Galiza nación… os médicos din que non
O presidente do Consello de Colexios de Médicos de Galicia, Luis Campos Villarino, pronunciouse en contra do estatuto de nación no Parlamento galego.
Teño que supoñer que o presidente do Consello debe ser tamén o portavoz dos profesionais liberais da Galiza, polo que leo na Voz: Os profesionais liberais rehúsan considerar a Galicia como "nación".
Curioso por ver cal era a postura dos distintos colectivos, seguín lendo a nova.
O reprensentante da Academia Galega de Xurisprudencia, José Seoane, defende o concepto de nación, o médicos defenden "nacionalidade histórica", e arquitectos e xornalistas non se pronuncian.
"El camino trazado por el BNG [...] para que Galicia se defina como una «nación» [...] se topó ayer el primer gran revés en el Parlamento", Asegura a Voz. Ou neste xornal entenden que non pronunciarse é "rehusar" ou na Voz pensan que somos parvos.
La Opinión titulaba a nova Silencios muy elocuentes, cun enfoque moi distinto.
Se ser nación ten efectos tan nocivos para a saúde, A Voz debería ter publicado a nova na sección de sociedade.
