Pescanova Nunca Máis
Paralizouse a construcción da piscifactoría de Touriñan. Parabéns Costa da Morte!
Pescanova non me dá ningunha pena, xa que acaba de anunciar que tiveron un 70% máis de beneficios que o ano anterior. Ademáis, foron uns miserables pagando 1€/m2 aos veciños de Touriñan.
Pero escoitando no Telexornal aos veciños falando dos ecoloxistas e do mal que lles fixeron por impedir a construcción deste monstruo de 350.000 metros cadrados (pertencentes á rede Natura 2000, por certo), un pensa que hai moito que facer (a solución é sinxela: a Xunta pon un par de bares e xa temos os mesmos postos de traballo).
A Xunta, Asociación Neria e o Concello de Muxía teñen a obriga de potenciar este espectacular paisaxe para que os veciños poidan vivir do seu patrimonio natural sen ter que vendelo a empresas sen escrúpulos.
