En dez anos? XA! http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Piden/cierre/inmediato/piz...
Non retiramos ningún comentario polo seu contido, salvo que conteña insultos, inxurias, difamacións ou o consideremos de mal gusto. A falsidade, imprecisión ou impertinencia dos comentarios son responsabilidade do seu autor. Queremos pedir en cambio que os comentarios sexan de extesión razoable ( non deberían de rebasar a extensión do post que está a comentar), que se ateñan no posible ao tema e que non se multipliquen innecesariamente as intervencións dun mesmo autor: resulta avasallante. Un saúdo a todos.
Un saúdo, orteganos: Xa que estades co tema, aproveitamos para invitarvos a participar na mobilización contra a marbellización,a destrucción do litoral e outras desfeitas do territorio o dia 17 de febreiro en Compostela, que convoca a Rede Galiza Non Se Vende. En maio fumos xa 3000, este ano queremos ser moitos cidadáns mais en defensa do noso patrimonio natural, cultural e paisaxístico. Si todo isto vos importa, podees ler e asinar o manifesto aquí: http://galizanonsevende.org/?page_id=188
POR UNHA TERRA VIVA E VIDA DIGNA PARA TOD@AS
GOVERNE QUEN GOVERNE GALIZA NON SE VENDE
Agradecemos as aportacións de Santiago e compartimos cos lectores interesados un resumo do documento BREF que refrencia http://www.eper-es.es/data/docs/Fondo%20documental/Pasta_y_papel_... do que se pode extraer información técnica fiable para os antiecoloxistas mais suspicaces.
Deste informe pódense extraer os mais salientables prexuizos medioambientales das papeleiras con tecnoloxía Kraft, como ENCE "Los vertidos de aguas residuales, las emisiones atmosféricas −incluidos los gases fétidos− y el consumo de energía son sus principales problemas medioambientales, aunque también los residuos pueden llegar a serlo en algunos países.Los contaminantes que predominan en las emisiones a las aguas son las sustancias orgánicas. Los efluentes de las plantas de blanqueado contienen compuestos organoclorados, que se miden en AOX. Los compuestos vertidos por las industrias papeleras son tóxicos para los organismos acuáticos. Las emisiones de sustancias coloreadas pueden perjudicar a los seres vivos que habitan en el medio receptor. Las emisiones de nutrientes (nitrógeno y fósforo) pueden contribuir a la eutrofización de las aguas receptoras. Las aguas residuales contienen metales extraídos de la madera en bajas concentraciones, pero la carga total puede ser importante debido al gran caudal de los vertidos." Estas son soamente algunhas delas. Tamén se establece un índice de emisións,unha vez aplicadas as técnicas MTD para a optimización mediomabientaldo proceso, é dicir, as que se acadarían na situación de control riguroso mais desexable. Pero para saber o que verdadeiramente emite Ence en Lourizán podedes consultar os propios datos da empresa no rexistro EPER http://www.eper-es.es/Consultas/fichaComplejo.asp?Cod_centro=1599...
E tamén hai que lembrar, ademais, que a empresa Ence foi condenada por un tribunal por delito ambiental e contaminación, denunciada por un colectivo cidadán, non polas autoridades medio ambientais que se tiñan que ocupar polo control das emisións e de adoptar medidas correctoras e sancionadoras. Aínda así o ecoloxismo segue a ser o sospeitoso para moitos.
Prezado Paiño: As cifras do post foron extraídas de diversos xornais moi coñecidos e rexistros estatais nos que é posible contrastalas (http://www.eper-es.es/Consultas/fichaComplejo.asp?Cod_centro=3536...). Hai soamente lixeiras variacións de unhas fontes a outras. As propias cifras de Endesa non difieren moito das publicadas. A central de As Pontes é lamentablemente célebre polo que é fácil atopar gran cantidade de información para tódolos gustos e dende todas as perspectivas, pero nos datos non hai grandes contradiccións.
Dende esta páxina non pretendemos estar en posesión da solución ao tema da enerxía e o cambio climático, pero creemos útil difundir os datos acerca do verdadeiro coste do sistema de produccuón termoelectrico, en términos que afectan á saude e ao medioambiente, que por outro lado, tamén son argumentos a ter en conta en economía. Porque as contas non son como nolas presentan os empresarios e os políticos, nensequera no que atinxe ao traballo, aspecto co que se pretenden lavar todo perxuizo.
Creo que a nosa posición de rexeitamento á destrucción dos vestixios arqueolóxicos de As Pontes e a inexplicable deixación que supuxo por parte da administracción responsable de procurar a súa conservación,quedou suficientemente explicada nos artigos publicados en LVO. Pola contra valoramos como muy insuficentes os datos aportados polo señor Feliciano Crespo na medida en que non apoian en absoluto a decisión adoptada por Patrimonio. De feito eses mesmos datos e unha documentación aínda mais ampla son os manexados pola Plataforma en defensa do Patrimonio das Pontes e Adega que protagonizaron todo tipo de actuacións para evitar a desaparición do xacemento da Mourela. Non hai mais que consultar a páxina que ben coñece o señor Crespo e o dossier sobre a Mourela que ahí se publica: http://www.amigus.org/web/archives/006951.php
Nos tamén recomendamos calurosamente os demais artigos de Marcelino Fernández que se poden atopar en Vieiros. poucos analistas hai tan rigorosos e ao tempo positivos. Sen demagoxias. Un exemplo a seguir.
Benvido a nosa páxina, Fernando. É un honor terte con nos. Queremos que saibades que a nosa plataforma suscribe plenamente as vosas xustas reivindicacións. Tedes o noso apoio e compromiso. Non renunciedes porque, como ti dis, tedes a razón e a lei da vosa parte, e tamén a un crecente número de cidadáns. Un saudo.
Benvido á páxina, Xiao
Cínico é dicir onte que os verquidos de que se falaba eran inxurias e hoxe recoñecelos. Cínico é botar enriba dos traballadores a responsabilidade da contaminación das empresas. Cínico e falacia propia dos albores da Revolución Industrial, cando así mesmo argumentaban os empresarios ante as demandas de xustiza laboral. Algo temos andado dende aquela. Aquí un pouco menos. O empresario TEN que facerse cargo do dano ambiental. TEN a obriga de cumprir coa lexislación vixente e NON TEN licencia para cometer delitos ambientales. Para gañar co delito que se adique á mafia, da que tamén vive moita xente ¿Non o sabías? O narcotráfico da de comer a moitos traballadores. Deféndeo tamén.
