Logo de La Coctelera

ParceroPublicidad

ROCK/HARCORE... Mr. Parcero ROCKS!

10 Abril 2006

ESPECIALIZACIÓN A GAS

Co fin de centrar máis o meu blog nunha temática máis concreta, vou comezar a partir de hoxe unha sección ou categoría nova. Ó mesmo tempo vou eliminar outra na que creo que teño menos que ofrecer, posto que non me considero un entendido da materia como para falar de algo máis concreto ca de Cine en xeral. Categoría Cine, descanse en paz. Foi un pracer.

Como ía dicindo, vou comezar con algo no que considero que teño uns coñecementos un pouco máis amplos. Polo menos máis ca de cine.

Como sabedes o meu blog básicamente vai de Rock/hardcore/postHardcore, coas súas noticias, críticas, discos etc. Pretendo ir un pouco máis alá... A estas alturas saberedes tamén que as veces toco a batería... Pois a miña nova sección vai tratar sobre iso, sobre baterías, análise de baterías que eu considero influencias ou simplemente que tocan ben ou que fan un bo traballo en discos que me encantan. Análise en canto a técnica, a orixinalidade, a interpretación, a acompañamento...

Para elo comezarei a sección "Flipo con..." na cal escollerei un grupo, ou sexa un disco determinado, no que me pararei a analizar a actuación do batería no conxunto total da banda.
>Pretendo aportar un compoñente innovador ó meu blog, posto que penso que non hai moitos que falen do que eu vou a falar.

Intentarei tamén que o que conte non sexa só para baterías, que non se converta nun blog especializado ou para músicos, que teña unha linguaxe asequible e que simplemente sirva para que entendades algo máis este mundo e á vez me dedes as vosas opinións.

Abur!

servido por parceropublicidad sin comentarios compártelo favorito

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Me llamo A.Parcero y soy estudiante de la licenciatura de Publicidad y Relaciones Públicas en la Facultad de Ciencias Sociales de Pontevedra. Me gustaria poder dedicarme algún día a algo relacionado con la creación publicitaria o con la producción audiovisual. Mi otra gran pasión es la música. Toco en un grupo de rock-hardcore-emo y en diversas agrupaciones musicales de jazz o folk. Puedes contactar conmigo en bateriacalavera(arroba)msn(punto)com

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera