Logo de La Coctelera

Berridos do sur

Rosmando desde unha esquina esquecida de Europa

Categoría: Amigos

10 Mayo 2006

Fotos, máis fotos

Hoxe a miña rede social ampliouse un pouco máis; hoxe tiven dous novos contactos do Flickr dos que gostei moito das súas fotos: Manolinho Captura e Suso Rubio (recomendovos que lles botedes unha ollada).

servido por Rodrigo 4 comentarios compártelo favorito

1 Mayo 2006

La Voz de Calaza

La Voz de Calaza

Visto en Tempos Novos, número de abril do 2006.

servido por Rodrigo 1 comentario compártelo favorito

26 Abril 2006

De Camilo Nogueira a Martin Pawley

Hoxe había na Coruña presentación do libro A terra cantada, de Camilo Nogueira. Catuxa avisárame e fun con ela ata a librería Nós e así aproveitar para desconectar do traballo.

Pasei un bo rato e saín do local cun monton de novas ideas que xa irei dixerindo. Pero o que máis me sorprendeu foi atopar a un vello compañeiro de facultade. "Lereite con máis atención", díxenlle; porque o contacto persoal segue a ser moi importante tamén no blogomillo. Quen dixo que isto de internet deshumaniza?

servido por Rodrigo sin comentarios compártelo favorito

18 Abril 2006

Unha década despois

Hai 10 anos, nun concerto de Abe Rádabe na Borriquita de Belem (Santiago), coñecín a Jesse Lichtenstein. Era un estudante de Harvard que se estaba a gañar uns cartos revisando a información publicada nunhas guías turísticas. Un deses traballos que a todo estudante lle gostaría ter.

Ao día seguinte xantamos no piso que eu compartía cuns amigos en Santiago. Tamén fixemos un intercambio de libros: el levou un libro moi entretido sobre a historia de España e eu quedei con The New York Trilogy de Paul Auster, e Daisy Miller de Henry James. Despedímonos e non volvimos vernos ata uns anos máis tarde. Agora non sei por onde andará.

The New York Trilogy linna na liña 6 e a 10 do Metro de Madrid, de Puerta del Ángel a Cuzco, ida e volta, 5 días á semana; luces fluorescentes, ruido mecánico e unha masa impersoal ambientaban a novela.

Daisy Miller viaxou moito conmigo e sempre estaba presenta onde eu estivera porque era moi pequecho e se podía transportar con comodidade. O tamaño tamén lle daba aspecto de belisco de literatura, un libriño para ler nunha carreiriña de can. Supoño que esta foi a razón polo que sempre fun adiando a súa lectura.

Este domingo mentras esperaba a Dimas, vinno enriba dunha caixa e decidín que xa era hora. Onte pola noite, 10 anos despois, por fin rematei o outro agasallo de Jesse.

servido por Rodrigo sin comentarios compártelo favorito

11 Enero 2006

A viaxe de Fran

Chegou hai pouco de Tailandia e por fin colga algunhas fotos da viaxe.

servido por Rodrigo 1 comentario compártelo favorito


Sobre mí

Avatar de Rodrigo

Berridos do sur

Corcubión, España
ver perfil »
contacto »
Libros que gostaria de ler…
As minhas fotos

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera