como salvador, redentor e amigo inseparable, nos abandonou á sorte que rexe o universo- ó caos absoluto. Quixemos de grandes aferrarnos á bondade, ese sentimento que move ó home a sentir tenrura dun desvalido animal, dun gato sen dono que m...

queixa

os muros

libre de muros, de xenreiras e vaidades, só ti, amigo gato    Hoxe, cúmprese o vinte aniversario da caída do muro da vergonza, aquel que separaba non só a Europa, senón, e isto é mais importante, as persoas e as ideas. Hai poucos días, escribía neste espazo sobre os muros, uns que caeron, e outros que se levantan- Estados unidos e México- Pale...

queixa

a corrupción

Ese pecado  que é considerado venial por a maioría ( a corrupción) non é igual en tódolos lugares do territorio español, en Galicia que é o que máis coñezo, non só non se considera venial, senón que é considerado (normal) en moitas comunidades, entre elas, as dos gandeiros e mariñeiros, que nalgún momento non lonxano, foron as mais importante...

queixa

as cores da vida

Como papel en branco son as nosas vidas. Un blog, onde as fadas do tempo van escribindo en cores a nosa historia con números. Cores brancos, cheos de ilusión na nenez. Cores de futuro, de fábulas soñadas a carón do príncipe mais valente, da princesa mais fermosa. Brancos espazos esperando ser enchidos por a pluma do tempo. Cores de esperanza...