Logo de La Coctelera

Berridos do sur

Rosmando desde unha esquina esquecida de Europa

Categoría: Normalización lingüistica

17 Mayo 2006

Galego, posoloxía: unha vez ao ano (tomar con moderación)

Actualización: o Día das Letras Galegas ponme de mal humor. Mellor tentar comenzar os días sorrindo. Fora mal humor, fora...

O día das letras galegas semella cada vez máis unha ocasión perfecta para amosar un compromiso descomprometido co galego. Os xornais sacan portadas en galego e as empresas anuncianse no noso idioma. Unha dose de galeguismo unha vez ao ano é dabondo para curar todos os males.

La Voz anuncia con moito bombo que desde hoxe xa é posíbel ler o seu xornal en galego.Non, home, non… isto xa o viñamos facendo dende hai uns meses grazas á Vieiros e Dimensiona.

Seica a iniciativa de Vieiros e Dimensiona tivo o seu impacto e A Voz tivo que reaccionar. Espero que isto lles faga ver que hai unha demanda de prensa en galego.

Na miña opinión, sen embargo, mentras o Gran Timonel, o Gran Irmán ou o Mahdi da prensa galega (que cada que lle busque o seu nome) sigo impoñendo unha visión personalista no xornal máis importante do país, imos ter que esperar.

servido por Rodrigo 6 comentarios compártelo favorito

15 Mayo 2006

Cristina Losada contraataca

Co asunto das "galescolas", Cristina Losada tiña que rosmar (benvida ao clube, Cristina). Pensei que ía ser en Liberdade Dixital, pero non, foi no Faro de Vigo (La inmersión ligüística del gallego en Primaria).

Esto de ser mártir que duro che é.

Visto en Super Mamy (e que coas ganas de ver a Roi agora ata leo blogues sobre maternidade).

servido por Rodrigo 3 comentarios compártelo favorito

3 Mayo 2006

Galiza? Galicia?

Fedellando no meu Flickr, comencei a meter as fotos en grupos. Para as de temática galega busquei os grupos Galiza e Galicia.

O grupo más activo? Galiza, con 123 membros fronte a 109, e 2420 fotos fronte a 1460.

E todo isto tendo en conta que a xente de fora do país probablemente se una ao grupo Galicia.

Semella que hai unha fenda xeneracional na visión do país, pero que cada quen saque as súas conclusións (para o que é imprescindible botarlle unha ollada ao tremendo traballo que está a facer Calidonia).

servido por Rodrigo 10 comentarios compártelo favorito

23 Abril 2006

Problemas con el idioma. Carta de María Casares a La Voz

Hace 30 años que me fuí de Galicia. Voy cuando tengo más de 3 días libres. Antes a casa de los padres pero desde que faltan compramos un piso. Siempre, tanto mis hijos como yo, vamos con amigos porque nos gusta enseñar Galicia, estamos orgullosos de ella.
Pero últimamente, a causa del idioma, tengo dificultades:

La primera es que me llegan los recibos de Gas Natural sólo en gallego, me cuesta mucho entenderlos bien. Eso tiene remedio pues cambio a Fenosa que los manda en los dos idiomas.

La segunda es que los papeles del Ayuntamiento y algún organismo mas solo están en gallego. Tengo que buscar a gente que lo entienda bien y lo traduzca.

Creo que tengo el derecho de que me den las instancias en castellano.
De todas maneras yo voy a descansar y no a luchar, por lo que me estoy planteando vender la casa e irme a Asturias donde no voy a tener problemas de idioma.

Ya sé que soy un grano de arena y no tiene importancia pero muchos granos de arena forman una playa.

Carta ao director de María Casares, publicada na edición impresa do 19 de abril de 2006.

Estimada María,

Sinto que o idioma sexa un atranco; compréndote perfectamente porque eu tamén o sufro. Menos mal que estamos os cidadáns para denunciar estas discriminacións; se polos políticos fose, andariamos listos.

A maior parte da xente calaría e seguiría adiante coa súa vida; pero eu admiro esa coraxe para denunciar unha situación tan inxusta. A túa loita tamén e a miña e tes todo o meu apoio.

É unha mágoa que che estraguen unhas vacacións con eses papeis e facerlle pasar tan mal rato a todos eses amigos que traedes de visita. Se uns días ao ano son dabondo para amargarte o tempo que tes para descansar, imaxínate ti como estou eu, que vivo aquí todo o ano: loita tras loita para tentar conseguir contratos, facturas e demais papeleos no meu idioma, esixindo algo que nos merecemos ti, eu ou calquer persoa. Xa non sei o que facer. (Actualización) E xa non che conto se quero un xuizo, unha análise médica ou simplemente casar no meu idioma... atrancos e nada máis que atrancos.

O Sr. Presidente non se cansa de dicir que no país non existe conflito lingüistico, pero co teu exemplo e con moitos outros comprobamos que aínda nos queda moito camiño por percorrer.

