Talento. Neurociencia, neuroxénesis, Neurona intelixente. Intelixencia humana que aínda non chegou aos ditadores. Quedaron varados no camiño. Aumentaron a capacidade cerebral para mellor manipular aos semellantes vasalos. Deixaron no camiño a humanidade que a todo humano se lle supón. Todos iguais. Arrogantes e ameazadores esperando o sacrifici...
Ano de 1959, mal ano para os pobres. Os nenos baleiraban vagóns de carbón. Subían caldeiros de masa.¡ O mundo non era xusto! ¡Nunca fora xusto! A garda civil do réxime prohibía saír de noite, falar galego, ler libros prohibidos. Aos mozos de Euskadi non lles gustara. O meu amigo fuxira da escola porque lle bateran e lle fixeran dano. Os mozo...
Ben eu quixera trabucarme cando dicía hai moito tempo, que íamos ser nos, os que temos menos defensa, os que tiñamos que pagar os excesos dos bancos e grandes corporacións monetarias. Que podíamos cambiar de muiñeiro pero que era difícil cambiar de ladrón. Agora, co acontecer dos novos tempos, non só imos pagar os excesos e malas praxis du...
Despois de dous meses de descanso retomo a boa costume de encomiar a fermosura desta nosa terra galega, e criticar todo o criticable ou se cadra máis. Moitas cousas levan acontecido neste sesenta días. Debates políticos sen posibilidade de arranxo para este país, descontentos cidadáns que saen á rúa demandando máis democracia e algún traba...
Camiñando nestes camiños floridos, ollando este ceo tormentoso e aspirando o arrecendo das brancas xestas, séntese o camiñante máis preto do paraíso. Ata min, chegan recordos doutras xentes que noutrora souberon apreciar esta dozura da nosa terra, que morreron namorados de toda a fermosura que so estes lugares ofrecen. Tal é o caso de Rosal...
mamotreto en Chandrexa de Queixa Dende lonxe, cando o viaxeiro se atopa de fronte o cartel co nome do concello e sente ante si a inmensidade do macizo central ourensá, o primeiro que chama a atención na parte máis alta do pobo é, esta morea de ladrillos que dende fai doce anos preside a paisaxe. Restos da prepotencia do ex presidente Fraga ...
Xoves santo cristiá, días de lecer amparados nunha vella e fermosa historia. Necesitamos destas historias pra sentirnos amparados, pra pensar que alguén antes ca nos, máis importante, foi entregado á morte por amor a nos, así, cando se fai difícil aceptar algunhas realidades que nos fan dano, votar man desta enchente de amor pra sentirno...
Orballa lentamente, pingueiras ingrávidas que se resisten a abandonar o espazo xogan a columparse antes de caer suaves sobre o verde campo e abeberar o natural xardín. Nubes pechas camiñan en formación debuxando de gris sombrías figuras, e deixando no que escribe sensacións de soidade que raian os límites da depresión. Primavera florida, ...
Remato de ler un escrito do señor Arturo Pérez Reverte con data, -26-02-2011, un escrito, que alguén que me quere me mandou; nel, incita á poboación a se manifestar en contra de tódalas inxustizas que contra os máis humildes se están a dar nos derradeiros anos, estes que a crise - que non propiciamos- nos esta facendo pagar. Arenga tamén, ...
T.Santomil.. ¡ EL OLIMPO DE LOS CUTRES !
2 comentarios