COMUNICACIÓN
Unha das posíbeis definicións de comunicar é transmtir. Conseguir que outro ou outros entendan o que sentes ou pensas. Na meirande parte dos casos isto conséguese cunha conversa, mais tamén pode levarse a cabo coa tradución de simples xestos, olladas ou mesmo cunha imaxe. Este cartaz, que empapelaba as rúas do país fai algúns anos, é un bo exemplo de cómo se pode comunicar unha idea a través dunha montaxe fotográfica .
Alén de tódalas opinións que poida xerar o cartaz gustaríame centrarme en como consegue que a persoa que o mira, sinta uns intres, o que pretendían transmitir, é dicir, comunicar. A primeira vez que ollas o cartaz, e como acto reflexo, téndese a pechar os ollos ante a impresión que xera. Logo, e inevitabelmente, o espectador comeza a sentir unha mestura de sensacións todas elas negativas (noxo, dor...).
A título persoal, considero que, fóra de calquera opinión política, a mensaxe que pretendía comunicarse con este cartaz (a loita a prol do monolingüísmo en galego) chegou á sociedade.
Podemos concluír, pois, dicindo que o obxectivo que se procuraba coa pegada deste cartaz cumpríuse, xa que xerou un debate social sobre o bilingüismo e o conflito lingüístico que se vive en Galiza dende fai moitos anos.
Ora ben, se mudáramos o slogan Bilingüísmo? Por Faríaslle iso á túa lingua? Considero que a impresión sería máis forte, xa que involucraríamos ao espectador moito máis no contido da imaxe.
Deixovos, xa que logo, co cartaz e agardo que non deixe a niguén indiferente.







david santos dijo
Hola!!
Madremia rapariga que anuncio máis impactante, ou polo menos a mi me parece. Forte e inmpactante que o fin e o cabo creo que ten a función que busca que é facer pensar.
UN SAUDO!!
[^Dj DaViD sAnToS^]
3 Marzo 2008 | 06:08 PM