Se ao final decides marchar a Asturias, quero que saibas que aquí quedaremos xente loitando por eses dereitos que con tanta razón reclamas; así pode que algún día cheguemos a ser unha sociedade bilingüe onde ninguén se sinta excluido.

servido por Rodrigo 4 comentarios compártelo favorito

22 Abril 2006

Last bus to Oleiros

Dependo de trens e autobuses para moverme. Hai seis meses que saquei o carnét de conducir e a maioría dos seguros parecen non cubrir a conductores con menos de dous anos de experiencia (seica dentro dun ano e medio, cando xa teña todo esquencido, serei un condutor máis seguro). Despois de tantos anos así, coñezo ben o transporte público galego.

A estación de autobuses da Coruña sempre me pareceu particularmente tétrica; a partires de hoxe, tamén vou pensar que é ridícula.

Onte, mentras compraba unha trufa na pastelería da estación, escoitaba curioso como a dependente tentaba, con dificultade, comunicarse en castelhano cuns portugueses. Collín os meus restos de pasteis chocolateados e baixei ao autobus matinando nesta teima dalgúns galegos en darse testarazos innecesarios; o ton mecánico dos altofalantes anunciando as saídas en castelán estaban aí para que non esquecera que estaba en Pacoland.

O autobús se retrasa. Tempo para observar e escoitar. Un autocar chega de Salamanca e desta vez si teñen a deferencia de facermo saber en galego, castelhano e inglés; debe de ser que ando aparvado porque xuraría que antes só o escoitara en castelhano. Decido prestar atención e unhas chegadas e saídas máis tardes, comprobo que si, que as saídas avísannas so en castelán e as chegadas de fora do país, en galego, castelhano e inglés.

Eu non vexo moito turista pola estación. Somos os de sempre: xubilados, señoras sen coche e adolescentes sen motos. Ademáis, para que lles ía servir aos turistas saber que un autobús ten chegado? aos turistas coido que o que lles importa saber é cando e para onde saen os autocares, non de onde veñen, que iso xa o averiguan cando se suben a eles.

E aínda por riba quedo coa ilusión de escoitar "Departure of bus to Mountrovi, platform 2".

servido por Rodrigo sin comentarios compártelo favorito

21 Abril 2006

Bilingüismo

Acabo de rematar hai pouco de explicarlle á miña irmá como funciona o Word Press; vanno precisar ela e Javier para compartir algo de Roi connosco.

E xa que estabamos de leccións, recomendeille que lera Vieiros, outra visión do país que non vai atopar en moitos medios.

Tamén lle dixen que botara unha ollada á Voz de Galicia de hoxe. Mirou e mirou, pero non vía nada:

- A ver, oh! fíxate ben.
- Eu non vexo nada...
- Mira, A Voz está toda en galego.
- Ahh!!

Que non se decatara é un bo sintoma: as xeracións máis novas achegámonos ao bilingüismo (moito está a facer a rede neste sentido).

A iniciativa de Vieiros e Dimensiona para ler en galego as edicións dixitais de moitos xornais en galego parece que está a funcionar moi ben. Canto máis o utilicemos, máis se reflectirá nas estatísticas de uso destes xornai. Pode que algún día se decaten de que en galego tamén teñen un público cada vez máis amplo.

Aí vai a lista, por se alguén aínda non se decatara:

servido por Rodrigo sin comentarios compártelo favorito

7 Marzo 2006

Unha razón para o reitengracionismo

Ao pesar de tantos séculos de abandono e da presión do castelán, o galego, aínda que deturpado, alenta, mais se non media unha solución para o acercar ao portugués pode que fique como unha lingua litúrxica para estudar nas universidades, como o latín

Isaac Díaz Pardo, na Voz de Galicia (6/3/2006)

Os que queremos o noso idioma é normal que esteamos preocupados polo seu futuro. Pola miña banda penso que ou demostramos que o galego é unha avantaxe competitiva, abríndonos á lusofonía, para o que é preciso un achegamento na escrita, ou o galego morre.

Aquí trátase de sumar e non de restar, como parecen pensar algúns.

servido por Rodrigo sin comentarios compártelo favorito

2 Febrero 2006

O deber de coñecer o galego

Co actual Estatuto de Autonomía os galegos temos o dereito a usar o galego. Tanto Fundación Iniciativas XXI como Foro Novo Estatuto recollen nas súas propostas o deber de coñecelo (Bases do Foro Novo Estatuto -PDF 160Kb- , Bases de Iniciativas XXI -PDF, 104Kb-). Paréceme xusto.

O profesor Carro, do Consello Consultivo, explícao moi ben:

se temos o dereito a utilizalo, pero os funcionarios non o coñecen ¿de que nos sirve?

Visto na Opinión da Coruña

servido por Rodrigo 2 comentarios compártelo favorito


Sobre mí

Avatar de Rodrigo

Berridos do sur

Corcubión, España
ver perfil »
contacto »
Libros que gostaria de ler…
As minhas fotos

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera